Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

CUMPREANOS DE TINTÍN: 80

CUMPREANOS DE TINTÍN: 80

Non sei vós, pero éu son un seguidor, dende moi pequeno, das aventuras de Tin Tin (o neno-reporteiro) e hoxe está de cumpreanos, nada menos que 80 anos.

Dende que un debuxante belga de 21 anos, chamado George Remi (que firmaba co seudónimo Hergè, que procede de darlle a volta ás súas iniciais RG, pronunciadas en francés) publicara a primeira tira cómica con Tintín no suplemento infantil do diario belga "Le Vingtieme Siecle" o 10 de xaneiro de 1929, publicáronse máis de 200 millóns de libros coas súas aventuras en máis de 50 idiomas. 

A primeira aventura foi "Tintín nopaís dos soviets" (portada que vedes na fotografía) e aproximadamente durante un ano seguiron publicándose mo formato de serie, ata que, debido a súa popularidade , convertíronse en libro.

Durante a vida de Hergè publicáronse un total de 23 libros de Tintín. Un máis publicóuse despois de que morrera en 1983. Todos os anos véndense uns cuatro millóns de libros de Tintín no mundo.

¡Felicidades Tin Tin!

 

¡REGALOS! ¿ILUSIÓN?

¡REGALOS! ¿ILUSIÓN?

No día de hoxe, día de Reis, en case todas as casas prodigáronse os regalos. Regalos dos pais, dos avós, dos irmáns, dos padriños, ... ¡Regalos e máis regalos! ¡E eso que estamos en época de crise! No día de onte, as rúas estaban  ateigadas de xente, con presas, mercando os últimos agasallos, pero eses agasallos ou reis consumistas tiñan algunha ilusión?

ILUSIÓN, palabra que case desapereceu do noso vocabulario. Si, pois a maior parte dos regalos contamos con eles, veñen a paliar cousas que precisamos (que por outro lado aínda son prácticos), moitas veces repetitivos. Penso que os únicos que se libran desta situación son os máis pequenos que na noite pasada durmiron cun ollo aberto pensando que ían chegar os reis, eso si para traerlles o que eles xa pediran, polo que é unha ilusión a medias, unha ilusión de conseguir o que querías.

Moito cambiaron os tempos, para mellor, penso eu, pero non neste aspecto, o da ilusión, non só neste día de reis, senón na ilusión da vida, do traballo, do que teño que facer, etc.

Sobre este tema deixovos cunha naracción dunha persoa da miña casa, que fai os  seus pinitos literarios, que trata esta problemática. Espero que sexa do voso agrado e que serva  de reflexión sobre esa palabriña: A ILUSIÓN.

 

 

Unha lenda de Nadal

 

Dise que cada vez que un neno deixa de crer nos trasgos, un destes morre. Pois algo parecido sucede co Nadal.  Cada vez que un de nós, nenos e non tan nenos, deixa de crer nel, nos Reis Magos, ou na súa maxia… o Nadal, deixa de ter sentido.

A historia que vos vou contar non é máis que como a ilusión dun neno, puido facer que os seus soños se fixeran realidade. E grazas a outros nenos coma el, que o Nadal siga existindo:

 

Polo ermo camiño das Fontiñas o frío pousase sobre as molladas follas das árbores, e os refachos de vento moven as tellas e as ventás da casa de Marco.

Este inverno presentouse máis frío que de costume. Una gran nevada enchía tódalas herdades co seu branco manto… O Nadal estaba próximo.

Marco ten 7 anos, e a súa humilde familia vivía nunha vella casa afastada da montañosa vila das Cabanas. Os seus pais traballaban no campo, polo que máis ben era una familia con poucos recursos económicos, e xa facía varios anos nos que cada 6 de xaneiro non agardaban regalos baixo a árbore.

-“Mamá, ¿Por qué os Reis Magos nunca se lembran de nós, e non nos deixan regalos baixo a árbore?”- preguntaba.

-“Porque senón os camelos morrerían co frío, porque xa sabes que os camelos son de climas quentes”.

Polo que Marco razoaba: “¡Ah! Entón é por iso os nenos de Groenlandia teñen a Santa Claus para que lles traia regalos.”

A pesar de todo, cada ano, Marco escribía con gran ilusión a carta ás Súas Maxestades, fixese frío ou non. Xa facía 2 anos que seguía pedindo o mesmo regalo, un trineo de madeira. E cada ano, podía comprobar como non estaba ó carón da árbore. Malia todo, Marco nunca perdeu a esperanza de que algún día puidese ver cumprido o seu soño de poder xogar polos campos preto da súa casa co seu marabilloso trineo. Este ano non ía ser menos, e días antes da sinalada data, Marco comezou a escribir a súa carta.

A súa nai Elsa, admiraba a ilusión do seu fillo, pero sabía que un ano máis o seu soño non podería ser realidade. A situación económica estaba mal, e outra vez a seca árbore non tería regalos ós seus pés.

Os días foron pasando paseniño a paseniño de igual maneira que caían as folerpas de neve, e deste xeito chegou a véspera do día de Reis. Elsa xa fixera todo o posible para facerlle ver o seu fillo as dificultades que tiñan os Reis Magos para poder chegar a súa casa, pero aínda así o neno resistíase a crer o evidente:

-“Mamá, non digas iso, eu presinto que esta noite virán, sei que virán”.

-“Non fillo, non esperes gran cousa, será difícil, anuncian unha gran nevada esta noite”.

Nese mesmo intre, o pai entra pola porta:

-“¡Papá, papá! ¿A que esta noite virán os Reis e van traer o meu trineo? ¿A que si papá, a que si?”

O pai frunciu o ceño, e súa resposta no foi outra que a que supuña arrebatarlle a ilusión a un neno:

-“Non fillo, creo que xa van sendo horas de que medres. Vouche dicir unha verdade que pode que che doa, pero xa é tempo de sabela: Os Reis Magos non existen.”

O neno todo asustado replicou: “¡Non é mentira, non digas iso! ¿Mamá, a que está a mentindo?”

A nai calada, só foi capaz de asentir. Nese intre o pobre rapaz comprendeu o que pasaba, e decepcionado correu cara súa habitación mentres un mar de bágoas corría polas súas fazulas.  

Aquela noite foi triste para Marco, para el, ou para calquera outro neno ó que lle arrebatan a ilusión de tal xeito. Pero a pesar de todo, Marco non se deu por vencido, é como era costume nel, antes de deitarse baixou á cociña encher un barreño con auga para os camelos. Os nervios impedíanlle durmir a xeito. Xa era media noite, e as secas badaladas do reloxo da igrexa das Cabanas escoitábanse coma un rumor por mor do vento que zoaba naquela zona. Marco seguía na súa cama, quedo, somnolento, inmerso da escuridade da súa habitación. Naquel instante escoitou uns ruídos que proviñan da cociña, coma pasos. A emoción de Marco comezou a xurdir… pouco a pouco escoitaba como aqueles pasos aproximábanse cara o cuarto onde se atopaba a árbore. Marco xa non podía conterse máis, e dun chimpo baixou da cama e buliu escaleiras en baixo. Mentres baixaba podía ver coma un máxico resplandor diminuía na habitación onde se atopaba a árbore e con el, o ruído que antes escoitaba dende o seu cuarto. Refregando os ollos, alí estaba a ergueita figura do rapaz fronte a árbore, que non podía crer o que estaba contemplando, ¡o seu trineo estaba alí!

Rapidamente buliu escaleiras arriba para espertar ós seus pais:

-“¡¡Mamá, papá!! ¡¡O meu trineo, touxérono!! ¡¡Aquí está!!!

-“¿¡Pero que dis? ¡Ti  estás a durmir!

A incredulidade dos pais era igual ca do seu fillo. Non podían dar cabida ó sucedido.

-“Elsa, ¿fuches ti verdade?, ¡fuches ti quen o deixou baixo a árbore!

-“¡Non Tomás, non! ¡Eu non teño nada que ver! ¿Cando ía ir, se estiven toda a noite contigo?

É era certo. Algo máxico sucedera. Se ningún dos pais de Marco puxera o trineo alí, ¿quén ía ser?

 

Vela aquí está un exemplo máis do que a maxia do Nadal, a ilusión e o espírito destas datas pode chegar a facer. Sexades nenos ou non, nunca perdades a ilusión polos vosos soños. Quen sabe, se vos portades ben, igual a Súas Maxestades poñen da súa parte para poder cumprilos.

 

                                                                                                                              Koyumbaba

 

HUMOR: REIS E CRISE

HUMOR: REIS E CRISE

Nesta viñeta de Kiko publicada no Faro de Vigo (05/01/209) recóllese a problemática da crise, agudizada na costa de xaneiro, despois dos grandes gastos do Nadal.

¿REIS OU MAGOS?

¿REIS OU MAGOS?

Na nosa cultura o Nadal leva consigo aparellado tres figuras que acudiron a adorar a Xesus e leváronlle tres presentes: ouro, incenso e mirra. Esas figuras son os Reis Magos de Oriente.

Un semanal ligado a un periódico nacional "El Pais" facía hoxe unha reflexión sobre estas tres figuras, preguntándose: ¿Existiron realmente? ¿Eran homes ou mulleres? ¿Cantos eran? ¿Eran reis realmente ou non? ¿De onde eran? ¿Seguiron unha estrela?

Tratarei de describir os aspectos máis salientables desta reportaxe histórica de Luis Miguel Ariza.

1º  Na Biblia non se cita nin unha soa vez que eran reis. Os evanxeos falan "simbolicamente" de Magos, pero sen citar número e sexo. Investigando textos, as tradiciones antiguas suxiren que puideron existir ata doce. Foi o papa Leo o Grande (entre os anos 440 e 464 despois de Cristo) o que popularizou a idea de tres Magos", basándose nos tres regalos tan caros que trouxeron :ouro, incenso e mirra.

A procedencia non é clara. San Mateo refírese a eles como "magos"; un termo grego, magoi, que é o nome dunha tribu parta de orixe persa.

¿E a estrela? Se existise confirmaría unha teoría de que eran astrónomos ou astrólogos, polo interés premoritorio dese astro. Pero curiosamente cítase que o obxecto brillante no ceo aparece dúas veces (para ir a Xerusalen e para sinalar Belén). Supoñendo que os magos fosen persas, terían que recorrer 1.500 km e, contando cos medios de locomoción daquela época, tardaría entre 2 e 12 meses o que suxire que a estrela de Belén puido ser una nova (resultado  dunha explosión estelar) que durou uns dous meses e medio. Segundo outra teoría puido ser a conxunción dos planetas  Xupiter e Saturno. Os atrónomos babilónicos rexistraron esa aproximación que durou 11 meses.

Como vedes pouco claro en todos os aspectos. De calquera xeito segue a perdurar o número 3 (tanto no número de figuras como de regalos), que eran magos (posiblemente persas) con coñecementos astronómicos e que a luz procedía posiblemente da conxunción de Xúpiter e Saturno.

Se queredes ler o toda a reportaxe pincha en Seguindo a pista dos Reis Magos  

¡Maña será a noite de reis!

2009 :ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

2009 :ANO INTERNACIONAL DA ASTRONOMÍA

Nebulosa "Ollo de gato".

En 1609 (hai 400 anos) Galileo Galilei apuntou por primeira vez cara ao ceo cun telescopio. Esa é a razón pola que a UAI ( Unión Astronómica Inernacional) celebra este ano, recien estreado, o Ano Internacional da Astroniomía.

Xa conmentamos, hai días, iniciativas e eventos que se están levando a cabo. Nós iremos reseñando ao longo do ano móitas máis.

Como comenzo, quedémonos coa esta imaxe, gracias a esa máquina científica que temos no espazo, orbitando ao redor da Terra, cunha capacidade de ver o ceo cunha resolución incrible, comparable a distinguir, dende un quilómetro de distancia, dous puntiños separados medio milímetro un do outro: o telescopio espacial Hubble.

¡Bo ano astronómico para todos e todas!

FELIZ 2009

FELIZ 2009

 

Que o ano 2009 sexa venturoso para todos e todas

Unha aperta

VICTOR

INE

INE

O INE (Instituto Nacional de Estadística) acaba de publicar os datos de poboación con referencia a 1 de xaneiro de 2008. Os datos xerais que poden interesar son os seguintes:

España ......................... 46.157.822 habitantes

Galicia ..........................    2.784.169 habitantes

A Coruña .....................     1.139.121 habitantes

Lugo .............................        355.549 habitantes

Ourense .......................        336.099 habitantes

Pontevedra ..................        953.400 habitantes

 

A Guarda .....................          10.404 (48 máis que en 2007)

Varóns .........................              5.060 (40 máis que en 2007)

Mulleres .......................              5.344 (8 máis que en 2007)

 

Para consultar calquera outro dato pincha en INE

2008: UN SEGUNDO MÁIS

2008: UN SEGUNDO MÁIS

Reloxo Atómico de Praga

¡Por un segundo! Esta frase feita indica que non o conseguín por pouco tempo. Pois ben, neste ano, mellor dito o último minuto deste ano 2008, terá un segundo máis. ¿Por qué?

A razón é para correxir un pequeno erro entre os reloxos atómicos (inventados a mediados dos 50 e  baseados na oscilación dun átomo -xeralmente Cesio- que marca unha frecuencia, que multiplicada miles de millóns de veces, permite contar segundos) e o tempo astronómico (baseado na rotación da Terra).

Este segundo adicional (que é xa o vixesimo cuarto segundo engadido dende 1972, sendo o último en 2005) vai manter alieado o UTC (Tempo Universal Coordinado) e  as escalas astronómicas variables GTM (Tempo do Merdiando deGrrenwich).

¡Aproveitaremos ese tempo!