Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR: VACACIÓNS EN CRISE

HUMOR: VACACIÓNS EN CRISE

Na viñeta de Davila, do xornal Faro de Vigo (20/07/09), amosa a crise nas vacacións, como a xente non gasta tanto en mariscadas, recurrindo a trucos para presumir diante dos amigos. En realidade o sector da hosteleria amosa preocupación, pois hai menos veraneasntes e os que viñeron gastan moito menos.

Parace que as mariscadas son máis de mexilóns e croques que doutra cousa. É a crise!

6ª PELÍCULA DE HARRY POTTER

 

Xa está nos cines (dende o día 15) a sexta película, das oito previstas, do neno mago: Harry Potter e o misterio do príncipe. Unha película de máis de dúas horas e cuarto de duración, na que o protagonoista principal segue a facerse maior, perdendo a súa inocencia. A película ten menos acción que as anteriores, gañando en misterio e intriga, aparecendo as relascións sentimentales, propias da idade.

En fin, unha película propia para os seguidores de Harry Potter e para pasar un longo anaco de tarde con palomitas para o resto.

Aquí tedes o trailer.

ESTIVERON NA LÚA?!

ESTIVERON NA LÚA?!

Esta é a pregunta que millóns de persoas se fixeron ao longo do tempo: Estiveron Armstrong e Aldrin realmente na Lúa ou foi unha montaxe?

Conmemorando os 40 anos de tal fazaña (20 de xullo de 1969), o satélite artificial LRO, do que xa falamos hai tempo nesta páxina e que onte cumpríu un mes do seu lanzamento, acaba de enviar as primeiras imaxes dos lugares  de alunizaxe que as misións Apolo tiveron na Lúa. Precisamente nesta imaxe (NASA) amósase o módulo de alunizaxe do Apolo 11 e a sombra que proxecta.

Lémbrovos que este mesmo satélite esta fotografando con detalle a superficie lunar para atopar lugares axeitados para añunizaxe e asentamento de futuras misións.

Será esta unha proba de que realmente estiveron na Lúa?

TAL DÍA COMA HOXE

 

Hai 40 anos eu era un papaz e estupefacto vin, a través da única cadea de TV, a chegada do home a Lúa. As televisión eran poucas, en branco e negro, e nos bares e en xuntanzas onde había algunha, presenciamos tal acontecemento.

Xa daquela, moitos vellos, pensaban que eso de ir á Lúa era un  conto, e aínda hoxe moitos manteñen ese reparo.

Aquí tedes as imaxes que eu presenciei daquela.

REMATE DO CURSO

REMATE DO CURSO

Hoxe remataou o curso. Os alumnos-as de 1º de ESO foron á Praía da Lamiña-Armona, acompañados de Olga, Arsenio, Pepe e Víctor. Alí realizamos actividades de E. Físisca e Ciencias da Natureza que non se poden realizar no IES. Pero tamén houbo tempo para o lecer, tal como amosa a fotografía.

Un bo día para un bo remate de curso. ACABOUSE!

CHEGA ICE AGE 3

 

Volve a Era do Xeo 3 e con ela Sid e compañía. Despois dos acontecemeentos da parte 2, a vida comenza a cambiar para Manny e os seus amigos. Scrat segue tratando de atrapar a súa querida landra, atopando posiblemente o amor nun esquío femia chamada Scratte. Manny e Ellie, esperan un bebé, Diego está reconsiderando a súa posición e pensa que se esta a volver débil. Sid comenza a desexar ter unha familia propia, e rouba alguns ovos de dinosaurios, esto conleva a que Sid remate nun estraño mundo subterráneo a onde os seus amigos deben ir rescataro, esquivando dinosaurios, afrontando diversos perigos e tamén facendo novos amigos.

Hai que estar antentos ao seu estreno!

 

O GALEGO E A FAMOSA CONSULTA ÁS FAMILIAS

O GALEGO E A FAMOSA CONSULTA ÁS FAMILIAS

O pasado venres 12, foille entregado a cada alumno-a de Secundaria e FP do noso Centro o modelo de cuestionario sobre a consulta ás familias sobre a  utilización das linguas no ensino non universitario de Galicia para facerllo cheagar ás súas casas. Ao mesmo tempo, fixeron o propio os centros de infantil e primaria. O prazo para a súa devolución remata o venres 19. Deberán entregarse en conserxería e pódese solicitar unha certificación de participación en Secretaria.

O modelo consta de 4 preguntas (iguais para Secundaria, FP, Primaria e Infantil), a saber:

 

É secreto (anónimo)  e voluntario, o que introduce un gran problema: o contido democrático e os posibles fraudes, quedando todo en mans dos equipos directivos de cada centro.

A verdade é que non sei que se pretende con esto. Eu, que levo moitos tempo nesto da ensinanza, e que pasei por varias reformas, xa dende hai moitos anos (xa choveu cando na Xunta entrou Fraga), a miña materia C. Naturais, xunto con X. e Historia (que forman o Coñecemento do Medio de Primaria) e as Matemáticas sempre foron dadas en Galego, e nunca pasou nada, era asumido por todos, era normal. Agora, de repente, estas historias. O que non pode ser é que cada goberno, sexa da cor que sexa, cambie  todo ao entrar el. Ten que haber uns criterios mínimos e todos teñen que resceptalos, garantindo que os alumnos-as sexan competentes lingüísticamente tanto en galego como en castelán, sen diferencia. Para máis complicación metemos tamén o inglés polo medio, e leva camiño pois cada ano son máis as materias impartidas neste idioma (e non é malo pois cantos máis idiomas sepamos con máis xente podemos relacionarnos).

Penso que hai demasiadas materias nas ensinanzas básicas (primaria e secundaria) e perdemos o norte no básico: lectura, escritura, cálculo, coñecementos natural e social, impartidas por igual nos dous idiomas oficiais da Comunidade Autónoma de Galicia. Complementando, o que se queira, que é positivo e enriquecedor. Do contrario seguiremos producindo "analfabetos potenciais" que coñecen moito e non saben de nada.

Veremos como remata esto!

FIN DE CURSO

FIN DE CURSO

Entramos na última semana, para moitos decisiva. Hai que insistir e non tirara a toalla. Concentración e traballo son os mellores consellos. E despois ...

Pois as clases rematan o martes 23. Neste último día os de 1º ESO irán á Praia da Armona-Lamiña para facer actividades de E.F. e Ciencias Naturais,  e os de 2º irán a Vigo.

Os días 24 e 25 serán as avaliacións por parte do profesorado e o venres día 26 ás11 horas a entrega de notas. Ese día pode comenzar un bo verán ou un menos bo.

Pero bueno, ata ese día queda moito que facer, claro,  se un quere.