Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

ALEX

ALEX

O loro Alex  (Foto: Arlene Levin-Rowe)

Alex era un loro. Digo era, pois morreu no ano 2007 despois de 31 anos (pensade que viven entre 50 e 60 anos) a causa dun infarto. Ata aquí non deixaría de ser unha cousa normal, pero a noticia é que era anormal (fóra do corrente): Manexaba un vocabulario de 150 palabras, identificaba obxectos, números, cores e formas, chegando a desevolver unha intelixencia dun neno de 5 anos.

A súa profesora (psicóloga), Irene Pepperberg, escribíu un libro titulado "Alex e eu" no que  conta a vida deste loro, coas aprendizaxes mútuas. Por certo este libro é un grande éxito en ventas (Best-Seller) en Estados Unidos.

Segundo a opinión de Pepperberg "os loros son capaces non só de imitar, senón de razoar a un nivle básico e usar palabras creativamente"

¡Como vedes non era un loro normal!

INVERNO

INVERNO

 

Hoxe domingo, 21 de decembro, ás 13:04 horas, entrou oficialmente o inverno. Nel seguiremos ata o 20 de marzo de 2009 ás 11:44 horas en que entrará a primavera.

Tempo de frío. ¡É o que toca!

BOAS VACACIÓNS

BOAS VACACIÓNS

Quérovos desexar un bo Nadal para todos e todas. Que pasedes unha boas vacacións e que o novo ano 2009 sexa venturoso e cheo de felicidade.

Unha aperta.

VICTOR

ASTRONOMIA: DESCARGAS GRATIS

ASTRONOMIA: DESCARGAS GRATIS

O 27 de Outubro de 2006 a Unión Astronómica Internacional (UAI) anunciou a declaración pola UNESCO do ano 2009 como o Ano Internacional da Astronomía (AIA-IYA2009).

Entre outra iniciativas o Instituto Astronómico de Canarias (IAC) abre o proxecto ASTRO. Trátase poder descargar, para todos os públicos e totalmente gratis a partir de hoxe, imaxes do universo para móbiles e ordenadores. Imaxes coma un eclipse de Lúa no móbil ou de galaxias para salvapantaias do ordenador son algúns deses productos que podes ter á túa disposición  na páxina gratuíta do proxecto Astro: (www.astroparatodos.es).

Se queres acceder xa pincha en MOBIL E ORDENADOR.

 

AVES

AVES

A fundación BBVA e SEO / BirdLife acaban de editar unha guía multimedia de identificación de aves "Descubre as aves polos seus cantos", unha obra en formato electrónico que se distribuirá nos centros educativos, administracións, técnicos medioambientais, ornitólogos, xestores de espacios naturais e instructores co obxectivo de mellorar o coñecemento sobre as aves silvestres de España.

Se queres disfrutar desta obra podes facelo descargando Enciclopedia das aves de España

 

 

 

FOTOS PARA A HISTORIA III

FOTOS PARA A HISTORIA III

Charles Lindberg (Foto : LIFE)

Na fotografía aparece o aviador estadounidense Charles Augustus Lindbergh (1902-1974),  sendo o primeiro en cruzar o océano Atlántico, nun voo en solitario e sen escalas, entre Nueva York e París, a máis de 5.800 km de distancia.

O voo, nun  avión denominado Spirti of St. Louis, comenzou o 20 de maio de 1927 e durou 33 horas e 32 minutos.

FENÓMENO ASTRONÓMICO

FENÓMENO ASTRONÓMICO

 

Esta pasada noite producíuse un curioso fenómeno astronómico: A Lúa pasou por diante de Venus ocultando ese planeta.

Venus e Xúpiter son os dous astros máis brillantes do ceo e nestas noites están lucindo tanto no ceo que máis dun pensara que se moven, aproxímanse, afástanse, suben, baixan, ...

Podedes velos  trala  posta do Sol mirando cara o suroeste.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A SIDA

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A SIDA

Cartel deste ano, XX aniversario.

Dende 1988, o 1 de decembro conmemórase o Día Mundial da Sida.
Xa hai 20 anos que este día se adica á concienciación pública sobre a infección polo VIH. No ano 2001 todos os países do mundo prometeron deter a SIDA para o ano 2015.
A fin de logralo, todas as persoas temos que comprometernos tamén.
O lema proposto para este ano é: “ ACTÚA DETÉN a SIDA. UNIDOS PODEMOS”.
Ao mellor pensas que DETER  A SIDA é tarefa doutros/as pero UNIDOS PODEMOS evitar a propagación do VIH.

Só catro fluídos, o sangue, o seme, as secrecións vaxinais  e en menor medida, o leite materno das persoas infectadas teñen unha concentración suficiente de VIH como para transmitilo.
Ademais, para que se produza a infección é necesario que o VIH entre no organismo, e eso únicamente se produce cando estos fluídos entran en contacto co sangue ou as mucosas (revestimento do interior da boca, vaxina, pene ou recto) dunha persoa.

Hai moitas cousas que ti tamén podes facer no Día Mundial da Sida.

¡ Actúa !

Se queres termaís datos sobre este tema pincha en INFORMACIÓN SOBRE A SIDA