Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

TEMPO DE CASTAÑAS: REMATE

TEMPO DE CASTAÑAS: REMATE

Magostos nos arredores de Ourense (Cidade ao fondo)

Busquei con gañas hoxe, a imaxe  que se ofrece na fotografía e que corresponde a un magosto en Ourense, pois síntome con nostalxia de tal evento.

Lembro que, por motivos de estudos (pois non tiña instituto na miña loaclidade), en Ourense o 11 de novembro, San Martiño para máis datos, festa local, era ... algo ... inmerollorable. ¡Todos-as ao monte (como vedes, ainda hoxe, ao monte! ¡Castañas, chourizos, viño ( ou auga cando era moi novo), refrescos! ¡Unha pasada!  Todos xuntos, en  pandilla. Troula, compañeirismo. ¡Ideal!

Nós celebramos hoxe o magosto no noso centro. Estivo ben, pero para min falta algo. Levo 23 anos nesta localidade e, ¡mira que o levo intentadoo, pero non o conseguín! Igual tampouco teño que cambiar as costumes dos meus alumnos-as, pero lamentablemente son moito máis sensibles a outras como o "Carnaval" que non é o Entroido, etc , ¿por que será?

A miña conclusión é que temos que ser un pouco receptivas ás nosas costumes  e menos ás alleas, e entendo por elas ás que non son de Galicia.

De calquera xeito cada quen que faga o que lle pete.

TEMPO DE CASTAÑAS: UN CONTO

TEMPO DE CASTAÑAS: UN CONTO

 A CASTAÑA QUE ESTOUPOU COA RISA

 

 

Un día, xa hai anos, ían de camiño unha brasa de carbón, unha palla e unha castaña. Chegaron á beira dun río e non sabían como facer para atravesalo.

A castaña, que era moi lista, propuso o seguinte: como a palla pode flotar na agua, eu montareime enriba dela e nadando levarame á outra beira  e despois voltará a levarte a ti, dixo falando cara a brasa.

Como a idea pareceulles ben ás dúas, así se fixo. Primeiro a palla levou a castaña e despois voltou pola brasa. Pero cando estaban no medio do río, a palla sentíu que se estaba queimando coa calor da brasa e, de súpeto fixo un movemento brusco e dunha sacudida botóuna a auga.

Cando a castaña viu esto, deulle un ataque de risa, ríase tanto de vela brasa mollada, ríase con tanta forza que estoupou. A palla quedou na beira do río toda chamuscada. A brasa chegou máis tarde, tan molladiña que se apagou.

Estaban as dúas incomodadas coa castaña porque se estaba a rir mentras elas o pasaban mal, pero cando se decataron que coa risa lle reventara a tona e que estaba destrozada, sentiron lástima dela e foron buscar un xastre para que a remendase e lle recosese o burato.

O xastre só tiña un anaco de tea máis claro que o da tona da castaña e tivo que amañala poñéndolle un anaco desa cor. Por iso agora andan tóodas as castañas cun pedaciño de tona que parece un pouco máis claro.

 

TEMPO DE CASTAÑAS IV: A RECEITA

TEMPO DE CASTAÑAS IV: A RECEITA

Son moitas as receitas que, fundamentalmente ou como acompañamento, levan castañas. Hoxe pararémonos, penso eu, na xoia, na receta fundamental: O MARRÓN GLACE.

Ingredientes: 1/2 kg de castañas, 400 g de azucre, 1 vaina de vainilla ou no seu defecto 2 cucharadas de azucre avainillado.

Preparación: Fai un  pequeno corte nas castañas e ponas nunha pota con auga quente, escaldándoas durante 10 minutos. Pela as castañas quitándolle as peles que as recubre con moito coidado de que non rompan. Cóceas nun litro de auga ata que se atopen ben tenras (non sería mala idea metelas nunha rede pequena). Mentres tanto, prepara o almibar con 3/4 litros de auga, o azucre e a vainilla, nunha pota durante 15 minutos a medio lume. Engade as castañas (quitándoas da rede se a empregastes para cocer) e a lume lento  están a cocer durante outros 15 minutos. Saca a pota do lume e deixa reposar as castañas durante un día enteiro. Forra a bandexa do forno con papel especial e dispón as castañas sobre el. Estarán durante 20 minutos a 125 ºC ata que vexas que están ben secas. Despois de enfriar, disponas en cápsulas de papel e xa se poden servir. 

¡Bo proveito!

TEMPO DE CASTAÑAS III: A CASTAÑA

TEMPO DE CASTAÑAS III: A CASTAÑA

Falabamos o outro díado castiñeiro. Falaremos hoxe do seu froito: A CASTAÑA.

A castaña é un aquenio de 2,5-4 cm, globoso apuntado, cor castaña brillante. Agrúapanse xeralmente en número de 1-3, raramente máis, nunha cápsula (ourizo) de ata 10 cm., primeiro verde, logo acastañada, provista de longas espiñas, moi punzantes, cubertas de pelos finos e suaves, que se abre por 2-4 valvas na madurez. Madura entre setembro e novembro.

Ata a chegada da pataca, despois do descubremento de América (s. XV), a castaña constituíu a base da alimentación en Galicia, e en moitas zonas da Península Ibérica, chegando a súa presenza ata Andalucia.

No referente a súa composición, aseméllase máis a un cereal que a un froito seco, xa que contén menos graxas e ten maior cantidade de hidratos de carbono. Aproximadamente conten un 50 de auga. Contén 165 Kcal por 100 g.

A súa composición nutricional por cada 100 g de castañas son:

Hidratos de carbono

36,3 g

Proteínas

2 g

Fibra

5,5 g

Graxa

2,2 g

Calcio

145 mg

Fósforo

256 mg

Magnesio

234 mg

Sodio

1 mg

Potasio

710 mg

 As castañas son ricas en glúcidos (máis do 40 %), e conteñen pequenas cantidades, aínda que moi aproveitables, de grasa e proteínas, así como vitamias A, B e C e sales minerales. As súas propiedades máis interesantes son:

Aportan sustancias alcalinizantes, que neutralizan o exceso de ácidos no sangue e facilitan a súa eliminación pola orina, o que resulta especialmente útil ós que padecen reumatismo por exceso de ácido úrico (atritismo) e ós que consumen carne en abundancia.

 Ten moi baixo contido en sodio e elevada proporción de potasio, polo que resultan útiles nas dietas dos hipertensos e cardíacos.

Seguiremos falando deste tema. Será sobre o magosto.

 

 

 

 

TEEMPO DE CASTAÑAS II: HUMOR

TEEMPO DE CASTAÑAS II: HUMOR

Viñeta de O Carrabouxo (Xose Lois) no diario La Región do 3-11-08

As castañas, aínda que son moi ricas, teñen un problema os gases que xeneran despois de comidas. Sobre ese tema trata a viñeta que se recolle. ¡A postura dun dos contertulios é moi significante!

RAREZAS

RAREZAS

A tartaruga con dúas cabezas chamadas Tom (esquerda) e Jerry (dereita) están expostas na mostra Mundo dos Réptiles Anaconda en Halle (Saale), Alemaña.

¡Rarezas da natureza!

INFORME PLANETA VIVO

INFORME PLANETA VIVO

A organización WWF/Adena no seu último "Informe planeta vivo", que onte deuse a coñecer e que foi elaborado xunto coa Sociedade Zoolóxica de Londres e a Rede da Pegada Glogal pon de manifesto que no ano 2030 a humanidade necesitará dous planetas para manter o ritmo de vida que levamos. O noso planeta, seguindo así, no é capaz de abastecer aos seus habitantes.

O informe ten en conta dous factores: por un lado o índice planeta vivo (IPV) que reflicte a situación das especies animais como marcador da biodiversidade e por outro lado mídese a pegada ecolóxica, é dicir, o que cada habitante necesita para ter cubertas as súas necesidades.

Como dato, cada español consume tres veces por riba da capacidade biolóxica deste país.

Se queres coñecer polo miúdo este informe pincha en Informe Planeta Vivo

¡Algo haberá que facer!

 

GALICIA, CONSERVANDO A NATUREZA

GALICIA, CONSERVANDO A NATUREZA

Grupos 2º A e B de ESO no Centro Cultural

Entre os días 27 e 31 de outubro estase a celebrar no Centro Cultural do noso Concello unha Exposición Didáctica "Galicia, conservando a natureza".

A esposición que conta con 22 paneis, preténde que todos os galegos e galegas, e máis especialmente, os habitantes dos espazos naturais protexidos coñezan os principais valores ambientais e opatrimoniais que fixeron merecedores da protección aos diferentes espazos naturais.

Pero tamén pretende sensibilizarnos da importancia dos espazos naturais protexidos para a conservación da nosa biodiversidade, un patrimonio único e irrepetible, que temos a obriga de preservar para as futuras xeracións.

Os alumnos-as de 1º e 2º de ESO acudirán os días 28, 29, 30 e 31 e serán atendidos por un guía-monitor.

Está Organizada polaConcellería de Medio Ambiente do Concello de A Guarda e colaborou na organizacióón a nivel de Centro pola A21EG.