Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

UNHA FORMA ORIXINAL DE DENUNCIA: NON RECORTES NON

 

Os meus parabéns ao alumnado e profesores de Primaria en Valderrobres (Teruel), así como ao alumnado e profesores de secundaria do IES desa mesma localidade pola forma orixinal de denuncia dos recortes educativos e en defensa da escola pública.

Non recortes non!

CINE:" 12 ANOS DE ESCRAVITUDE"

CINE:" 12 ANOS DE ESCRAVITUDE"

Cartel da película / Imaxe: objetivocine.es 

Esta fin de semana chega aos cines a película "12 ANOS DE ESCRAVITUDE", candidata aós Globos de Oro diste ano, primeiro paso de cara os Oscar. Está basada nun feito real acontecido no ano 1850.

Esta é a súa ficha técnica:

Título: 12 Anos de Escravitude

Título Orixinal: Twelve Years a Slave

Xénero: Drama histórico

Nacionalidade: USA/Reino Unido

Ano: 2013

Distribuidora: DeA Planeta Home Entertainment

Director: Steve McQueen  

Guión: John Ridley, Steve McQueen

Música: Hans Zimmer

Fotografía: Sean Bobbitt 

Produtor: Regency Enterprises, Plan B Entertainment, River Road Entertainment

Duración: 135 minutos

Reparto: Brad Pitt, Michael Fassbender, Chiwetel Ejiofor, Paul Dano, Bennedict Cumberbatch, Paul Giamatti, Sarah Paulson, Michael Kenneth Williams  

Sinopse:  Solomon Northup, un home negro libre que vive no Nova York de 1850 coa súa familia, sendo un virtuoso do violín. Mentres a súa muller vai unas unhas semanas visitar a uns familiares, dous homes brancos propóñenlle que os acompañe nunha xira na que gañará moitos cartos tocando. El acepta e cae nunha trampa. É drogado e vendido como escravo. A partir de aquí empezan 12 anos de escravitude, nos que terá varios donos. Primeiro un bo home que o respecta, logo cunha salvaxe que martiriza a todos os seus escravos…

Desgarradora!

LEMBRANDO A MANDELA NO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

LEMBRANDO A MANDELA NO DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS

Cartel Día Internacional dos Deritos Humanos / Imaxe:leonardpera.wordpress.com

A Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 10 de decembro como Día dos Dereitos Humanos en 1950, para sinalar á atención de «os pobos do mundo» a Declaración Universal de Dereitos Humanos como ideal común de todos os pobos e todas as nacións. Neste ano 2013 cobra unha importancia especial ao cumprirse o 20º aniversario do establecemento do mandato do Alto Comisionado para os Dereitos Humanos.

Unha fatal coincidencia fai que esta celebración coincida co loito pola norte dun loitador polos dereitos humanos: NELSON MANDELA.

Despois de morto quedan as súas palabras que serven e servirán para seguir nesa loita de consecución dos dereitos humanos en todo o mundo:

"Detesto o racismo, porque o vexo como algo barbárico, xa sexa que veña dun home negro ou un home branco,".

"Despois de escalar un grande outeiro, un encóntrase só con que hai moitos máis outeiros que escalar".

"Que reine a liberdade. O Sol nunca se pon en tan glorioso logro humano".

"A educación é a arma máis poderosa que podes usar para cambiar o mundo".

"A maior gloria non é caer, senón erguerse sempre".

Con xente coma esta o mundo sería outra cousa!

DESPILFARRO

DESPILFARRO

 

Xenial, coma xempre, a tira de Ramón (Ramón Rodríguez,Valladolid-1966), publicada onte no xornal El País.

Coa que está caendo, estamos a piques de acender a ilumninación en vilas e cidades de toda España. Despilfarro! E todo para incentivar o consumo! E con que se pode mercar as cousas? Con cartos de plástico? E despois en xaneiro, con que pagamos?

O máis triste de todo e que os políticos dos concellos facilitan, incluso colaboran economicamente con este plantexamento.

Un pouquiño de por favor!

DÍA MUNDIAL DA SIDA: "CHEGAR A CERO"

DÍA MUNDIAL DA SIDA: "CHEGAR A CERO"

Lazo xontra a SIDA / Imaxe:hola.com

Baixo o lema “CHEGAR A CERO”, o domingo, 1 de decembro, celébrase o Día Mundial da Sida (conmemora o diagnóstico do primeiro caso de sida, rexistrada o 1 de decembro de 1981), unha efeméride instituída e impulsada dende 1988 polo Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/sida (ONUSIDA) e dende 2005 pola organización Campaña Mundial contra a Sida (WAC) para unir á poboación mundial na loita contra o virus de inmunodeficiencia adquirida (VIH), apoiar as persoas que contraeron a infección e recordar aqueles que faleceron a causa desta.

Dende o inicio da pandemia faleceron polo VIH/sida preto de 36 millóns de persoas en todo o planeta (52.147 no noso país entre 1981 e 2008). De feito, estímase que só en 2012 resultaron infectadas polo VIH máis de 2,3 millóns de persoas e faleceron preto de 1,6 millóns a consecuencia da sida. É máis; de acordo coas cifras da Organización Mundial da Saúde (OMS), a finais de 2012 convivían en todo o mundo máis de 35,3 millóns de persoas infectadas polo VIH, das que 2,1 millóns son adolescentes.

O número de novas infeccións polo VIH descendeu un 33% dende 2001, principalmente en nenos, onde a redución é de ata un 51%. Ademais, a cifra total de mortes relacionadas coa sida decreceu un 29% dende 2005. E é que o número de persoas que teñen acceso aos tratamentos antirretrovirales se incrementou nun 40% durante o período 2002-2012.

A día de hoxe conviven no noso país preto de 130.000-160.000 portadores do virus, dos que 6.300 desenvolveron a enfermidade (sida). A taxa de mortalidade é do 53%, e preto de 80.000 persoas encóntranse en tratamento antirretroviral, ou o que é o mesmo, máis de 50.000 pacientes descoñecen ter contraído a infección. 

O lema escollido para o presente Día Mundial da Sida, “Chegar a cero”, que se repetirá ata a edición de 2015 e fai referencia ao obxectivo de ONUSIDA de alcanzar "cero novas infeccións polo VIH, cero mortes relacionadas coa sida e cero discriminacións".

Que causa a SIDA?

A sida é unha enfermidade transmisible producida por un virus que coñecemos por "VIH" (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Preséntase cando o virus destruíu as defensas do organismo ata tal punto que facilita a aparición de infeccións oportunistas e dalgúns tipos de cancro. Ao entrar o virus no corpo, xeralmente non aparece ningún síntoma de enfermidade ou estes son moi inespecíficos. Pero as persoas infectadas polo virus producen anticorpos fronte a este e estes poden ser detectados no seu sangue mediante unha análise. Non obstante, é necesario que pasen anos ata que aparezan infeccións oportunistas ou determinados cancros, asociados á infección por VIH, momento no que dicimos que a persoa con VIH ten sida. Por agora a infección por VIH non ten un tratamento curativo eficaz, pero existen tratamentos que frean a actividade do virus e na maioría dos casos permiten ás persoas vivir moitos anos sen complicacións graves. Aínda así hai que recordar que a sida é unha enfermidade moi seria, potencialmente mortal e que na maioría dos contextos, é frecuente causa de exclusión e discriminación.

Como se transmite o VIH?

O VIH transmítese por:

·  Relacións sexuais con penetración vaxinal, anal e oral sen preservativo.

· Compartindo un obxecto punzante sen esterilizar que estivese en contacto con sangue infectado: xiringas, agullas, instrumentos para acupuntura, tatuaxes, piercing, etc.

·  E dunha nai con VIH ao seu fillo/a durante o embarazo, o parto ou a lactación.

Non se detectou transmisión a través dos seguintes mecanismos:

·  Aire, auga

·  Bicos, a brazos, darse a man ou tocarse

·  Picaduras de insecto ou mosquitos.

·  Saliva, suor, bágoas.

·  Convivencia habitual no fogar, traballo e na escola.

·  Doar ou recibir sangue en países onde estea axeitadamente controlado.

A transmisión/adquisición da infección depende polo tanto do comportamento de cada persoa, aínda que o devandito comportamento está á súa vez condicionado por cuestións sociais e culturais que fan que algunhas sociedades, grupos de poboación e individuos se encontren nunha situación de maior vulnerabilidade á transmisión do virus. A desigualdade entre homes e mulleres, a discriminación que sofren algúns colectivos, o estigma das persoas afectadas ou a pobreza son factores determinantes na aparición e repetición destes comportamentos que poñen en risco as persoas.

FONTE: somospacientes.com e madrid.org

CINE: "FROZEN: O REINO DO XEO"

CINE: "FROZEN: O REINO DO XEO"

 

Esta fin semana chega aos cines a última película de animación da factoría Disney: “FROZEN: O REINO DO XEO”, adaptación famoso conto, A Raíña das Neves, de Hans Christian Andersen, publicado por primeira vez no ano 1845 no que se plantexaba a loita entre o ben e o mal vivida por dous nenos, Kai e Gerda. Espectacularidade, excelente música e toques de humor fan desta cinta merecedora dalgún premio. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Frozen: O Reino do Xeo

Título Orixinal: Frozen

Duración: 102 minutos

Xénero: Animación, Aventuras

Nacionalidade: EEUU

Produtora: Walt Disney Animation Studios / Walt Disney Pictures 

Ano: 2013

Director: Chris Buck, Jennifer Lee

Guión: Jennifer Lee, Shane Morris

Música: Christophe Beck 

Sinopse: En Frozen, unha profecía condena un reino a un inverno eterno. Así que Anna vese obrigada a unirse a Kristoff, un audaz home das montañas, e emprender unha viaxe épica en busca de Elsa, irmá de Anna, que é a Raíña da Neve, para poñer fin ao xélido feitizo. Anna e Kristoff farán fronte a temperaturas extremas propias do Everest, a criaturas místicas e loitarán contra os elementos nunha carreira contra o reloxo para salvar o reino da destrución máis absoluta. 

Produto navideño para toda a familia! 

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

O 25 de novembro celébrase cada ano, dende 1999 que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Neste día, debemos manifestar a nosa repulsa sobre todo tipo de violencia machista, consecuencia da desigualdade entre homes e mulleres, por canto supón un grande atentado contra os dereitos humanos e os dereitos fundamentais.

Preocante neste último ano empeza  a ser o control de adolescentes sobre as mozas a través das redes sociais e móviles coas súas aplicacións de wasap… Non deixa de ser o principio do que pode chegar a a ter consecuencias similares as que estamos vendo na sociedade de maior idade.

Non deixes que te controlen. Denuncia! 

A INXUSTIZA DO PRETIGE!

A INXUSTIZA DO PRETIGE!

Viñeta de Luis Davila / Xornal Faro de Vigo de hoxe

O pasado mércores, a Audiencia Provincial da Coruña condenou só un dos tres acusados pola catástrofe ambiental do Prestige, o capitán do petroleiro, Apostolos Mangouras, por un delito de desobediencia grave á autoridade. O xefe de máquinas, Nikolaos Argyropoulos; e o ex director xeral da Mariña Mercante, José Luis López Sors, resultaron absolvidos.

Os tres acusados resultaron absolvidos dos delitos contra o medio, danos en espazos naturais protexidos e danos provocados polo afundimento do petroleiro en novembro de 2002, pero Mangouras resultou condenado a nove meses de prisión polo delito de desobediencia por desoír as ordes das autoridades españolas á hora de facilitar o remolque do barco despois de que se dese a primeira avaría e fuga de fuel o 13 de novembro daquel ano, xusto hai once anos.

O presidente do tribunal juzgador leu a sentenza en galego e durante unha hora e dez minutos. Fíxoo en ausencia dos tres procesados (os dous mariños seguírona dende Grecia e López Sors dende Madrid) e indicou a ausencia de responsabilidade penal polos danos provocados pola marea negra pola "indefinición das causas do acontecido".

A Sección Primeira da Audiencia conclúe que tras dez anos de instrución do caso e nove meses de xuízo "ninguén sabe con exactitude cal puido ser a causa do acontecido, nin cal debería ter sido a resposta apropiada á situación de emerxencia creada pola grave avaría do Prestige", de aí que non poida establecerse ningunha responsabilidade penal polos danos ocasionados. Só se considera probado que Mangouras desobedeceu, un delito do que tamén estaba acusado o xefe de máquinas, pero saíu absolvido.

O tribunal considera probado que a marea negra xerou "inxentes" danos e prexuízos e tamén as graves consecuencias económicas da vertedura de fuel do Prestige, pero non as atribúe a ninguén porque para iso tería sido necesario que alguén tivese cometido un delito de danos.

Ao terse ditado sentenza condenatoria só por desobediencia, non se pode asociar os danos ao delito e, polo tanto, non se pode determinar quen é responsable civil e debe asumir as indemnizacións, que o fiscal cifraba en 4.328 millóns de euros.

Se queres ler toda a sentenza preme AQUÍ .

E esto é xustiza?

FONTE: elmundo.es