Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

CAMBIO DE HORA

CAMBIO DE HORA

Este domingo, mañá 26 de outubro,  toca cambiar a hora: de madrugada, cando o reloxio marque as 03:00 haberá que cambialo ata as 02:00. Remata o  horario de verán  e hai cumplir a directiva europea que rixe o cambio de hora. O obxectivo do cambio horario é aforrar enerxía en iluminación.

A medida, segundo as estimacións do Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía dependente de Industria, fará que aforremos un 5% del consumo eléctrico en iluminación, o que equivale a uns 300 millóns de euros.

¡E son moitos cartos!  ¿Merce a pena?  ¡! ¿?

¡FELICIDADES AGUSTÍN!

¡FELICIDADES AGUSTÍN!

Agustín Fernández Paz  (Vilalba-Lugo. 1947)

Agustín Fernández Paz  foi onte galardoado co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente ao ano 2008 pola súa  obra "O único que queda é o amor".

Seguro que moitos o lembrades, pois o curso pasado estivo dando unha charla no noso centro. Eu tíveno como ponente-profesor en varios cursos de normalización lingüística. Moitos dos seus libros foron libros de lectura de aula dos meus alumnos-as.

¡Moitas felicidades!

 

HUMOR: A CRISE II

HUMOR: A CRISE II

A CRISE, esa palabra que a todos alarma. Aquí temos a visión, en clave de humor, que fai "O Carrabouxo" (Xosé Lois González Vázquez) na súa viñeta do xornal La Región do pasado 15/10/2008.

LINGUA AZUL

LINGUA AZUL

Nestes últimos días estase a falar nos medios de comunicación dunha enfermidade animal denominada lingua azul. ¿Pero que é?

A lingua azul (LA) é unha enfermidade non contaxiosa, de etioloxía viral que afecta aos ovinos, caprinos, bovinos e algúns rumiantes silvestres. É transmitida principalmente por picaduras de insectos atrópodos hematófagos do xénero Culicoides.

A enfermidade caracterízase por producir procesos febriles con inflamación catarral nas mucosas respiratorias e dixestivas, inflamación nas bandas coronarias e láminas sensibles nas pezuñas, así como tamén dexeneración muscular.

A duración do período de incubación da enfermidade é de 7 a 10 días nas ovellas e de 40 nos bovinos.

Non hai ningún tratamento para esta enfermidade. A recuperación dos animais afectados poderá ser axudado por suministro de sombra, auga comida e refuxío. De calquera xeito tamén actuarase de acordo coa profilaxe médica: cuarentenas en zonas non afectadas e vacinacións.

A lingua azul non é unha zoonosis, non afectando aos productos que se comercializan das especies bovina, ovina e caprina. Esencialmente trátase dun problema económico das gandeirías afectadas que se enmarca dentro da sanidade animal e non a humana.

CHEGA O OUTONO

CHEGA O OUTONO

O verán remata e comenza o outono. Este cambio de estación sucede sempre no equinoccio de outono (momento no que o Sol se atopa no seu segundo paso anual polo ecuador celeste).

A palabra equinoccio provén de "equi=igual" e "nocio=noite". É dicir que o día e a noite teñen a mesma duración.

O equinoccio de outono sucederá hoxe día 22 de setembro ás 17:44 horas CET (hora peninsular española).

Só nos equinoccios o Sol sae exactamente polo leste e ponse polo oeste. O resto do ano a saísa do Sol difire un chisco.

MELAMINA

MELAMINA

Nestes últimos días, todos os medios de comunicación, publican a noticia da leite tóxica posta a venda en China. Ao parecer a toxicidade ven dada pola melamina.

¿Pero que é a melamina?

A melamina é un composto orgánico (C3H6N6), quimicamente coñecida como 2,4,6-triamino-1,3,5-triazina. En estado natural forma un sólido branco e é levemente soluble en auga. Como resina emprégase como adhesivo para facer madeira aglomerada para mobles.

Polo seu elevado contido en nitróxeno empregase fraudulentamente, coma neste caso que comentamos, para adulterar alimentos, simulando ter maior contido proteio, facéndoo tóxico. Lévase detectado a súa presenza en  leite, xelados e iogures.

Xa hai moitos mortos e parece que as autoridades tomaron cartas no asunto.

REMATAN OS XOGOS PARALÍMPICOS

REMATAN OS XOGOS PARALÍMPICOS

Pekín clausura os XIII Xogos Paralímpicos da era moderna, con un gran éxito na participación e nos resultados. China, con 211 medallas,  volve  ser a raíña indiscutible dun medalleiro no que España rematou entre as dez primeiras potencias mundiais.

 ESPAÑA: 58 (15 ouros, 21 pratas, 22 bronces)

Os dous deportistas galegos que participaron (os nadadores Sebastián ’Chano’ Rodríguez e Pablo Cimadevila)  lograron seis medallas, dúas de prata e dúas de bronce para o primeiro e dúas de bronce para o segundo.

¡Felicidades a todas e todas! ¡Sodes uns fenómenos!

Agora haberá que esperar ata o 2012 en Londres (Reino Unido).

VOLVEN OS COGOMELOS

VOLVEN OS COGOMELOS

Xa están aqui un ano máis. Despois das últimas chuvias voltan os cogomelos. A verdade é que o ano pasado foi un verdadeiro desastre polo tempo seco, pero este ano promete.

No día de onte tomei esta fotografía no concello de O Rosal. Nela aprecaimos unhos rovellós ou níscalos (lactarius deliciosus) de bo tamaño. No lugar en cuestión había boa cantidade aínda que a maior parte xa pasados. Pero bueno, é un bo comenzo.

Por certo o mundo da micoloxía e fascinante, pero perigoso. Cando imos ao monte sempre cunha persoa que coñeza ben as especies a recolectar. En caso se dúbida tirar ou levar para a casa, separadas do resto, para o seu estudo. Nunca arrancar, sempre cortar. Levar cesta, non bolsa de plástico.

E sen non colledes nada, non pasa nada, pois o paseo e o contacto coa natureza xa mereceu a pena.