Blogia
vgomez

O SANTO CRISTO

O SANTO CRISTO

Para rematar o noso paseo por Ourense ou cidade das Burgas, imos falar do Santo Cristo.

O Santo Cristo é unha imaxe gótica que representa a un Cristo moribundo, de corpo enfermo, agotado e marcado polo seu grande realismo (pelo e barba son naturais, o que deu lugar á crenza popular de que lle medran). Outra tradición, revela que no interior da chaga atopase un anaco de corda coa que o ataron, o que o convertiría nunha imaxe de relicario.

O Bispo Pérez Mariño trouxo a imaxe de Fisterra no século XIV, que foi realizada segundo a lenda, por Nicodemus e que foi recollida por uns mariñeiros no mar.

A imaxe sufríu diversas reformas ao longo dos tempos, sendo importantes ás de 1741, na que o pintor Sobreira arranxoulle os pes e os brazos e as de 1779 e 1808.

Atopase situada na capela do mesmo nome (do século XVI e ampliada no século XVII cun segundo corpo) que ten dous corpos e un impresionante retablo baldaquino (obra de Domingo de Andrade,o mesmo que realizou o de Santiago). Asi mesmo a capela forma parte da catedral de Ourense, a expresión máis importante do románico de España xunto á Catedral de Santiago. Construída ao longo dos sécuos XII eXIII. Planta de cruz latina. A fachada principal esta formada por tres portadas románicas, arcadas de medio punto. A fachada sur ten catro arquivoltas sobre columnas de fuste liso e a torre do reloxo do século XVI, na fachada norte pódese apreciar unha mestura dos estilos gótico e románico.

Xa sabedes, cando pasedes por Ourense non dubidedes visitar estes tres lugares tan importantes: As Burgas, a Ponte e o Santo Cristo.

0 comentarios