DÍA MUNDIAL DA SIDA: "CHEGAR A CERO"
Lazo xontra a SIDA / Imaxe:hola.com
Baixo o lema “CHEGAR A CERO”, o domingo, 1 de decembro, celébrase o Día Mundial da Sida (conmemora o diagnóstico do primeiro caso de sida, rexistrada o 1 de decembro de 1981), unha efeméride instituída e impulsada dende 1988 polo Programa Conxunto das Nacións Unidas sobre o VIH/sida (ONUSIDA) e dende 2005 pola organización Campaña Mundial contra a Sida (WAC) para unir á poboación mundial na loita contra o virus de inmunodeficiencia adquirida (VIH), apoiar as persoas que contraeron a infección e recordar aqueles que faleceron a causa desta.
Dende o inicio da pandemia faleceron polo VIH/sida preto de 36 millóns de persoas en todo o planeta (52.147 no noso país entre 1981 e 2008). De feito, estímase que só en 2012 resultaron infectadas polo VIH máis de 2,3 millóns de persoas e faleceron preto de 1,6 millóns a consecuencia da sida. É máis; de acordo coas cifras da Organización Mundial da Saúde (OMS), a finais de 2012 convivían en todo o mundo máis de 35,3 millóns de persoas infectadas polo VIH, das que 2,1 millóns son adolescentes.
O número de novas infeccións polo VIH descendeu un 33% dende 2001, principalmente en nenos, onde a redución é de ata un 51%. Ademais, a cifra total de mortes relacionadas coa sida decreceu un 29% dende 2005. E é que o número de persoas que teñen acceso aos tratamentos antirretrovirales se incrementou nun 40% durante o período 2002-2012.
A día de hoxe conviven no noso país preto de 130.000-160.000 portadores do virus, dos que 6.300 desenvolveron a enfermidade (sida). A taxa de mortalidade é do 53%, e preto de 80.000 persoas encóntranse en tratamento antirretroviral, ou o que é o mesmo, máis de 50.000 pacientes descoñecen ter contraído a infección.
O lema escollido para o presente Día Mundial da Sida, “Chegar a cero”, que se repetirá ata a edición de 2015 e fai referencia ao obxectivo de ONUSIDA de alcanzar "cero novas infeccións polo VIH, cero mortes relacionadas coa sida e cero discriminacións".
Que causa a SIDA?
A sida é unha enfermidade transmisible producida por un virus que coñecemos por "VIH" (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Preséntase cando o virus destruíu as defensas do organismo ata tal punto que facilita a aparición de infeccións oportunistas e dalgúns tipos de cancro. Ao entrar o virus no corpo, xeralmente non aparece ningún síntoma de enfermidade ou estes son moi inespecíficos. Pero as persoas infectadas polo virus producen anticorpos fronte a este e estes poden ser detectados no seu sangue mediante unha análise. Non obstante, é necesario que pasen anos ata que aparezan infeccións oportunistas ou determinados cancros, asociados á infección por VIH, momento no que dicimos que a persoa con VIH ten sida. Por agora a infección por VIH non ten un tratamento curativo eficaz, pero existen tratamentos que frean a actividade do virus e na maioría dos casos permiten ás persoas vivir moitos anos sen complicacións graves. Aínda así hai que recordar que a sida é unha enfermidade moi seria, potencialmente mortal e que na maioría dos contextos, é frecuente causa de exclusión e discriminación.
Como se transmite o VIH?
O VIH transmítese por:
· Relacións sexuais con penetración vaxinal, anal e oral sen preservativo.
· Compartindo un obxecto punzante sen esterilizar que estivese en contacto con sangue infectado: xiringas, agullas, instrumentos para acupuntura, tatuaxes, piercing, etc.
· E dunha nai con VIH ao seu fillo/a durante o embarazo, o parto ou a lactación.
Non se detectou transmisión a través dos seguintes mecanismos:
· Aire, auga
· Bicos, a brazos, darse a man ou tocarse
· Picaduras de insecto ou mosquitos.
· Saliva, suor, bágoas.
· Convivencia habitual no fogar, traballo e na escola.
· Doar ou recibir sangue en países onde estea axeitadamente controlado.
A transmisión/adquisición da infección depende polo tanto do comportamento de cada persoa, aínda que o devandito comportamento está á súa vez condicionado por cuestións sociais e culturais que fan que algunhas sociedades, grupos de poboación e individuos se encontren nunha situación de maior vulnerabilidade á transmisión do virus. A desigualdade entre homes e mulleres, a discriminación que sofren algúns colectivos, o estigma das persoas afectadas ou a pobreza son factores determinantes na aparición e repetición destes comportamentos que poñen en risco as persoas.
FONTE: somospacientes.com e madrid.org
0 comentarios