Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR ECOLÓXICO GALEGO

HUMOR ECOLÓXICO GALEGO

Viñeta de Pinto & Chinto (La Voz de Galicia 8/9/2008)

XOGOS PARALÍMPICOS

XOGOS PARALÍMPICOS

Están a piques de empezar as outras olimpiadas, as que pasan máis desapercibidas, pero non por eso menos importantes. Son as paralimpiadas. Esta é a edición  13 xogos paralímpicos de verán.

Máis de 4.000 deportistas procedentes de todo o mundo, entre eles 133 españois, danse cita en Pekín entre o 6 e o 17 de setembro.

"O Ceo, a Terra e os Seres Humanos" é o emblema destes xogos, que inclúe unha figura estilizada dun deportista en movemento, implicando o tremendo esforzo que unha persoa discapacitada ten que facer no deporte igual que na vida real.

Nos 12 xogos anteriores España acadou un total de 519 medallas, 176 delas de ouro, 168 de prata e 175 de bronce. Esperemos que este número véxase incrementado notoriamente nesta edición.

Espero que todos sigamos estes xogos igual que seguimos os xogos olímpicos do mes de agosto.

Para estar ao día, toda a información tela en XOGOS PARALÍMPICOS

FRACASO ESCOLAR

FRACASO ESCOLAR

Fonte FARO DE VIGO (4/9/2008)

Estamos en época de estadísticas e análise de resultados escolares. Mañá moitos alumnos-as do noso IES recibirán os resultados de setembro e os datos reflictirán, con toda seguridade, un fenómeno galopante: O FRACASO ESCOLAR.

No día de hoxe, os xornais facíanse eco desta problemática co seguinte titular: O  FRACASO ESCOLAR AUMENTA EN GALICIA E XA AFECTA AO 25% DOS ESTUDIANTES.

E é un feito. Os datos son os que son. Pero fagamos unha pequena análise dos mesmos. Un de cada catro estudiantes galegos están dentro dese grupo. Galicia, non obstante, é a sexta comunidade con menos fracaso. Por sexos, as mulleres, non teñen tanto fracaso coma os homes, case a metade.

¿ E por que? Seguramente por un cúmulo de circunstancias e difrentes en cada caso: Falta de interese e estudo, obrigatoriedade ata os 16 anos, fracaso escolar e falta de base xa en primaria, idade problemática, centro escolar, profesorado, pouca preocupación dos pais, etc.

Todos temos seguramente algunha parte de culpa e todos temos que poñer o noso gran de area pois esto hai que solucionalo. Temos que pensar estamos procurando unha xeneración que vai rexer os destinos deste pais dentro duns anos. O futuro é deles e eles teñen que ir cunha preparación básica competente para facer fronte ao futuro.

Unha reflexión profunda que pais, alumnos, profesores e administración teñen que facer moi seriamente.

O AVE EN CLAVE DE HUMOR

O AVE EN CLAVE DE HUMOR

Viñeta de O CARRABOUXO (La Región 01/09/2008)

EN MAIO PROBA DE NIVEL EN 2º E.S.O

EN MAIO PROBA DE NIVEL EN 2º E.S.O

No curso que estamos a piques de empezar, 2008-2009 entra en vigor unha das novidades da Lei Orgánica de Educación (LOE ), que inclúe unha avaliación das competencias básicas do alumnado en dous cursos, cuarto de primaria e segundo de secundaria.

Moitos descoñeceredes o termo de competencia básica. Imos intentar aclaralo: 

Competencia básica é a capacidade de poñer en práctica  de forma integrada, en contexto e situacións diversos, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais adquiridas, é dicir que inclúe por un lado os saberes, as habilidades e as actitudes pero vai máis alá do saber e do saber facer, indo ao saber ser ou estar.

Establécense 8 competencias básicas:

1. Competencia en comunicación lingüística.

2. Competencia matemática.

3. Competencia no coñecemento e na integración  co mundo físico.

4. Tratamemnto da información e competencia dixital.

5. Competencia social e cidadá.

6. Competencia cultural e artística.

7. Competencia para aprender a aprender.

8. Autonomía e iniciativa persoal.

Nas distintas materias  do curriculo da ESO deben buscar os referentes que permitan o desenvolvemento e adquisición  desas competencias básica. É dicir todas as materias teñen que axudar a conseguilas. Por exemplo, en matemáticas non só se tratar a competencia básica 2 (competencia matemática), trabállanse todas, para axudar a conseguilas co resto das materias.   

Pois ven, en maio os alumnos de 2º de ESO terán unha proba de nivel das competencias básicas das materias de Matemáticas e Lingua. Será unha proba censal, é dicir, participará todo o alumnado do curso 2º ESO, sexan de centros públicos, concertados ou privados. Consistirán en preguntas tipo test, tanto semiabiertas como abertas.  Estas probas servirán para coñecer como respira o sistema educativo e propor cambios para melloralo. Unha vez coñecida a avaliación, cada colexio terá que tomar as medidas oportunas para mellorar as competencias do seu alumnado nesas materias.

 

 

 

 

SINAL-CONSELLO

SINAL-CONSELLO

Nunha das rúas do pobo, nun cruce preto dun centro de ensino atópase  esta sinal que alerta  dunha escola e o perigo dos cativos na entrada e saída do mesmo. Pero  póde observarse unha adicatoria no fondo da mesma: NO IR. Pódese establecer unha serie de hipóteses sobre a citada mensaxe.

Unha mala experiencia nese centro concreto. Unha mala experiencia escolar en xeral. Un resultado a longo prazo negativo (non lle servíu para o que el ou ela pensaba que lle iba a servir).De calquera xeito o autor ou autora non éra un neno pois está a unha certa altura.

A verdade é que os estudos moitas veces non certifica automaticamente un bo traballo. Por desgraza vemos moitas persoas con grandes carreiras nas listas do paro. Pola contra debemos de pensar que a cultura é fundamental. Unha persoa sen cultura pode ser enganada facilmente e normalmente está relegada aos peores postos de traballo e a unha consideración moi baixa. Non significa esto que todos e todas teñan que ir á universidade. Cada un debe facer a mellor escolla, pero o que si temos que  facer é aproveitar mínimimamente os estudos obrigatorios que nos darán unha cultura básica e elemental. Despois cada un que tome a súa decisión.

BALANCE

BALANCE

Os xogos olímpicos 2008 acaban de rematar e é hora de facer balance en todos os aspectos dos mesmos.

No aspecto deportivo , España acadou no medalleiro o posto 14, con 18 medallas distribuídas do seguinte xeito:

OURO

PRATA

BRONCE

 5

10 

 3

 

Comparativamente cos anteriores, celebrados en Atenas 2004, obtivemos unha medalla menos, quedando lonxe das 22 de Barcelona 1992.

Os galegos que participaron obtiveron resultados dispares pero en conxunto moi satisfactorios: 2 ouros, 2 platas e 5 diplomas olímpicos.

Dende o punto de vista organizativo, perfecto. Hai que recoñecer que fixeron un bo traballo. A fastuosidade e a precisión foron a tónica dominante en todos os xogos olímpicos, máis evidentes nos actos de inaguraciíon e clausura.

 Dende o punto de vista tecnolóxico, foi grandioso. Como dato indicar que foron capaces de manipular o clima, evitando así que chovera durante os actos de clausura. Para conseguilo empregaron cohetes cargados de diatomita (producto químico secante).

Dende o punto de vista cultural China abríuse ao mundo e o mundo coñeceu a China e a súa cultura. É un paso moi importante.

Dende o punto humano, pouco, moi pouco. China segue a estar cuestionada no respecto polos dereitos humanos, pola liberdade política. As xogos olímpicos remataron  pero os chinos teñen que seguir facendo verdadeiros maratóns diarios para saír  adiante. A maior parte dos chinos non tiveron xogos olímpicos. Os xogos olímpicos foron para o mundo non para os chinos. Esperemos que pouco a pouco piodan conseguir eso que outros xa temos : a liberdade.

E agora a esperar ata dentro de 4 anos: 2012 LONDRES. Moito teñen que traballar os británicos para mellorar a Pekín.

Durante algún tempo seguirá activo o enlace destes xogos para que poidades consultar calquera aspecto dos mesmos. Lembrade que é XOGOS OLÍMPICOS-PEKÍN

O SANTO CRISTO

O SANTO CRISTO

Para rematar o noso paseo por Ourense ou cidade das Burgas, imos falar do Santo Cristo.

O Santo Cristo é unha imaxe gótica que representa a un Cristo moribundo, de corpo enfermo, agotado e marcado polo seu grande realismo (pelo e barba son naturais, o que deu lugar á crenza popular de que lle medran). Outra tradición, revela que no interior da chaga atopase un anaco de corda coa que o ataron, o que o convertiría nunha imaxe de relicario.

O Bispo Pérez Mariño trouxo a imaxe de Fisterra no século XIV, que foi realizada segundo a lenda, por Nicodemus e que foi recollida por uns mariñeiros no mar.

A imaxe sufríu diversas reformas ao longo dos tempos, sendo importantes ás de 1741, na que o pintor Sobreira arranxoulle os pes e os brazos e as de 1779 e 1808.

Atopase situada na capela do mesmo nome (do século XVI e ampliada no século XVII cun segundo corpo) que ten dous corpos e un impresionante retablo baldaquino (obra de Domingo de Andrade,o mesmo que realizou o de Santiago). Asi mesmo a capela forma parte da catedral de Ourense, a expresión máis importante do románico de España xunto á Catedral de Santiago. Construída ao longo dos sécuos XII eXIII. Planta de cruz latina. A fachada principal esta formada por tres portadas románicas, arcadas de medio punto. A fachada sur ten catro arquivoltas sobre columnas de fuste liso e a torre do reloxo do século XVI, na fachada norte pódese apreciar unha mestura dos estilos gótico e románico.

Xa sabedes, cando pasedes por Ourense non dubidedes visitar estes tres lugares tan importantes: As Burgas, a Ponte e o Santo Cristo.