Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

O GRAN SUFIMENTO DO CELTA

O GRAN SUFIMENTO DO CELTA

A viñeta de Davila do xornal "Faro de Vigo" resume moi ben o sufrimento, case agonía da temporada do noso celtiña.

Unha temporada no apta para cardíacos e para non facer afición. Esperemos que a próxima sella mellor, en todos os aspectos.

DÍA MUNDIAL SEN TABACO

 

Cada 31 de maio, a OMS (Organización mundial da saude) organiza o DÍA MUNDIAL SEN TABACO, unha iniciativa que ten por obxecto recordar os prexuizos que acarrea o tabaco para a socidade (non só para os fumadores), un dos problemas máis graves de saúde pública.

O tabaco é sinónimo de morte. Pensao antes de acender un cigarro!

HUMOR: TRIPLETE

HUMOR: TRIPLETE

Viñeta de Davila, do xornal Faro de Vigo (27/05/2009)

Onte foi un gran día para o Barcelona: A copa da Champions. A ela hai que sumar a Copa e a Liga. A viñeta de Dávila fai referencia precisamente a ese triplete.

Que o disfruten!

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2009

Este ano a RAG (Real Academia Galega) adícalle o día das letras Galegas 2009 ao escritor, ensaista e traductor  Ramón Piñeiro López. Entre os motivos para tal elección destacan a "dedicación total e desenteresada  da súa vida en defensa de Galicia  e a súa cultura, sendo unha referencia moral indiscutible e necesaria para as novas xeracións".

Naceu en Armea-Lama-Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915. Estudou bacaharelato en Lugo, aínda que nalgún momento traballou en Sarria. En 1931  asiste a un mitin de Lois Peña Novo que esperta nel o interese pola cultura e a política. Participou na fundación das mocidades do Partido Galeguista, sendo nomeado secretario de cultura. En 1934 participou nun mitin celebrado na praza da Quintana o 25 de xullo e, en 1936, chega a ser elixido secretario do comité provincial para o plebiscito do Estatuto de Autonomía de Galicia. Tralo alzamento militar de xullo de 1936, viuse obrigado a loitar na guerra civil no bando nacional. Rematada a contienda, comezou a estudar Filosofía e Letras na Universidade de Santiago. Dende 1943 participa na reorganización clandestina do Partido Galeguista. Detido en abril de 1946 permaneceu tres anos na cadea, malia se condenado a seis. Ao saír do cárcere, establécese en Santiago, defendendo a loita cultural fronte á loita armada e política. Interviu activamente na auto disolución do Partido Galeguista e en 1950 foi o adaíl do grupo que fundou a Editorial Galaxia (da que foi o primeiro director literario), que en pleno franquismo comezou a publicar libros en galego e sobre asuntos relacionados con Galicia.Xa na democracia, formou parte do 1º parlamento autonómico, entre 1981 e 1985, como independiente, dentro das listas do PSdG-PSOE pola provincia de A Coruña. Desta etapa compre destacar o seu labor de ponente da Lei de Normalización Lingüística. En 1998 entra na Real Academia Galega. Dende 1983 viña desempeñando o cargo de 1º presidente do Consello da Cultura Galega, ata a súa morte, o 27 de agosto de 1990.

A súa obra non é abundante, toda ela baixo a temática da "filosofía da saudade". Publicou artigos na revista GRIAL, onde asinaba co pseudónimo de Luis Veiga do Campo, así como colarboracións en obras colectivas e proemios de moitos libros.

  • Siñificado metafísico da saudade (Colección Grial, 1951)
  • A saudade en Rosalía (Galaxia, 1952)
  • A lingua, sangue do espíritu (Galicia, Bos Aires, 1952)
  • Pra unha filosofía da saudade (Galaxia, 1953)
  • A filosofía i o home (Grial, 1963)
  • A lingoaxe i as língoas (Galaxia, 1967; reed. facs. Consello da Cultura Galega, 1994)
  • Olladas no futuro (Galaxia, 1974)
  • Lembrando a Castelao (SEPT, 1975)
  • Vicisitudes históricas da cultura galega (Ediciós do Castro, 1975)
  • Saudade e sociedade, dimensións do home (1975)
  • Filosofía da saudade (Galaxia, 1984)
  • Castelao político (Anthropos, Barcelona, 1986)
  • Cartas para os amigos (El Correo Gallego, 1992)
  • Un epistolario de Ramón Piñeiro (Galaxia, 2000)
  • Galicia (Galaxia, 2001)
  • Da miña acordanza. Memorias (Galaxia, 2002)

Compre destacar tamén o seu traballo como traductor.

Ata aqui o comemorativo, pero e o significado? Todos os que foron agasallados co Día das Letras Galegas, foron homes e mulleres que fixeron moito pola nosa cultura e polo noso idioma: O GALEGO. E ti? É unha boa pregunta e merece tamén unha boa reflexión. Eu anímote a que comences unha campaña propia en defensa do noso idioma. Como? Pois con toda normalidade, sen vergonza: falándoo.

DE VOLTA DE MELGAÇO

DE VOLTA DE MELGAÇO

Guía informándonos sobre unha mámoa descuberta.

Xa estamos de volta. Foron dous dían intensos, pero penso que merecue a pena. O relato da viaxe foi o seguinte:

DÍA 12 (Martes): Saímos sobre as 8,30. Un día feo, escuro e chuvioso, tanto que non puidemos parar en Salvaterra (parada "técnica") e fíxemolo en Monçao, cando amainou un chisco. De seguido directos á Porta de Lamas de Mouro, no Parque Nacional Peneda-Gerês, onde visitámos as instalación, e debido a chuvia persistente , as actividades (todas elas relacionadas coa temática do Ordeamento do Territorio) foron en instalacións a cuberto. E seguía a chuvia, polo que nos desprazamos a Castro Leboreiro, onde nos recibiron cos brazos abertos. A freguesía facilitounos un local (Centro Cívico), con calefacción, para comer. A tarde volvía pintar mal e decidiron os guías ir a altitudes máis baixas, e foi positivo pois parou de chover. Visitamos unha mámoa e unha branda (alí os habitantes teñen dúas casas para levar o gando, unha para o inverno a altitudes baixas e outra para o verán, estas últimas son as brandas). Despois visitamos A Peneda (coa súa igrexa situada baixo un espectacular penedo rochoso), e camiño cara a Melgaço. Alí  na Pousada da Xuventude foi onde nos aloxamos (unhas instalacións óptimas e un bo trato). Así rematou o primeiro día. Bueno, a noite foi longa ...

DÍA 13 (Mércores): O día comenzou moi pronto, para moito antes, e adaptarse á hora  era un problema (unha hora menos en Portugal). Despois dun bo pequeno almorzo e de recoller as nosas habitacións saímos camiñando ata o centro de Melgaço (20 min). Na Camara municipal escomenzamos a visita : Espazo Memoria e Fronteira (museo relacionado co contrabando e a emigración), ruínas arquelóxicas da Praza da República (que puxeron ao descuberto un foso da antigua muralla e elementos da fortificación), o museo do cinema  Jean Loup Passek (un espazo para revivir as memorias do cine) e a Torre Menagem (do século XIII, clasificada como Monumento Nacional). Despois tivemos unha hora de lecer libre e toca a comer. Unha hora de descando ata a chegada do autobús (16 horas) e o regreso.

Despois de case dúas horas, incluído unha "parada técnica" en Vilanoa de Cerveira, chegamos ás 17,50 horas ao IES.

Un agradecemento ao PROXECTO TERRque financiou (salvo o autocar) todos os gastos, ao persoal da Camara de Melgaço, ao persoal da Pousada da Xuventude, A freguesía de Castro Leboreiro, ao persoal do Parque N.P.G. e aos guías e outras persoas que fixeron posible esta actividade.

 

 

MELGAÇO

MELGAÇO

Mañá, 12 de maio, oa alumnos da A21EG, Teatro e Ponte nas Ondas, realizaran unha excursión á Melgaço (Potugal).

Melgaço é unha vila poortuguesa no Distrito de Viana do Castelo, rexión Norte e subrexión do Miño-Lima, con preto de 1300 habitantes. O Municipio conta con 9996 habitantes distribuidos en 18 freguesías e con 239,04 km2. Limita ao norte e ao leste con España, ao suroeste co municipio de arcos de Valdevez, e ao oeste con Monçao. 

Pola mañá estaremos en Pota de Lamas de Moro (no Parque Nacional Peneda-Xeres) e á tardiña baixaremos xa á Pousada da Xuventude en Megaço.

O día 13, xoves visitaremos Melgaço e sobre as 4  da tarde iniciaremos o retorno.

Se queres coñecer algo máis sobre Melgaço pincha en Melgaço

¡Que o tempo nos acompañe e que sea proveitosa esta saída!

HUMOR: FÚTBOL

HUMOR: FÚTBOL

Hoxe, todos os comentarios son sobre o fútbol e sobre o Barcelona. A verdade é que é un fito importante pasar a unha final, pero nunca chegando a situacións tan incribles.

O asunto foi que pasou, eso si, en tempos de desconto e con moitas connotacións durante o partido, pero pasou e eso é o que conta, e todos-as, aiída que non sexan deste equipo deberían de estar contentos que un cub español acade tal proeza.

A viñeta de faro de Vigo de hoxe, firmada por Luis Davila, trata sobre este tema.

¡Hai que tomar a vida e o deporte con máis calma!

VISITA A OURENSE

VISITA A OURENSE

Grupo dos 50 alumno-as e 3 profesores-as participantes na saída a Ourense

Pois estamos xa de volta de Ourense. Tivemos un fermoso día, eso si con moita calor. Tal como esta previsto, dúas guías acompañáronnos pola cidade. Escomenzamos na Alameda, visitamos as Burgas, a maior parte do casco vello, a Catedral, a Praza Maior e de volta a Alameda. Por certo, neste percorrido coincidimos coa celebración por esa zona do Correlinguas.

Collemos o autobús e fomos ao Polígono Industrial de Pereiro, onde visitamos unha fábrica de téxtil (Lonia SA) que fabrica para Carolina Herrera e Purificación García. Por certo as instalación con moita tecnoloxía.

Á volta cara Ourense, recorremos algún dos barrios máis significativos da cidade e pasamos por tres das moitas pontes que hai sobre o río Miño. Despois de deixar ás guías na estación do ferrocarril, dirixímonos ás térmas de Outariz, nas aforas de Ourense, á beira do Miño. Alí comemos e disfrutamos desas augas quentes, da paisaxe e do descanso da paraxe.

En torno ás 5 da tarde comenzamos o regreso. Un bo día en todos os aspectos.

Penso que é xusto agradecer ao Proxecto Terra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia esta posibilidade que nos deu coa organización desta actividade.