Blogia
vgomez

CROCODILO CON CORPO DE GOLFIÑO

 Representación de «M. fitosi». Tenía patas, una aleta caudal y dientes poderosos para capturar presas

Representación do Magyarosuchus fitosi / Marton Szabo/abc.es

A converxencia evolutiva é o proceso polo cal seres vivos con distinta orixe acaban parecéndose porque desenvolven estruturas ou estratexias similares para cumprir una mesma función. Os exemplos clásicos son o desenvolvemento de ás en aves e morcegos e de aletas en peixe e mamíferos.

Científicos da Universidade de Edimburgo (Reino Unido) e doutras institucións alemás e húngaras descubriron un novo exemplo de converxencia nun fósil de crocodilo de 180 millóns de anos de antigüidade. Nun estudo publicado recentemente en Peer J identificaron unha nova especie que viviu no  Xurásico, e á que chamaron  Magyarosuchus  fitosi. A súa maior peculiaridade é que trátase dun crocodilo que tivo unha forma moi similar á dun golfiño. E non foi un caso único, debido a que varios dos seus parentes adoptaron esta estratexia.

"Este fósil é moi interesante para comprender como os crocodilos comezaron a evolucionar e a desenvolver formas parecidas ás de golfiños e  orcas hai máis de 180 millóns de anos", manidesta o coautor do estudo e investigador na Universidade de Edimburgo. "A presenza dunha  coiraza corporal e unha aleta caudal demostran a considerable diversidade dos  cocodrillos do  Xurásico".

Nese momento, había dous grandes grupos de crocodilos, cada un cun corpo distinto. Había crocodilos terrestres, cunhas costas e un ventre acoirazados por grosas  escamas, e patas para camiñar sobre terra. Pero tamén había crocodilos sen  coiraza e cos membros en forma de aletas.

Entre ambos, estaba  Magyarosuchus  fitosi. Tiña  coiraza e patas, pero tamén contaba cunha aleta caudal, tal como aseguraron os investigadores. Isto convértelle nun candidato para ser un animal de transición entre crocodilos acoirazados e non acoirazados.

Ademais, M.  fitosi, nomeado así en honra dun coleccionista que o atopou, medía case cinco metros e tiña uns grandes dentes. Isto coverte nun dos depredadores costeiros máis grandes do  Xurásico, segundo os investigadores.

A nova especie foi bautizada despois de que un grupo de  paleontólogos examinase unha considerable porción da columna vertebral deste animal. Os fósiles foron atopados en 1996 ao noroeste de Hungría, e agora estaban almacenados nun museo de  Budapest.

FONTE: abc.es/ciencia

0 comentarios