Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

CINE: MADAGASCAR 2

 

Por estas datas, todos os anos, chegan as películas adicadas, fundamentalmente a nenos e nenas (aínda que se camuflan moitos maiores). Son as denominadas películas do Nadal.

Hoxe, venres 28 de novembro, chega as pantaias de cine :"MADAGASCAR 2", dos directores Eric Darnell e Tom Macgrathr.

Trala primeira entrega, Alex e os seus amigos atópanse perdidos na illa de Madagascar (que como sabedes é unha nación insular,  situada no océano Índico do frente aá costa do continenete africano, á altura de Mozambique), pero continuan empeñados en  volver a Nueva York, á xunga de asfalto, onde o xove león é unha superestrela. Sen embargo, unha viaxe  algo accidentada transportará aos animais a outra xungla máis salvaxe, a de África.

Unha película animada para todos e todas. Aquí tedes un aperitivo, o seu tráiler. ¡A disfrutar!

FOTOS PARA A HISTORIA II

FOTOS PARA A HISTORIA II

Thomas Alva Edison (Foto: LIFE)

Nesta fotografía, publicada pola revista LIFE en 1878, aparece Thomas Alva Edison xunto ao seu primeiro fonógrafo.

Thomas Alva Edison (1847 - 1931) foi un dos máis famosos inventores americanos. Patentou 1.099 inventos durante a súa vida, tan variados como a lámpada incandescente, o fonógrafo ou o cinematógrafo entre outros moitos.

A VOLTAS CO TRATADO DE BOLONIA

A VOLTAS CO TRATADO DE BOLONIA

Seguramente "Bolonia" (cidade do norte de Italia, tamén chamada "a cidade vermella " pola cor dos seus tellados e fachadas) fíxose moi popular ultimamente e pronunciar esta palabra soa a conflicto estudiantil.

A verdade é que hai moito descoñecemento sobre a denominada Declaración de Bolonia (firmada en 1999 nesa cidade por 29 países na que se pretendía facer unha Unión Europea Universitaria).

No afan de porme ao día sobre este tema, pois son afectado indirecto xa que teño dúas fillas na universidade en diferentes estadios (curiosamente unha delas xa leva cursando 3 anos de carreira seguindo ese plan), atopei unha explicación clarísima nun artigo de Susana Pérez de Pablos que publicou o diario El País. No citado artigo fai un resumo do que é e o que non é Bolonia que paso a resumir.

SI é BOLONIA:

1. As ensinanzas deben estructurarsee en Grao, Máster e Doutorado en toda A Unión Europea. Firmaron esta declaración 29 países.

2.- O obxectivo é a homologación das titulacións en toda a UE cara a facilitar a mobilidade de estudantes e profesores.

3.- Outro dos fins é clarificar a formación recibida polos alumnos de toda Europa á hora de buscar un traballo non paises membros da Unión, polo que os tíutulos deben incluír un suplemento ao diploma no que se especifique con detalle o cursado polo alumno.

4.- As ensinanzas estructúranse en créditos, chamados ECTS, que se obteñen non só polas horas de clase, senón tamén polo traballo realizado fóra da aula.

5.- Establece principios xerais, non entra en detalles.

NON é BOLONIA:

1.- O cambio das titulacións para convertir as diplomaturas, licenciaturas e enxeñerías (que eran entre 3 e 5 anos) en carreiras de 4 anos para o Grao, 1 ou 2, no caso dos Máster. Esta é unha decisión do Goberno español. Na maioría dos países estableceron o Grao en 3 anos e o Máster en 2.

2.- A Declaración de Bolonia non fala de privatización da Universidade. Anima aos países a buscar mecanismos para invertir máis nela, pero non detalla cales.

3.- O prezo das taxas das matrículas decídeos cada comunidade autónoma en función do abano que aproba a Conferencia Xeral de Política Universitaria, vinculada ao Ministerio de Cinecia e Innovación.

4.- A aposta por un tipo de ensinanza pública ou privada non ten que ver con Bolonia. En España, a financiación depende das comunidades autónomas.

Espero que con estas poucas ideas teñamos máis claro este tema tan controvertido.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

 

Co gallo da celebración do DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, persentamos este vídeo formado por fotos da exposición do Instituto da Muller "18 segundos", na que o fotógrafo Iván Hidalgo, coa dirección artística de Alejandro Marcos, fai un alegato contra a violencia exercida contra as mulleres. Aparecen os retratos de 18 actrices, comunicadoras, deportistas e personaxes con recoñecemento público.

¡Temos que acabar con esto!

ESTA SEMANA TOCA ELECCIÓNS

ESTA SEMANA TOCA ELECCIÓNS

Esta semana, concretamente o próximo mércores 26 de novembro, celébrase a elección dos representantes dos alumnos-as no Consello Escolar do noso IES.

O Consello Escolar é o órgano propio de participación do Centro dos diferentes mebros da comunidade escolar. Está composto por profesores e profesoras, alumnos e alumnas, pais e nais de alumnos, representantes do Persoal de Administración e Servicios, do Concello e de Organizacións Empresariais. Entre outras, ten competencias para decicir sobre a admisión de alumnos, aprobar actividades extraescolares e complementarias que se densenvolvan no centro, presupostos, etc.

No sector de alumnos hai que cubrir 3 postos, para os que optan 5 candidaturas. Cada votante (todos e todas o sodes) marcarán un máximo de 2 nomes dos 5 que se presentan.

O horario de votación será de 9 a 11,50 e de 17 a 19 horas ante a mesa electoral constituída a tal efecto.

Neste mesmo día realizarase este mesmo proceso nos diferentes sectores da comunidade escolar.

¡Participa!

FOTOS PARA A HISTORIA

FOTOS PARA A HISTORIA

Foto: Revista LIFE

 Unha foto para a histotia, publicada pola revista LIFE , na que aperece o astronauta Buzz Aldrin (20-07-1969), no paseo lunar na compaña do seu compañeiro Neil Armstrong (vese precisamente o seu reflexo no casco de Aldrin). 

Armstrong foi o primeiro home que pisou a Lúa. Ambolos dous  saíron da Terra no famoso Apolo XI en compaña de M. Collíns que quedou orbitando ao redor da Lúa no módulo de mando.

¡Por certo, os tres volveron salvos á casa! Eso si, tivemos moitas controversias que aínda hoxe teñen preguntas ¿Estiveron realmente alí?

DÍA INTERNACIONAL DO NENO

DÍA INTERNACIONAL DO NENO

Hoxe, 20 de novembro, celébrase  o Día Internacional dos Dereitos do Neno ou Día Universal da Infancia co fin de recordar que un neno non é só un ser fráxil que necesita protección, senón tamén unha persoa e que ten o dereito a ser educado, coidado e protexido independentemente do lugar onde nacera. Pero tamén un  neno ten dereito a divertirse, a aprender a expresarse. Todos os nenos teñen o dereito a ir á escola, a recibir coidados médicos, e a limentarse para garantir un desenvolvemento en todos os aspectos.

 

 

MICKEY MOUSE: 80 ANOS

 

Mickey Mouse cumpre 80 anos. Chegou a pantaia en branco e negro e leva anos e anos divertindo a rapaces e rapazas de todo o mundo. Nun primeiro momento Disney chamouno Mortimer, pero a súa muller fíxolle cambiar de idea e definitivamente púxolle Mickey Mouse.

Neste pequeno vídeo vemos os diferentes formatos e evolucións deste personaxe.

¡Felicidades!