8 MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA
Viñeta de Davila no xornal Faro de Vigo do 8 de marzo de 2014
Viñeta de Davila no xornal Faro de Vigo do 8 de marzo de 2014
O xenial humorista gráfico Forges (Antonio Fraguas de Pablo, Madrid-1942), publicou onte, no xornal El País, esta viñeta na que reflicte sete VERDADES COMA PUÑOS sobre a política no noso país, onde manifesta que a democracia é o sistema de goberno menos malo coñecido e que a política é a forma de solucionar os problemas dos cidadáns. O problema radica nas persoas, nos políticos, que a empregan para o seu uso e beneficio, e así nos vai.
Necesitamos unha nova clase política, sana e preocupada polo país e os seus habitatntes!
Viñeta de Ramón (Ramón Rodríguez, Valladolid-1966) no xornal El País do pasado martes.
A bos esntendedores, poucas palabras!
O conselleiro Jesús Vázquez (centro), con Manuel Corredoira e Manuel Vila, o venres, no Mupega / Imaxe: Xoán Álvarez
Nun acto desenvolvido onte, venres, no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA), o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria presentou, diante de equipos directivos, docentes, orientadores e demais axentes implicados, o protocolo que o seu departamento vén de elaborar para a atención específica ao absentismo, que establece por primeira vez un procedemento común para a prevención e detección desta situación nos centros educativos, salientando a necesidade de colaboración entre as diferentes entidades (especialmente servizos sociais, Concello, centros de ensino e administración educativa) na loita contra o absentismo e o abandono temperán, seguindo un procedemento común de actuación diante destas situacións. Con todo, o conselleiro explicou que nestes momentos o absentismo non supón un problema significativo no sistema educativo galego, xa que afecta a menos do 0,2% da poboación escolar en idade de escolarización obrigatoria.
O protocolo educativo para a prevención e o control do absentismo escolar é o primeiro documento elaborado para regular a asistencia a clase do alumnado galego, e tamén o primeiro no que se definen conceptos como o de absentismo (alumnos cun número de faltas sen xustificar superior ao 10% do horario lectivo dun determinado mes), ou de expediente de absentismo (conxunto de documentos que recollen a aplicación do protocolo, e que quedarán rexistrados). Así mesmo, contémplase o considerado como falta xustificada ou non xustificada de asistencia a clase, con exemplo claros de que e con que documentos se pode acreditar a ausencia da aula.
O Conselleiro incidiu na importancia do feito de establecer prazos para minimizar o efecto negativo do absentismo na vida escolar. Neste sentido, queda recollido que o profesor deberá realizar diariamente o control de asistencia e comunicalas ás familias ou titores legais (tanto as xustificadas como as que non o están) dentro dos primeiros 5 días naturais do mes seguinte. No caso de que o número de faltas sen xustificar supere o 10% do horario lectivo dese mes determinado, o profesor titor iniciará o expediente de absentismo e comunicará a situación á xefatura de estudos, para despois convocar ás nais e pais do alumno en cuestión. O inicio do expediente producirase, como máximo, dentro dos 7 días naturais seguintes á data na que as faltas de asistencia superaron o devandito 10%.
Se a reunión do profesor titor coa familia reconducise a situación paralizarase o proceso e arquivarase o expediente. Se non, será a xefatura de estudos a que convoque a familia, para intentar resolver a situación e arquivar o expediente con ese encontro. No caso de que iso non se producise, a dirección do centro educativo deberá notificar a situación ao Servizo Territorial de Inspección Educativa correspondente e ao Concello de residencia da alumna ou alumno, no prazo máximo de 30 días naturais desde o inicio do expediente.
O protocolo acompáñase ademais cunha serie de anexos dos documentos ou procedementos aos que se fai referencia nas distintas fases ou momentos do protocolo: modelos das convocatorias de reunión, das actas dos encontros cos pais, do rexistro de contactos do centro coas familias e de notificación do expediente de absentismo, entre outros.
Para unha maior comprensión, no cado do noso IES, tendo en conta que en Secundaria e Bachillerato o calendario lectivo semanal é de 32 horas (128 ao mes), o centro abriría expediente a partir das dúas xornadas completas de ausencia mensuales, calculando as faltas unidas, ou entre 12 e 13 horas separadas, é dicir, distribuídas ao longo do mes.
Indicar, que na práctica, ao menos cando eu fun titor, xa se facía algo similar no noso Centro.
FONTE: Consellería de Vultura, Educación e Ordenación Universitaria
Cartel da película / elseptimoarte.net
Esta fin de semana chega aos cines a película “Mandela: Do mito ao home”. Adaptación ao cine da historia persoal dun dos líderes máis venerados do mundo, Nelson Rolihlahla Mandela e baseada na súa autobiografía.
Esta é a súa ficha técnica:
Título: Mandela: Do mito ao home
Título Orixinal: Mandela: Long Walk to Freedom
Xénero: Biográfico / Drama
Nacionalidade: Reino Unido, Sudáfrica
Ano: 2013
Duración: 139 minutos
Produtora: Coprodución Sudáfrica-Reino Unido; Pathé / Distant Horizon / Film Afrika Worldwide
Director: Justin Chadwick
Guión: William Nicholson
Música: Alex Heffes
Fotografía: Lol Crawley
Reparto: Idris Elba, Naomie Harris, Tony Kgoroge, Riaad Moosa, Jamie Bartlett, Lindiwe Matshikiza, Terry Pheto, Deon Lotz, Rohil Aniruth, Armand Aucamp, Carl Beukes, Garth Breytenbach, Gys de Villiers, Mark Elderkin, Nomfusi Gotyana
Sinopse: A película percorre a excepcional vida do personaxe, dende os seus primeiros anos como neno pastor no campo en Transkei ata a súa investidura como o primeiro presidente democrático de Sudáfrica. O protagonista estivo 27 anos no cárcere como preso político. Tras a súa excarceración, dedicouse a liderar os acordos necesarios para conseguir unha democracia multirracial en Sudáfrica, e no ano 1994, a súa loita fíxose realidade. Nelson Mandela foi o representante da batalla contra o Apartheid, o movemento discriminatorio e racista que estivo vixente ata os anos 90. O Apartheid permitiu que Sudáfrica estivese a dividir case 80 anos o país por razas. Grazas ao seu gran labor, Mandela acabou converténdose nunha figura internacional, símbolo da loita contra a opresión racial en Sudáfrica .
Merece a pena vela, pois é unha clase de historia!
Cartel da película / Imaxe:ecartelera.com
Esta fin de semana chega aos cines unha película de aventuras, destinada ao consumo infantil: O MEDALLÓN PERDIDO . Unha historia dun mundo perdido onde as aventuras e os valores como a humildade, o compañeirismo e a valentía son os protagonistas.
Título orixinal: The Lost Medallion: The Adventures of Billy Stone
Ano: 2013
Duración: 97 minutos
Xénero: Aventuras
País: EE.UU.
Director: Bill Muir
Guión: Bill Muir
Produtora: Tailandia-EEUU. Kaos Entertainment / Downes Brothers
Música: Marc Fantini, Steffan Fantini
Fotografía: Brian Baugh
Reparto: Billy Unger, Sammi Hanratty, James Hong, Jansen Panettiere, Alex Kendrick, Mark Dacascos, William Corkery, Lisa LoCicero, Hal Rudnick, Sidney S. Liufau, Tiya Sircar, Jennifer Rhodes, Ken Streutker, Tanapol Chuksrida, Schnitrnunt Busarakamwong, Sahajak Boonthanakit, Andrew Franklin, Brie Bernstein, Harmon Jones, Marlowe Peyton, Tenzing Norgay Trainor, Merit Leighton, Casey Jones, Alex Dean, Connor Dean, Mark Charnick, John Marengo Eric Unger
Sinopse: O "Medallón Perdido" comeza cando Daniel Anderson visita un orfanato e os nenos pídenlle que lles conte un conto. Daniel cóntalles a historia de Billy Stone e Allie, dous amigos de 13 anos que atopan un medallón que estivera perdido por centos de anos e accidentalmente transpórtaos ao pasado a unha illa remota. Para salvar a vida de Allie, Billy entrégalle o medallón a Cobra, un guerreiro do mal que goberna a illa. Para recuperalo e salvar a illa da escravitude, Billy e Allie debe aprender a traballar en equipo co novo e arrogante herdeiro ao trono, o seu mellor amigo e un sabio ancián.
A viñeta de Davila, de onte no xornal Faro de Vigo, vén que nin pintada para comentar un dos problemas máis graves que o noso país ten neste momento: O EMPREGO.
Remataremos o ano con case 300.000 persoas que perderon o seu emprego. As empresas destrúen empregos estables de persoas maiores de 45 anos e estanos a substituír por empregos a tempo parcial e con salarios precarios de mozos.
As parados rexistrados no INEM non diminúen por ter atopado un emprego, déronse por vencidos e deixaron de confiar nas promesas do goberno e na recuperación. Moitos deixaron de buscar emprego e outros moitos fuxiron de España ante a incapacidade de atopalo no noso país e ao non ter expectativas de encontralo no futuro.
E a pescada volve a saír: sen emprego non hai gasto nin recadación, sen gasto o comercio non vende, sen recadación non hai inversión e si recortes...
A onde vai este país no 2014?
Case será mellor pedirllo aos Reis Magos que ao Goberno, vendo o que se ve!
A empresa Campofrío, escolleu un tema de actualidade para a sociedade do país (o desolador panorama que presenta) e tínxiuno de positivismo a través dalgunhas das caras máis coñecidas do panorama televisivo. A campaña deste ano leva por título: “Estás farto deste país de pandeireta? Faite estranxeiro, cambia a túa nacionalidade por outra máis útil”.
Iso de cambiarse de nacionalidade tampouco parece unha idea moi retorta ou afastada da realidade, e é que son moitos os que xa se viron obrigados a abandonar toda esperanza e, cargados coa maleta e algunha ilusión, lanzáronse á aventura de explorar novos países en busca dunha oportunidade.
FONTE: Xornal La Voz de Galicia