Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR: O TEMPO

HUMOR: O TEMPO

Dávila (Faro de Vigo 20-03-09)

A viñeta  de Dávila, fai referencia ao tempo primaveral ou incluso de verán que estamos disfrutando. Esperemos non pagar máis tarde as consecuencias. De calquera xeito parece que as témporas entraron ben.

BIBLIOTECA VIRTUAL DE PRENSA HISTÓRICA

BIBLIOTECA VIRTUAL DE PRENSA HISTÓRICA

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica é un proxecto posto en marcha, resultado dun proceso de dixitalización cooperativa do Ministerio de Cultura, as Comunidades Autónomas e outras institucións da memoria, co que se pretende, simultaneamente, preservar e facer accesibles uns materiais bibliográficos que se caracterizan por ser exemplares únicos e, polo tanto, de difícil acceso.

Un exemplo: A consulta dalgúns dos 11 documentos que corresponden a Galicia: o xornal do 1 de xaneiro de 1925 do xornal de Lugo "El Progreso".

Se estás interesado pincha no enlace permanente ou en Biblioteca Virtual de Prensa Historica

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Hoxe celébrase o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Neste día conmemórase a loita da muller pola súa participación, pola igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.

¡Feliz día!

 

HUMOR: ELECCIÓNS GALEGAS

HUMOR: ELECCIÓNS GALEGAS

Nesta viñeta de Luis Davila (publicado no xornal de hoxe de Faro de Vigo) móstrase a marcha do que foi ata agora Presidente da Xunta, o famoso Audi da discorsia, que tanto deu que falar,  e sobre el as gaivotas simbolo do partido gañador das eleccións. Completa a viñeta, ao fondo, os aeroxeradores do cuestionado plan eólico e o deserto que terá que pasar o partido perderor.

CHAITÉN

CHAITÉN

Reactivación do volcán Chaitén (Foto:Infobae.com)

O pasado 12/05/08 daba conta da entrada en erupción do volcán chileno Chaitén, situado nos Andes meridionais, despois de estar "durmido" uns 10.000 anos. Ao parecer nos últimos días a actividade volcánica volveu aumentar dunha forma moi violenta, o que levou ás autoridades chilenas a evacuar aos habitantes da localidade do mesmo nome que o volcán. O curiso é que numerosas persoas néganse a marchar.

A situación é moi perigosa pois o macizo ten  unha fractura superior a un quilómetro no domo, sector sur, con evidentes sinais de colapso e de producirse chuvias intensas sobre o volcán, xerarían aluvións de gran magnitude, provocando  daños na  cidade de Chaitén.

Se queres recordar os datos do volcán, xa publicados pincha en VOLCÁN CHAITÉN  

 

 

ENTROIDO ESCOLAR

ENTROIDO ESCOLAR

Unha das imaxes do desfile do venres pasado (www.galiciasuroeste.info)

O pasado venres, 29 de febreiro, os esolares volveron saír ás rúas de A Guarda. Digo que volveron, pois había máis dunha década que esto non acontecía. Moitas serían as razóns para este parón de anos, pero eu penso que indepenedentemente dos motivos hai un triúnfo da tradición e da ilusión que poñen rapaces e profes e en resumo toda a comunidade escolar.

Seguramente, nestes días xa oficais do entroido, veremos disfraces sofisticados, con moito fasto e inversión de moitos caros. Se o entroido dos esolares se caracteriza por algo é pola esencia do mesmo entroido: a emprega de materiais sinxelos (antiguamente eran ropuas vellas e trapos). Nestes traballos predomina a imaxinación, o colorido, ... Pero canto traballo hai detrás, moitas veces pouco valorado! Como se os profesionais  que atenden aos nosos fillos fíxeran esto por perder o tempo! Reivindico este traballo, esa dedicación dos profesores. Tamén reivindico a ilusión  dos rapaces, e tamén o paio, non tan maioritario, dos pais, que queren recuperar tradicións que eles tiveron.

En resumo, os meus parabén  a todos os centros polo esforzo. Boto de menos non estar ahí! Eran outros tempos... Só un deseso para o ano próximo: continuar con este entroido de nenos e se é posible que participe tamén o IES.

Se queredes ver as fotografías do desfile (que publica www.galiciasuroeste.info) só tedes que pinchar en ENTROIDO ESCOLAR 2009

ENTROIDO

ENTROIDO

Propoñémosvos este sitio (do Portal Educativo da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria) onde atoparedes información sobre a celebración do Entroido en Galicia, entendido como un feito social e cultural. Atoparedes información sobre máscaras típicas, días de  celebración e gastronomía típica destas datas. Tamén podemos saber cousas sobre esta celebración no resto de España  e noutros lugares do mundo.

Para acceder pincha en ENTROIDO

HUMOR SOBRE O IDIOMA

HUMOR SOBRE O IDIOMA

Parece que volvemos ás andadas no que se refire ao emprego dos idiomas na nosa terra. Teimas e máis teimas  sen fundamento ningún. A miña modesta opión é que o idioma ten unha única misión fundamental: "server como medio de comunicaión que nos permita entendernos, transmitir mensaxes". Cada día tratamos de aprender novos idiomas con esa finalidade, e paréceme correcto. Pero nunca olvidemos o medio no que vivimos, o noso lugar, a nosa poboación, a nosa provincia, a nosa comunidade, e nela convivindo con moitos outros (pois viven moitas persoas de fóra da nosa comunidade e doutros países) debemos de coñecer e empregar o idioma de Galicia: o galelo. Merece respecto. Para os que pensan que o castelán, idioma que debemos de coñecer, está en perigo penso que con esta viñeta de O Carrabouxo do xornal La Región de onte, poden dispar dúbidas.