Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

CINE: EL LLANERO SOLITARIO

CINE: EL LLANERO SOLITARIO

 

Esta fin de semana chega aos cines a película "EL LLANERO SOLITARIO", adaptación das aventuras do heroe do serial radiofónico do mesmo título, que posteriormente tamén o foi na TV e que na miña nenez aparecía como banda deseñada. Esta é a súa ficha técnica: 

Título orixinal: The Lone Ranger

Ano: 2013

Produtora: Walt Disney Pictures / Jerry Bruckheimer Films

País: EEUU

Duración: 149 min.

Xénero: Aventuras. Western

Director: Gore Verbinski

Guión: Justin Haythe, Ted Elliott, Terry Rossio

Música: Hans Zimmer

Fotografía: Bojan Bazelli

Reparto: Armie Hammer, Johnny Depp, Tom Wilkinson, William Fichtner, Ruth Wilson, Helena Bonham Carter, James Badge Dale, Bryant Prince, Barry Pepper, Harry Treadaway, James Frain, Mason Elston Cook, Joaquín Cosío 

Sinopse: Un grupo de Rangers de Texas sofre o ataque dunha banda de foraxidos. Un indio nativo americano e guerreiro espiritual,  chamado Toro  atopa ao único supervivente, o Llanero Solitario. Ámbolos dous deben unir forzas para loitar contra a cobiza e a corrupción.

Un intento de voltar ao pasado cos seus heroes, tan faltos nestes tempos!

PROPOSTA PARA LER NESTE VERÁN 2013 (III)

PROPOSTA PARA LER NESTE VERÁN 2013 (III)

 

Hoxe fágovos a última proposta deste verán para ler, neste caso en castelán. O seu título é “FALANDO SOA” da escritora, deseñadora gráfica e pintora mexicana Daniela Rivera Zacarias.

É un libro sinxelo para pensar, medrar, rir e chorar. Nas súas 176 páxinas distribuídas en 25 capítulos trata temas concretos: amor, soidade, Deus, arte, beleza, tempo, dúbidas, amizade, soidade, medo…

RESUMO DO LIBRO: Falas soa algunha vez? Cuestionas a miúdo cales son as cousas importantes e as que non? As bágoas revélannos que sempre van ser parte de nós, pero as risas lémbrannos unha e outra vez que son a esencia da vida. Imos vivindo, imos medrando e pouco a pouco todo vaise aclarando, ou non...

Todo adolescente, coma vós, debería lelo. Boa lectura!

HUMOR REAL: DEPORTE E PAÍS

HUMOR REAL: DEPORTE E PAÍS

Viñeta "Tira y afloja" que publica hoxe o xornal Faro de Vigo. Penso que non precisa comentario ningún!

CINE: ZAFARA

CINE: ZAFARA

Esta fin de semana chega aos cines a película de animación "Zafara", historia baseada nun feito histórico. Esta é a súa ficha técnica:

 Título: Zarafa

Título Orixinal: Zarafa

Xénero: Animación

Nacionalidade: Francia, Bélxica

Ano: 2012

Distribuidora: Sherlok Films S.L.

Director: Rémi Bezançon, Jean-Christophe Lie

Guión: Alexander Abela, Rémi Bezançon

Sinopse: Os nenos da aldea reúnense baixo o gran baobab, onde o ancián do lugar contalles a historia da inquebrantable amizade entre Maki, un neno de 10 anos, e Zarafa, unha xirafa orfa que se converterá no regalo do Pachá de Exipto ao Rei de Francia. Hassan, príncipe do deserto, terá que cumprir a perigosa misión de levar a Zarafa ata Francia, pero Maki está decidido a traer á xirafa de volta ao seu fogar aínda arriscando a súa vida. Durante a longa viaxe que os levará de Sudán a París, pasando por Alexandría, Marsella e o Alpes nevados, enfrontaranse a grandes perigos. Maki e Zarafa descobren que manténdose unidos, sempre os superarán.

Parabéns para os amantes deste xénero!

HUMOR REAL: POLÍTICA ESPAÑOLA

HUMOR REAL: POLÍTICA ESPAÑOLA

 

A viñeta do xenial caricaturista Gogue (José Angel Rodríguez López), publicada na semana pasada no xornal Faro de Vigo, pon de manifesto a mediocridade da clase política española. Ante a que está caendo, e despois dos escándalos nos que se atopan metidos, só son capaces de liarse poñendo nas súas bocas "... e o teu máis".

Así non imos a ningures. Pena de país!

CINE: STAR TREK - NA ESCURIDADE

 

Nesta semana pasada volveu Supermán, esta tócalle o turno a star Trek, concretamente "Star Trek: Na escuridade". Esta é a súa ficha técnica:

 Título orixinal: Star Trek Into Darkness 

Ano: 2013

Duración: 132 min.

País: EEUU

Xénero: Ciencia ficción.

Produtora: Bad Robot / Kurtzman/Orci / Paramount Pictures

Director: J.J. Abrams 

Guión: Alex Kurtzman, Damon Lindelof, Roberto Orci (Serie orixinal: Gene Roddenberry)

Música: Michael Giacchino

Fotografía: Dan Mindel

Reparto: Chris Pine, Zachary Quinto, Zoe Saldana, Benedict Cumberbatch, Karl Urban, Simon Pegg, Alice Eve, Bruce Greenwood, Peter Weller, Anton Yelchin, John Cho, Noel Clarke 

Sinopse: Cando á tripulación da nave Enterprise lle ordenan que regrese á casa, descobren unha imparable e terrorífica forza que, dende dentro da súa organización, fixo saltar polos aires a frota e todo o que esta representa, sumindo o mundo nunha profunda crise. Cun asunto persoal que resolver, o capitán Kirk encabeza unha incursión a un planeta en guerra para capturar un home que é unha arma de destrución masiva. A medida que os nosos heroes se van somerxendo nunha épica partida de xadrez a vida ou morte, o amor verase posto a proba, as amizades romperán, e haberá que facer certos sacrificios pola única familia que lle queda a Kirk: a súa tripulación.

Hai que vela...!

HUMOR: I.B.I.

HUMOR: I.B.I.

Viñeta memorable do xenial Davila (Luis Davila, Pontevedra 1972), publicada no xornal de hoxe de Faro de Vigo.

A piques de que nos pasen o recibo anual do I.B.I. (Imposto de Bens Inmobles), é dicir o imposto anual das vivendas, a igrexa, posuidora de moitos deses bens está exenta de pagar. Se deixamos de lado as igrexas, por ser edificios de culto, o resto desas propiedades, que son moitas, deberían de pagar como facemos o resto dos mortales.

Penso eu!

CINE: AFTER EARTH

CINE: AFTER EARTH

Esta fin de semana chega aos cines a películaAfter Earth”, que a tenor das primeiras críticas, parece que é unha película aburrida e previsible. Esta é a súa ficha técnica:

Título: After Earth (Despois da Terra)

Título orixinal: After Earth

Nacionalidade: USA

Duración: 100 minitos

Xénero: Ciencia ficción

Produtora: Overbrook Entertainment, Sony/Columbia Pictures

Director: M. Night Shyamalan

Guión: Gary Whitta, M. Night Shyamalan, Stephen Gaghan

Fotografía: Peter Suschitzky

Música: James Newton Howard

Reparto: Will Smith, Jaden Smith, Isabelle Fuhrman, Zoë Kravitz, Sophie Okonedo, Kristofer Hivju, David Denman, Sacha Dhawan, Lincoln Lewis, Chris Geere, Jaden Martin, Gilbert Soto, Darrell Foster, Faron Salisbury, Nick Grock

Sinopse: Unha aterraxe forzosa deixa atrapada no planeta Terra ao adolescente Kitai Raige e ao seu lendario pai Cypher 1.000 anos despois de que un cataclismo forzase á raza humana a escapar do planeta. Con Cypher criticamente ferido, Kitai embárcase nunha perigosa viaxe en busca de axuda, enfrontándose a terreos inexplorados, especies animais evolucionadas que agora gobernan o planeta e unha feroz criatura alienígena escapada da nave durante o accidente. Pai e fillo terán que aprender a traballar xuntos e a confiar o un no outro se queren ter algunha posibilidade de volver á casa.

Teremos que comprobar que as críticas son certas véndoa!