GLÓBULOS VERMELLOS ARTIFICIAIS
Un campo de glóbulos vermellos e un leucocito. (Ilustración: Donal Bliss | National Cancer Institute)
O sangue humana está composta dun 22 % de elementos sólidos e un 78 % de auga. Os seus compoñentes son:
- O plasma, no que se atopan suspendidas as células sanguíneas, incluíndo:
- Glóbulos vermellos (eritrocitos ou hematies) - transportan osíxeno dende os pulmóns cara ao resto do corpo.
- Glóbulos brancos (leucocitos) - axudan a combatir as infeccións e asisten no proceso inmunolóxico. Os distintos tipos de glóbulos brancos son:
- Linfocitos
- Monocitos
- Eosinófilos
- Basófilos
- Neutrófilos (granulocitos)
- Plaquetas (trombocitos) - axudan na coagulación do sangue.
- Glóbulos vermellos (eritrocitos ou hematies) - transportan osíxeno dende os pulmóns cara ao resto do corpo.
- Glóbulos de graxa
- Sustancias químicas, entre as que se inclúen:
- Carbohidratos
- Proteínas
- Hormonas
- Gases, entre os que se inclúen:
- Osíxeno
- Dióxido de carbono
- Nitróxeno
Durante todo o ano, pero máis especialmente en períodos de vacacións, multiplícanse as campañan de doazón. Pois ben, esto, nun prazo medio-longo, podería rematar, xa que segundo publica a revista "Blood" un equipo de investigadores de California conseguíu crear no laboratorio hematíes a partir de células nai embrionarias.
O equipo está dirixido polo prestixioso científico Robert Lanza, e conta cun grupo de investigadores da empresa Advanced Cell Tecnologies, e coa participación da Universidade de Chicago e da clínica Mayo (as tres en EEUU).
Aínda que por agora non hai unha maquinaria lista para fabricar en serie unidades para ser transfundidas a persoas, este traballo achega moito máis a posibilidade de,que nun futuro próximo, poder contar cun reposto sanguíneo en cualquera momento e a ventaxa de poder xerar células en condiciones libres de patógenos libres. Deste xeito, non teremos que preocuparnos da hepatite, o sida e outras enfermidades infecciosas.
¡Un futuro prometedor!
0 comentarios