Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

CINE: PRISIONEIROS

CINE: PRISIONEIROS

Esta fin de semana chega aos cines peícula "Prisoneiros", un intenso e sobrecolledor thriller que mestura o melodrama e o misterio. Esta cinta foi finalista ao premio do público á mellor película no festival de Toronto. Aquí tedes a súa ficha técnica:

Título orixinal: Prisoners 

Ano:2013

País: EEUU

Produtora: WB / Alcon Entertainment / 8:38 Productions / Madhouse Entertainment

Duración: 146 minutos

Xénero: Thriller

Director: Denis Villeneuve

Guión: Aaron Guzikowski

Música: Jóhann Jóhannsson

Fotografía: Roger Deakins

Reparto: Hugh Jackman, Jake Gyllenhaal, Viola Davis, Maria Bello, Terrence Howard, Melissa Leo, Paul Dano, Mike Gassaway, Dylan Minnette, Len Cariou, Wayne Duvall, Jane McNeill, Sandra Ellis Lafferty, Tiffany Morgan, Todd Truley

Sinopse: Keller Dover é carpinteiro e un home de fe, que ve como a súa vida dá un xiro cando a súa filla de 6 anos e unha amiga son secuestradas. Desesperado, recorre á policía, pero pronto empezará a perder a esperanza cando ao axente asignado ao caso non lle queda máis remedio que deixar en liberdade ao sospeitoso principal por falta de evidencias. Comezará entón unha busca persoal a contra o reloxo para descubrir a verdade e salvar as dúas pequenas, tomándose a xustiza pola súa man. Dover encóntrase coa vida de ambas as dúas nenas nas súas mans, e deberá aparcar os escrúpulos e poñer o destino da súa alma en mans de Deus se quere chegar ao fondo de todo o asunto.

Non quixera estar eu nesa situación!

CINE: ZIPI E ZAPE E O CUB DA BOLA

CINE: ZIPI E ZAPE E O CUB DA BOLA

 

Esta fin de semana chega aos cines unha comedia onde os personaxes do comic saltan a pantaia: "Zipi e Zape e o club da bola".

Título: Zipi e Zape e o e club da bola

Título Orixinal: Zipi y Zape y el club de la canica

Xénero: Comedia

Nacionalidade: España

Ano: 2012

Duración: 92 minutos

Director: Oskar Santos

Guión: Jorge Lara, Francisco Roncal

Produtora: Zeta Cinema / Mod Producciones / Antena 3 Films / Kowalski Films 

Música: Fernando Velázquez

Fotografía: Josu Inchaustegui 

Reparto: Claudia Vega, Álex Angulo, Javier Gutiérrez, Santi Ugalde, Marcos Ruiz, Christian Mulas, Daniel Cerezo, Raúl Rivas, Fran García, Juan González

Sinopse: Zipi e Zape, dous travesos xemelgos, son internados no Centro Re-educacional Esperanza, un colexio onde os xogos están prohibidos. Realmente é un cárcere para nenos. Alí fundarán o Club da Bóla, desafiando a autoridade dos adultos. Grazas á súa intelixencia, a súa valentía e a súa inquebrantable fe na amizade, Zipi e Zape e o resto do club descubrirán un misterioso segredo que se oculta no colexio e vivirán a aventura máis emocionante das súas vidas.

Entretemento puro e duro!

HUMOR TEAL: VIVICHES POR RIBA DAS TÚAS POSIBILIDADES?

HUMOR TEAL: VIVICHES POR RIBA DAS TÚAS POSIBILIDADES?

 

A viñeta do pasado luns, do xenial El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947), publicada no xornal El País, fai unha pregunta que eu levo moito tempo facéndome. Eu nunca vivín por riba das miñas posibilidades. Seguramente algún o fixo, pero coido que a maioría dos españois non o fixemos. Pero o peor deste asunto é que os que non o fixemos SI QUE TEMOS QUE PAGAR AS CONSECUENCIAS.

O máis triste é que os políticos actuais, unha casta en decadencia, seguen a sinalarnos co dedo, sendo eles os primeiros causantes, xunto coa banca deste país.

Cando daremos unha resposta contundente a esta pandilla de...?

NIÑATOS OU PERSOAS MADURAS SEGUNDO PARA QUE OU PARA QUEN

NIÑATOS OU PERSOAS MADURAS SEGUNDO PARA QUE OU PARA QUEN

Adolescentes / Imaxe:espaciorientacion.es 

Irene ten 16 anos e, como todas as adolescentes, crese moi maior e moi autónoma. A lei autorízalle a facer moitas cousas. Pode ter relacións sexuais, casarse, facerse un piercing (de feito, practicouno ás agachadas sen que ninguén lle pedise acreditar a súa idade), e mesmo abortar sen permiso paterno. Non obstante, non pode votar nin conducir nin comprar tabaco nin alcohol nin ir á discoteca legalmente.

A súa amiga, Nora, ten 14 e quizais non saiba que xa podería facer testamento, disparar unha escopeta de caza acompañada dos seus pais e que, se delinquise, sería responsable penal dos seus actos, pero é moi consciente de que aínda non pode tradearse a pel para poñerse un aro no embigo.

O seu veciño, Nicolás, de 18 anos recén cumpridos, podería facer todo iso, menos abortar, obviamente, máis o que lle viñera en gana dada a súa maioría plena de idade. Non obstante, non lle é posible, de momento e por razóns económicas, nin irse de casa dos seus pais nin se sacar o carné de conducir, e, dende logo, non ten ningunha présa por exercer o seu flamante dereito ao voto.

Irene, Nora, Nico e os seus amigos Jorge, de 15 anos, e Laura, de 17, son, como todos os adolescentes españois, uns niñatos ou unhas persoas maduras segundo para que e para quen.

Repasemos as idades de estrea dos nosos adolescentes:

Voto: Aos 18 anos.

Sanidade: Os nenos de 12 anos teñen dereito a ser escoitados á hora de aceptar ou non un tratamento médico. A partir dos 16, poden prestar, ou non, o consentimento médico por eles mesmos sen permiso dos seus pais, menos en tres excepcións: aborto, cirurxía estética e tratamentos de reprodución asistida.

Piercings e tatuaxes: 16 e 18, respectivamente. Na práctica, non se cumpre.

Facer testamento: Aos 14 anos.

Responsabilidade penal: Dende os 14 anos, os adolescentes poden ser imputados e condenados. Ata os 14 anos, son inimputables.

Emancipación: Aos 16 anos, poden irse de casa e dispoñer dos seus bens, con permiso dos pais. A idade media real son 29.

Licenza de caza: Aos 16 anos. Antes, aos 14, poden portar armas con consentimento paterno.

Relacións sexuais: Agora, a idade de consentimento sexual está nos 13 anos. A reforma que se está a levar a cabo pretende atrasala ata os 16.

Traballo: Aos 16, despois do Ensino Secundario Obrigatorio.

Matrimonio: Agora, aos 14, con consentimento paterno. A reforma pretende atrasala aos 16.

Aborto: Agora, as menores de 16 e 17 anos, poden interromper o seu embarazo sen permiso paterno. A reforma que se está a tratar anulará este suposto ou limitará o dereito ás maiores de 18.

Alcohol e tabaco: Está prohibida a súa venda aos menores de 18. Na práctica, a idade de inicio no consumo é aos 13 anos.

Carné de conducir: Ciclomotores: aos 15. Turismos: 18.

Redes sociais: Tuenti, Facebook e Twitter establecen unha idade mínima de 14 anos. Na práctica, non se cumpre.

Divorcio: Os nenos de 12 anos teñen dereito a ser escoitados en caso de disputa pola súa custodia.

Discotecas e xogo: 18 anos.

Os expertos non se poñen de acordó nas idades apropiadas para cada estreo, polo que seguirán sendo uns niñatos ou unhas persoas maduras segundo para que e para quen!

FONTE: Xonal El País / Luz Sánchez-Mellado

CINE:"ARRAIANOS"

CINE:"ARRAIANOS"

Esta fin de semana chega aos cines unha película galega por todos os costados: director, temática e localización. Falo de “ARRAIANOS”. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Arraianos

Ano: 2012

País: España

Duración: 70 minutos

Xénero: Drama. Cine experimental

Produtora: Artika Films / Zeitun Films

Director: Eloy Enciso

Guión: José Manuel Sande, Eloy Enciso

Fotografía: Mauro Herce

Reparto: Eulalia González, Aurora Salgado, Celsa Araujo, Antonio Ferreira

Sinopse: Arrainos é un retrato sobre un pequeno pobo perdido nos bosques entre Galicia e Portugal, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, agora actores que representan a súa propia vida. Realidade, mitos e sonos fúndense neste filme libremente inspirado na obra “O bosque” do dramaturgo Jenaro Marinhas del Valle. Unha película sobre o tempo, a memoria e a musicalidade da palabra. En palabras do propio director:“A película quere falar da importancia que ten na construción da identidade o mundo das tradicións, o folclore e os mitos, que en Galicia é moi importante".

É moi difícil que unha película de autor, chegue aos circuítos comerciais, polo que dende aquí desexolle moita sorte!

HUMOR REAL: MADRID 2020

HUMOR REAL: MADRID 2020

Á viñeta do xenial Gogue (O Grove, 1953) publicada no xornal Faro de Vigo, con motivo do fiasco das Olimpiadas Madrid 2020, só lle engadiría unha palabra: PENOSO!

HUMOR REAL: A VOLTA AO COLE

HUMOR REAL: A VOLTA AO COLE

 

A viñeta de La Voz de Galicia, do pasado xoves, dos debuxantes Pinto & chinto (David Pintor e Carlos López) ilustran sen ningún tipo de comentario engadido este comezo de curso escolar, coas grandes dificultades económicas que as familias están a pasar.

Agora botamos de menos aquel sistema de préstamo de libros que funcionou moi ben nos centros escolares, e que o actual goberno da Xunta eliminou. Por iso, as familias, agora, imitan ese sistema con préstamos, trocos... entre os libros dos seus fillos.

Unha pena!

CINE: "MUD"

 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Mud", na que se  dan as coincidencias da famosa obra literaria "Tom Sawyer" de Mark Twain: o río Misisipi e dous rapaces na súa infancia. Esta é a súa ficha técnica.

Título: Mud

Título Orixinal: Mud

Xénero: Drama

Nacionalidade: USA

Distribuidora: Ve

Ano: 2012

Guión e Director: Jeff Nichols

Produción: Lisa Maria Falcone, Sarah Green e Aaron Ryder

Música: David Wingo

Fotografía: Adam Stone

Duración: 130 minutos

Reparto: Matthew McConaughey, Reese Witherspoon, Michael Shannon, Sarah Paulson, Sam Shepard, Joe Don Baker, Ray McKinnon, Paul Sparks, Tye Sheridan, Jacob Lofland, Lauren Lee, Stuart Greer, Michael Abbott Jr., Bonnie Sturdivant, Douglas Ligon

Sinopse:Mud é a aventura de dous rapaces, Ellis e o seu amigo Neckbone, os cales encontran un home chamado Mud escondido nunha illa do MississippiMud describe situacións fantásticas, conta que matou a un home en Texas e perségueno cazarrecompensas. Tamén di que planea encontrarse e escapar co amor da súa vida, Juniper, quen o espera na cidade. Excépticos pero intrigados, Ellis e Neckbonedeciden axudarlle. Pero non pasa moito tempo antes de que as visións de Mud se fagan realidade e no seu pequeno pobo aparezan unha bonita rapaza e un grupo de perigosos cazarrecompensas.

Recomendable!