Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

1º ESO: VISITA A OURENSE

1º ESO: VISITA A OURENSE

Mañá, 6 de maio, os alumnos-as de 1º ESO visitardes a cidade de Ourense, grazas ao Proxecto Terra, do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

A cada un de vós entregarásevos unha pequena guía da cidade, así como diverso material. Estaredes acompañados por guías  e profesores que trataran de que coñezades os espazos máis emblemáticos desta cidade, a cidade das pontes sobre o río Miño.

Neste blog publiquei, alá polo mes de agosto, algúns artigos sobre esta cidade. Non estaria mal revisalos para que cando os guías fixeran referencia souperades de que vai o tema.

Se  así o consideras pincha en:

AS BURGAS

A PONTE

O SANTO CRISTO

 

HUMOR: A GRIPE PORCINA

HUMOR: A GRIPE PORCINA

O tema da viñeta de humor de "O Carrabouxo", do xornal La Región do 27-04-2009, trata da gripe porcina que está a causar tantos problemas en todo o mundo e que ten como foco emisor México.

Esta é unha enfermidade respiratoria  altamente contaxiosa que padecen os porcos. Prodúcea un dos múltiples virus da gripe do tipo A que existen. O índice de mortalidade nos humanos e  baixo (entre o 1 e o 4 %). Os síntomas desta enfermidade son moi similares aos da gripe humana (tos, febre, dor de cabeza e músculos). Non se contaxia ao inxerir animais enfermos ou productos derivados, xa que o virus morre a temperaturas superiores aos 70ºC.

HUMOR: O PARO

HUMOR: O PARO

O paro, ese gran problema que afecta xa a máis de 4 millóns de españois, é o tema elexido por Davila na súa viñeta do xornal "Faro de Vigo" de hoxe, tomando a idea dunha película rodada na ría de Vigo "Los lunes al sol".

A verdade é que o tema non é para risas!

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO

DÍA DO CIENTÍFICO GALEGO

Hoxe  23 de abril, celébrase, por segundo ano, o Día do Científico Galego, iniciativa da RAGC (Real Academia Galega das Ciencias), que pretende recompensar a aqueles que contribuíron ao desenvolvemento do coñecemento e da innovación en Galicia. Este ano adícaselle a ISIDRO PARGA PONDAL.

Isidro Parga Pondal, xeólogo galego. Naceu en Laxe (A Coruña) o 17 de decembro de 1900. Estudou o bacharelato en Santiago, a carreira de química en Madrid e o doutorado en Zurich. Ao comenzo da Guerra Civil, foi purgado do seu posto de profesor, retirándose a Laxe, onde creou unha empresa mineira para a explotación do caolin. Máis tarde creou o Instituto Xeolóxico de Laxe, no que traballou ata o ano 1969, cando se retirou. Morreu en A Coruña o 4 de maio de 1986.

BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL

BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL

 A  UNESCO acaba de poñer en marcha onte a  Bilioteca Digital Mundial (DM), un  servizo que permite acceder gratuitamente, a través de Internet, aos fondos das grandes bibliotecas internacionais e en varios idiomas, entre eles o español.

A BDM permite consultar documentos conservados nas  máis prestixiosas bibliotecas de calquera parte do mundo, e non só libros, senón manuscritos, mapas, películas, etc.,  dispoñibles sen ningún tipo de restricción.

¡A cultura ao alcance de todos!

Se queres coñecela pincha en  BIBLIOTECA DIGITAL MUNDIAL

RECUSOS PARA O ENSINO

RECUSOS PARA O ENSINO

Acaba de xurdir unha nova páxina web sobre cooperativismo dirixida a centros, profesorado e alumnado de primaria, secundaria e FP. Nela podedes consultarse as convocatorias a premios sobre cooperativismo e as seccións que conteñen recursos educativos para diferentes niveis: ideas para traballos en grupo, unidades didácticas, cómics e aventuras interactivas, xogos cooperativos, información e manuais de autoemprego etc.

Eu botarialle unh vistazo! E ti? Se queres pinha en O Cooperativismo no Ensino

DENGUE

DENGUE

  Mosquito Aedes aegypti

Nos últimos días a palabra DENGUE foi repetitiva, concretamente foi noticia en Arxentina, que admitiu un gran brote desta enfermidade, que comenzou en xaneiro e da que xa se contabilizan cinco mortos.. Pero, que é o DENGUE?

O dengue é unha enfermidade viral transmitida pola picadura do mosquito Aedes aegypti. Preséntase de dúas formas: febre do dengue (enfermidade grave de tipo gripal que afecta aos nenos maiores e aos adultos, pero que rara vez causa a morte) e a febre hemorráxica do dengue (FHD, forma máis grave, na que aparecen hemorraxias e ás veces un estado de choque que leva á morte. No caso dos nenos é sumamente grave).

Suelen aparecer nos trópicos, Africa e centroamérica, aínda que nos últimos tempos apareceron en Europa e Norteamérica.

O nome ven dos catro virus que a producen (DEN-1, DEN-2, DEN-3 ou DEN-4). Esta enfermidade infecciosa maniféstase polo inicio dunha repentina febre, dores de cabeza, musculares e nas articulacións e erupcións na pel. Tamén poden aparecer gastritis, con dores abdominais, náuseas, vómitos e diarrea. Precisamente, en moitos casos, ao non aparecer erupcións na pel, poden ser diagnosticados como gripe ou outras infeccións virales.

Non hai medicamento específico para tratar o dengue e tampouco vacina, aínda que se fixeron moitos adiantos.

 

HUMOR: O TEMPO NAS VACACIÓNS

HUMOR: O TEMPO NAS VACACIÓNS

Nesta viñeta de Javier Aguilera (Faro de Vigo 08/04/09) parodia sobre o mal tempo destas vacacións de Semana Santa.

Lembra que se queres coñecer todo sobre o tempo, en ENLACES tes dous puntos para consultar: o tempo en Galicia e o tempo no Mundo.