Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

DÍA INTERNACIONAL DA INTERNET SEGURA

 

¡A/O adolescente deste vídeo pode ser calquera de vós!

Hoxe 10 de febreiro celébrase o Día Internacional da Internet Seguro. A Comisión Europea pon en marcha un novo programa "Internet Seguro 2009-2013", co que preténde atallar o cada vez máis estendido acoso por Internet, ou "ciberbullying", xa que é  unha das agresións más comúns entre as/os menores.

Nunca permitas esa situación. Procura non deixar datos persoais que te identifiquen na Internet. Un xogo pode rematar mal. Denuncia a situación ante pais, profesores ou titores.

Para máis información pincha en ANTI-BULLYING [Línea de Axuda contra o Acoso Escolar]

HUMOR: AS NEVADAS

HUMOR: AS NEVADAS

Nesta vineta de DÁVILA do xornal Faro de Vigo de hoxe, reflicte a situación de moitos pobos do interior de Galicia coas últimas neveradas, pero en clave de humor. Por certo, cantos de vós, meus alumnos-as quixerades estar na situación de non asistir a clase por neve e de paso disfrutar dela, pero a verdade é que ten tamén moitos inconvintes.

Comentando a viñeta: ¡Cada un ten as súas prioridades! ¡Despois de tanto tempo metido na casa!

DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

           

Hoxe 4 de febreiro celébrase o DÍA INTERNACIONAL CONTRA O CANCRO. Neste ano o lema é "GÚSTAME FACER DEPORTE E COMER DE TODO" na que participan os principais actores  da versión española do musical "High School Musical".

Entre o 35% e ol 40% dos tumores poden previrse cunha alimentación san  exercicio físico dende a infancia. Por eso a campaña pretende fomentar os hábitos saudables entre os máis pequenos, cada vez con maior sobrepeso.

¡A tomar nota todos, pois a esta enfermidade estamos expostos calquera!

 

HUMOR: TABACO E PICARESCA

HUMOR: TABACO E PICARESCA

Viñeta de Quesada, publicada o 28-01-09 no xornal Faro de Vigo, onde con certa picaresca e retranca trata o tema do tabaco.

Un consello: "Deixa o tabaco. Non axuda a nada"

NOTICIAS BREVES: O PAPEL

NOTICIAS BREVES: O PAPEL

En España consómense ao ano 270.000 toneladas (270.000.000 kg) de papel de oficina, das que só o 3% son de papel reciclado.

¡20 toneladas de papel reciclado aforran 634.000 litros de auga!

¡Queda moito por facer!

Dende o pasado 1 de xaneiro xa non se imprime o BOE (Boletín Oficial do Estado). Esto leva un  aforro de 3.500 toneladas (3.500.000 kg) de papel. A versión dixital é dende esa data a única e ten caracter oficial. Pero non é só aforro en papel, tamén en cartos: 3,6 millóns de € (que foi o que custou facelo en papel o ano 2007).

¡Boa iniciativa!

IMAXES: O MONTE SANTA TEGRA

IMAXES: O MONTE SANTA TEGRA

Desde abaixo (Foto: Manuel Marras)

No xornal de hoxe (La Voz de Galicia), na súa edición dixital, publica hoxe un álbum sobre o Monte Santa Tegra, co título: MONTE DE SANTA TEGRA, A ENVEXABLE PEGADA HISTÓRICA. Consta de 13 fotos e son da autoría de Manuel Marras.

¡Imos velas! Pincha en MONTE SANTA TEGRA

HUMOR: CRISE E DESEMPREGO

HUMOR: CRISE E DESEMPREGO

Viñeta de Dávila no xornal Faro de Vigo do 17-01-09

HUMOR: O FRÍO

HUMOR: O FRÍO

Levamos varios días cun FRÍO tan grande que podemos cualificalo como INVERNAL. A estación meteorolócica no noso Centro rexistrou na última semana unha mínima a reseñar -3ºC e eso que estamos nas proximidades do mar.

Sobre esta temática trata a viñeta de O Carrabouxo, publicado no xornal La Región no día de onte. ¡Que frío!