Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

OS PREMIOS NOBEL CUESTIONADOS

OS PREMIOS NOBEL CUESTIONADOS

O xornal El Pais, de onte, trae unha reportaxe de Javier Sampredo, titulado "Los olvidados del Nobel". Esta comenza facendose a seguinte pregunta: "Que premio Nobel explicou a  física cuántica da radiactividade, postulou a versión moderna do Big Bang, propuxo que as estrelas brilan por reaccións termonucleares e descubríu o concepto de código xenético? Ningún. A persona existíu -chamábase George Gamow-, pero non recibíu o premio. Nin o de física nin o de medicina.

Este é un só dos apuntamentos que se fai na reportaxe e que dalgunha maneira cuestionan estes premios despois da concesión, tan sorprendente para todo o mundo, do Nobel da paz ao presidente dos EEUU. Precisamente sobre este tema, noutro momento da reportaxe  dise: "E fóra das ciencias áinda é peor. O pacifista máis célebre do século XX, Mahatma Gandhi, non recibíu o Nobel da paz, a diferencia de Henry Kissinger ou Yasser Arafat".

Non se escapa ningunha das 6 disciplinas, ás que se conceden os Nobel, ás críticas incluso cuestionan a limitación das mesmas, deixando de lado á paleontoloxía, matemáticas, ..., incluso o cine.

Penso que é unha reportaxe interesante para ler e aprender. Se estás interesado nela, na súa integridade, pincha en "Los olvidados del Nobel"  

HUMOR: PREMIO NOBEL DA PAZ

HUMOR: PREMIO NOBEL DA PAZ

Onte deuse a coñecer o Premio Nobel da Paz, e foi unha sorpresa, ao menos para min: O presidente dos EEUU Barack Hussein Obama II (nacido en Honolulu-Hawái-EEUU en 1961).

O xenial humorista Foges, fai unha referencia na súa viñeta do xornal  "elpais.com", moi acertada, onde a pomba da paz aparece de negro, xa que o presidente é de raza negra.

Persolamente penso que é un premio a esperanza, pois polos feitos non se faxo merecedor de tal galardón. Sinceramente é algo precipitado. Son millóns de persoas que teñen depostitadas nel moitos desexos de paz e de concordia. Espero, de corazón, que non decepcione a ninguén, empezando por min!

DÍA DO PROFESOR ? !

DÍA DO PROFESOR ? !

Hoxe pola mañá, ás 8,20 horas, un alumno díxome que era o meu día: o día do profesor. Sorprendeume dobremente, pois non tiña esa constancia (eu sempre o relacionei con 27 de novembro -San Xosé de Calasanz- ou ben 28 de xaneiro -Santo Tomas de Aquino) e en segundo lugar porque alguén me felicitase.

Eu aínda lembro, gratamente, algo parecido ao que fixo este alumno na súa felicitación, hai anos. O día do maestro era algo importante, non só para nós, senón para alumnado e pais. Sempre tiven, nunha grande maioría, a implicacion deles no meu traballo e é algo de agradecer. Penso que cando os implicados na educacion (mestres, pais e alumnado) non reman na mesma dirección é cando acontecen fracasos e problemas de todo tipo. Por desgraza, botamos a culpa dos problemas uns a outros; en realidade é non asumir a parte que a cada un lle toca; é desprazar a pelota ao tellado dos outros, pero o problema (a pelota) segue estando, non pode desaparecer. As autoridades educativas, fundamentalmente políticos, non axudan; eles reman na procura doutra pesca: os votos. Tiñan que pasarse un día polas aulas, polos centros, para ver a realidade.

Na miña ignorancia sobre este día, documenteime: Dende 1994 o 5 de octubro foi declarado pola UNESCO e a OIT (Organización Internacional da Educación)o día mundial dos docentes.

Eu, que prefería o 27 de novembro, xa mudei de idea: que sexa todos os días, que nos deixen traballar e que nos apoien dende todos os sectores; ao fin e ao cabo será en beneficio do máis preciado: os nosos alumnos-as, os seus fillos.

NON FOI POSIBLE!

NON FOI POSIBLE!

Non foi posible, e eso que as esperanzas mantivéronse ata o último momento. Rio de Janeiro (Brasil) foi a elexida, con 66 votos fronte a 32 de Madrid.

Esto amosa que nestes tercios de eleccións pasa calquera cousa. Non valen as infraestructuras, a seguridade, ... Si vale que America do Sur nunca foi sede, que no 2012 xa será en Londres (Europa), que para o 2020 teñen idea de presentarse Roma, Francia, Grecia (todos en Europa), que os horarios de Brasil son máis axeitados para América, e un longo etc.

A pena para nós, e sorte para Brasil, é que esta celebración é unha axuda importante para o progreso de Brasil e en concreto de Río de Janeiro, e tal como andan as cousas aínda moito máis.

Dende aquí os mellores desexos para a cidade anfitriona e para Madrid, paciencia, pois seguro que terá ques esperar, bastantes máis anos de catro, para poder presentarse de novo.

DÍA D: 2 DE OUTUBRO

DÍA D: 2 DE OUTUBRO

Si, o próximo venres 2 de outubro, será o día D, o día en que saberemos se MADRID é a candidata aos xogos olímpicos do 2016. A cousa non está fácil, pois temos que competir con Chicago (EEUU) e Rio de Xeneiro (Brasil).

Dende aquí o noso apoio, e a esperar a decisión do COI en Copenhague.

HUMOR: GRIPE A

HUMOR: GRIPE A

Nesta viñeta de O Carrabouxo (La Región 17/09/2009) interprétanse os consellos de sanidade para evitar os contaxios. A solución é cursiosa e complicada de levar a cabo.

HUMOR: O PAPA

HUMOR: O PAPA

Nesta viñeta de "O Carrabouxo", publicada no xornala La Región o pasado 30-08-2009, faise unha comparanza entre o que estades a facer algúns estes días: exames de recuperación, e a ideaSorprendido do Papa de recuperar o latín como idioma a empregar en actos litúrxicos.

Será para que aínda non enteremos menos!

HUMOR: PARO

HUMOR: PARO

Nesta viñeta de O Carrabouxo, do xornal La Región (16-08-2009), faise unha crítica sobre a axuda aos parados a partires do pasado 1 de agosto e que cumpran unha serie de condicións. A verdade é que esta "axuda" son satifai a ninguén, pois non é para todos os que remataron as axudas e subvencións do paro. Hai que ler moi ben a "letra pequena" deste tipo de axuda.