25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
O 25 de novembro celébrase cada ano, dende 1999 que foi aprobado pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.
Neste día, debemos manifestar a nosa repulsa sobre todo tipo de violencia machista, consecuencia da desigualdade entre homes e mulleres, por canto supón un grande atentado contra os dereitos humanos e os dereitos fundamentais.
Preocante neste último ano empeza a ser o control de adolescentes sobre as mozas a través das redes sociais e móviles coas súas aplicacións de wasap… Non deixa de ser o principio do que pode chegar a a ter consecuencias similares as que estamos vendo na sociedade de maior idade.
Non deixes que te controlen. Denuncia!
0 comentarios