Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR REAL: A ONDE IRÁN AGORA OS CARTOS DAS PRIMAS DA SELECCIÓN DE FÚTBOL?

HUMOR REAL: A ONDE IRÁN AGORA OS CARTOS DAS PRIMAS DA SELECCIÓN DE FÚTBOL?

A selección española de fútbol fixo a maletas para volver a España. Cando foron para Brasil, prometéronlle unha chea de cartos en concepto de primas, se acadaban clasificarse e gañar. Se así fose, eles decidirían que facian cos seus cartos, pero non foi así. A pregunta é: R QUE SE VAN FACER CON ESES CARTOS PROMETIDOS E QUE NON GASTARON?

O xenial Forges, no xornal El País, o pasado domingo, facía algunhas propostas.

Hai cartos para unhas cousas e para outras...

CINE: SNOWPIERCER (ROMPENEVES)

CINE: SNOWPIERCER (ROMPENEVES)

Cartel da película / Imaxe:trailersyestrenos.es 

Esta fin de semana chega aos cines a película "Rompeñeves". Parécese a un videoxogo, no que hai hai que ir pasando pantallas (vagóns). Dende o furgón de cola, hai que ir avanzando; abrindo portas e matando os malos. Un traxecto cheo de dificultades, que o director resolve do mellor xeito: excelentes secuencias de acción, vistosa dirección artística, enxeños tecnolóxicos, unha sabia dosificación dos elementos dramáticos e un humor moi, moi negro. 

 Esta é a súa ficha técnica:  

Título: Snowpiercer (Rompeneves)

Título orixinal: Snowpiercer 

Xénero: Ciencia fición   

País: Corea 

Ano: 2013  

Duración: 126 minutos   

Produtora: SnowPiercer, Moho Films, Opus Pictures


Director: Bong Joon-ho


Guión: Bong Joon-ho


Música: Marco Beltrami


Fotografía:Kyung-Pyo Hong


Reparto: Chris Evans, Jamie Bell, Tilda Swinton, Luke Pasqualino, John Hurt, Ed Harris, Alison Pill, Octavia Spencer, Ewen Bremner, Tómas Lemarquis, Kenny Doughty, Kang-ho Song, Steve Park, Adnan Haskovic, Clark Middleton 

Sinopse: Un falido experimento para solucionar o quentamento global rematou coa maioría de vida existente no planeta. O último tren chamado Snowpiercer (Rompeneves) móvese en círculos polo mundo, cun motor en perpetuo movemento, a través dun deserto de xeo e neve. Os últimos superviventes da Terra amontóanse nos seus vagóns, divididos entre a clase explotada, que vive na sección de cola sufrindo fame e frío, e a clase poderosa, que viaxa nos primeiros vagóns con todo tipo de privilexios e excesos. A vida no tren é un círculo vicioso ata que un día, un mozo chamado Curtis, líder da sección de cola, decidirá cambiar o estado das cousas, ao mesmo tempo que descubrirá todos os segredos do tren e da propia condición humana. 

Intrigante!

DE VACACIÓNS!

DE VACACIÓNS!

 

Chegaron! Tardaron, pero xa están aquí as vacacións se Semana Santa. Un tempo para descansar, algo polo menos, e prepararnos para o último tramo deste curso.

Pero, coidado! O que queda é moi poco. Aparentemente queda abril, maio e xuño, pero non é así pois de abril uns días, xa que volvemos a clase o día 22, martes. Despois temos unha ponte a do 1º de maio (1 e 2) e de xuño pouco pois as clases rematarán o venres día 20. É dicir, realmente quedan 43 dias lectivos de clase.

Non é para asustar a ninguén, pero hai que tomalo en serio e poñerse as pilas.

Boas vacacións a tod@s!

HUMOR REAL: A PREGUNTA É, PARA QUE?

HUMOR REAL: A PREGUNTA É, PARA QUE?

 

A viñeta de El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947), publicada onte no xornal El País, plantexa unha situación real e moi asidua: a nosa xuventude, despois do grande esforzo por acadar unha carreira, tanto no plano persoal como familar, atópase que non servíu para nada (salvo para o cultivo cultural persoal).Quedar na casa, un traballo (no mellor dos casos) que nada ten que ver co estudado e cun soldo de miseria ou irse á aventura ao estranxeiro (lembrando tempos dos seus avós).

Frustrante!

UN LIBRO PARA LER: "EL TESORO DE BARRACUDA"

UN LIBRO PARA LER: "EL TESORO DE BARRACUDA"

"El tesoro de Barracuda" / Imaxe:culturamas.es 

Hoxe preséntovos un libro, especialmente interesante para o alumnado de 1º ESO, en lingua castelá e que acaba de obter o Premio Barco de Vapor 2014: “EL TESORO DE BARRACUDA”.

A súa autora é Lanos Campos Martínez (Albacete, 1963).

O seu argumento é o seguinte: Chispas, un grumete de once anos, conta nesta novela as aventuras que vive a bordo do Cruz do Sur, o navío do capitán Barracuda, en busca do tesouro do lendario Phineas Johnson Krane. O pirata Krane deixara enterrado un libro onde daba pistas sobre o paradoiro das súas riquezas. Por esta razón a tripulación do Cruz do Sur decide aprender a ler. Conseguirán dar co tesouro?

Boa lectura!

CINE: "NOÉ"

CINE: "NOÉ"

Cartel da película "Noé" / Imaxe:labutaca.net

Esta fin de semana chega aos cines a película “NOÉ”, unha fiel adaptación da historia bíblica da Arca de Noé. Esta é a súa ficha técnica: 

Título: Noé 

Título orixinal: Noah

País: USA

Ano: 2014

Duración: 138 minutos

Xénero: Cine épico/Aventuras/Relixión

Produtora: Paramount Pictures, New Regency

Director: Darren Aronofsky

Guión: Darren Aronofsky, Ari Handel

Música: Clint Mansell

Fotografía:Matthew Libatique

Reparto: Russell Crowe, Emma Watson, Logan Lerman, Jennifer Connelly, Anthony Hopkins, Douglas Booth, Dakota Goyo, Kevin Durand, Marton Csokas, Ray Winstone, Madison Davenport, Sami Gayle, Barry Sloane, Mark Margolis, Don Harvey.

Sinpose: Nun mundo asolado polos pecados humanos, Noé, un home pacífico que só desexa vivir tranquilo coa súa familia, recibe unha misión divina: construír unha Arca para salvar a creación do inminente diluvio. Todo comeza cando, cada noite, Noé ten o mesmo sono: as visións de morte provocada pola auga, seguidas de nova vida na Terra.

Interesante!

HUMOR REAL: INMIGRACIÓN

HUMOR REAL: INMIGRACIÓN

Viñeta publicada o 21/03/2014 polo xornal El País

El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947), humorista gráfico do xornal El País, trata dun xeito exquisito o tema da inmigración seu sofre o noso país, cun razoamento do que eu tamén participo.

A bos entendedores, poucas palabras!

HUMOR REAL: CRUDA REALIDADE

HUMOR REAL: CRUDA REALIDADE

 

Viñeta publicada onte no xornal El País, do humorista gráfico El Roto (Andrés Rábago García, Madrid-1947).

A bos entendedores, poucas palabras!