A IDADE DA LÚA

A edición dixital da revista "Nature" acaba de publicar un estudo de universidades de Canadá, Alemaña e EEUU, sobre a idade da Lúa. O centro do estudo foi unha partícula de circón (ZrSiO4), un mineral de cor variable e pertencente ao grupo dos silicatoe está composto por circonio e silício e que se forma polo arrefriado de rocas fundidas. Este gran de circón, atopado na Lúa, ten, segundo o estudo, 4.417 millóns de anos, qu e a converte na mostra deste mineral máis antiga procedente dun corpo planetario do Sistema Solar.
Ata agora, a teoría máis estendida sobre a orixe da Lúa defende que este satélite naceu tras unha colisión ocorrida hai máis de 4.500 millóns de anos entre a Terra e un asteroide do tamaño de Marte, do que xurdíu unha lúa cuberta por unha balsa de magma que posteriormente se foi arrefriando e solidificando.
0 comentarios