HUMOR SOBRE O IDIOMA
Parece que volvemos ás andadas no que se refire ao emprego dos idiomas na nosa terra. Teimas e máis teimas sen fundamento ningún. A miña modesta opión é que o idioma ten unha única misión fundamental: "server como medio de comunicaión que nos permita entendernos, transmitir mensaxes". Cada día tratamos de aprender novos idiomas con esa finalidade, e paréceme correcto. Pero nunca olvidemos o medio no que vivimos, o noso lugar, a nosa poboación, a nosa provincia, a nosa comunidade, e nela convivindo con moitos outros (pois viven moitas persoas de fóra da nosa comunidade e doutros países) debemos de coñecer e empregar o idioma de Galicia: o galelo. Merece respecto. Para os que pensan que o castelán, idioma que debemos de coñecer, está en perigo penso que con esta viñeta de O Carrabouxo do xornal La Región de onte, poden dispar dúbidas.
0 comentarios