Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

VERGOÑENTO!

VERGOÑENTO!

 

O xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo, Madrid,1942) publicou onte esta viñeta no xornal El País, que incide na situación vergoñenta de corrupción política que estamos a sufrir en España.

Rouban e non devolven os cartos! De pouco vale que vaian ao cárcere; se é que van, pois os cartos seguen sen aparecer. Téñenos a bo recaudo, fóra do noso país, sumano ao delito de roubo outro de non pagar os impostos en España.

Un padilla de sinvergüenzas! Como vai ir este país adiante!

VAIA VALADO

VAIA VALADO

No primeiro plano, dúas mulleres xogando ao golf; ao fondo inmigrantes colganos no valado que separa Melila e Marrocos / Imaxe:José Palazón-Prodein/diario.es

 

Esta imaxe deu a volta ao mundo na semana pasada. Situación:valado de Melilla con Marrocos. Dun lado a imaxe da prosperidade, do luxo, do outro a miseria e a aspiración a conseguir o salto.

Non é estrano que queiran vir!

CINE: "A VIAXE DA TÚA VIDA"

CINE: "A VIAXE DA TÚA VIDA"

Cartel da película / Imaxe:fotogramas.es 

 

Esta fin de semana chega aos cines a èlícula "A VIAXE DA TÚA VIDA", baseada no bestseller "As Pegadas do Deserto" de Robyn Davidson.

Esta é a súa ficha técnica:

Título: A viaxe da túa vida

Título Orixinal: Tracks

Xénero: Aventuras

Nacionalidade: Australia

Ano: 2013

Duración: 112 minutos

Produtora: Australia-Reino Unido; See-Saw Films

Director: John Curran

Guión: Marion Nelson

Fotografía: Mandy Walker

Reparto: Lily Pearl, Mia Wasikowska, Philip Dodd, Fiona Press, Daisy Walkabout, Rainer Bock, Felicity Steel, John Flaus, Ian Conway, Evan Casey, David Pearce, Jessica Tovey, Darcy Crouch, Brendan MacLean, Jamie Timony

Sinopse: A película conta a historia real dunha moza aventureira, Robyn Davidson, que cruzou case 2000 millas polo deserto australiano ata alcanzar o Océano Índico, deixando a súa vida atrás. Sós, durante 9 meses; ela, o seu leal can e 4 impredicibles camelos descobren un mundo aínda máis asombroso do que ela imaxinara. Durante a viaxe, que supoñerá o inicio dunha nova vida, Robyn crúzase con personaxes moi peculiares e cun fotógrafo de National Geographic, patrocinadoras da viaxe, quen, fascinado co seu espírito de aventura, persegue a Robyn intentando captar a esencia do extraordinario mundo que os rodea.



HUMOR REAL: DEPENDENCIA DO MÓBIL

HUMOR REAL: DEPENDENCIA DO MÓBIL

 

O xenial Luis Davila publicou onte a súa viñeta no xornal Faro de Vigo, incidindo nun tema preocupante: a dependencia do móbil.

Se ata agora parecía que era cousa de altos executivos e da mocidade, cada vez é máis a xente que convive todas as horas do día con este trebello tecnolóxico. É un compañeiro inseparable e indispensable o que está a causar dependencia real.

Que levante a man quen é capaz de deixarse o móbil na casa e non ter un desexo irrefreable de volver a por el. Quen quedou sen batería unha tarde e non tivo a sensación de estar ilocalizable.

Quen non poida responder satisfactoriamente a estas preguntas, que quede con este nome: nomofobia. É o termo, abreviatura da expresión inglesa “non-mobile-phone phobia”, que os expertos puxeron ao medo a estar sen o teléfono móbil, e que parece ser a enfermidade do século XXI.

Penso que deberíamos de tomar en serio este tema!

UN LIBRO PARA ESTE VERÁN: "SILENCIO"

UN LIBRO PARA ESTE VERÁN: "SILENCIO"

A novela "Silencio" de Fran Alonso / Imaxe: noticiasdefranalonso.blogspot.com 

 

Dado o tempo tan cambiante deste “verán”, a lectura é unha boa alternativa para o disfrute. Preséntovos a última novela de Fran Alonso (Vigo, 1963): “SILENCIO”.

Con esta novela, chea de intriga e paixón, descubrimos o arrepío que habita no ser humano contemporáneo con só rañar uns centímetros na cotra do cotián, na nosa vida doméstica. Coa súa capacidade habitual para transportarnos aos lugares máis sorprendentes e cun estilo directo, breve e conciso, en Silencio Fran Alonso non deixa lugar para o respiro.

Sinopse: Un xornalista galego duramente castigado polo poder ten que emigrar a Madrid na procura de traballo. Nesa cidade aluga un piso vello e enigmático e, sen querelo, vese envolto nunha situación kafkiana. Da vivenda do lado proceden os estraños ruídos do silencio. A través dunha atmosfera intrigante, Silencio configúrase como unha novela de suspense, suspense que se intensifica de forma vertixinosa para presentarnos unha historia próxima ao misterio e ao desacougo urbano.

Boa lectura!

Datos da novela: “Silencio”. Edicións Xerais, maio 2014. Colección Fóra de Xogo. I.S.B.N.: 978-84-9914-635-5

CINE: MIL VECES BOAS NOITES

CINE: MIL VECES BOAS NOITES

Cartel da película / Imaxe:lahiguera.net

 

Esta fin de semana chega aos cines a película MIL VECES BOAS NOITES, na que se conta a historia, cunha paixón desbordante, dunha muller obsesionada por documentar a atrocidade a través da creación artística.

Gran Premio do Xurado do Festival de Cine de Montreal 2013. Esta é a súa ficha técnica:

Título: Mil Veces Boas Noites

Título Orixinal: Tusen ganger god natt

Xénero: Drama

Nacionalidade: Noruega, Irlanda, Suecia

Ano: 2013

Duración: 117 minutos

Director: Erik Poppe

Distribuidora: Golem Distribucion S.L.

Produtora: Zentropa International Sweden / Film i Väst

Guión: Erik Poppe, Harald Rosenløw-Eeg

Música: Armand Amar

Fotografía: John Christian Rosenlund

Reparto: Nikolaj Coster-Waldau, Juliette Binoche, Maria Doyle Kennedy, Lauryn Canny, Chloë Annett, Larry Mullen Jr., Eve Macklin, Mads Ousdal, Denise McCormack, Carl Shaaban, Stephen Mullan, Bush Moukarzel, Anna Leah Thorseth Poppe

Sinopse: Rebecca é un dos primeiros reporteiros gráficos de guerra do mundo. Mentres fotografa unha terrorista suicida en Kabul, sofre unha ferida grave. Cando chega á súa casa, cae outra bomba. O seu home, Marcus,  e as súas dúas fillas, Lisa e Steph, xa non soportan a angustia de pensar que pode pasarlle algo e danlle un ultimato: o seu traballo ou a súa familia. A elección parece obvia.

Pelícua a ter en conta!

CINE: O AVÓ QUE SALTOU POLA FIESTRA E LARGOUSE

CINE: O AVÓ QUE SALTOU POLA FIESTRA E LARGOUSE

Cartel da película / Imaxe: elseptimoarte.net 

 

Hai dous anos, por estas datas, comecei a ler un libro cuxo título desorientoume un chisco, pero que conforme profundizaba nel máis me impresionaba. O libro era O AVÓ QUE SALTOU POLA FIESTRA E LARGOUSE, do escritor sueco Jonas Jonasson.

Esta fin de semana chega aos cines a película, adaptación deste libro. Esta a súa ficha técnica:

Título: O avó que saltou pola fiestra e largouse

Título orixinal: Hundraåringen som klev ut genom fönstret och försvann

Xénero: Aventuras. Comedia

Nacionalidade: Suecia

Distribuidora: A Contracorriente Films

Ano: 2013

Duración: 114 minutos

Director: Felix Herngren

Guión: Felix Herngren, Hans Ingemansson

Produción: Malte Forssell/Felix Herngren/Henrik Jansson-Schweizer/Patrick Nebout

Música: Göran Hallberg

Fotografía: Henrik Källberg

Reparto: Robert Gustafsson, Iwar Wiklander, David Wiberg, Mia Skäringer, Jens Hultén, Bianca Cruzeiro, Alan Ford, Sven Lönn, David Shackleton, Georg Nikoloff, Simon Säppenen, Manuel Dubra, Cory Peterson, Kerry Shale, Philip Rosch

Sinopse: O día que vai cumprir 100 anos, un avó escapa da residencia na que vive e de forma casual vese inmerso nunha delirante trama criminal. Non gran cousa para un home que viviu os acontecementos máis importantes do século XX coñecendo a Einstein, Franco, Stalin, Mao, Reagan e Gorbachov. Un avó excéntrico que non está disposto a renunciar ao pracer de estar vivo.

Moi recomendable!

HUMOR: O FÚTBOL EN ARXENTINA É MÁIS CA UN DEPORTE

HUMOR: O FÚTBOL EN ARXENTINA É MÁIS CA UN DEPORTE

 

Viñeta de Erlich (Bernardino Erlich, Tucumán-Arxentina,1963) no xornal El País de hoxe.

Sen comentarios!