SINAL-CONSELLO
Nunha das rúas do pobo, nun cruce preto dun centro de ensino atópase esta sinal que alerta dunha escola e o perigo dos cativos na entrada e saída do mesmo. Pero póde observarse unha adicatoria no fondo da mesma: NO IR. Pódese establecer unha serie de hipóteses sobre a citada mensaxe.
Unha mala experiencia nese centro concreto. Unha mala experiencia escolar en xeral. Un resultado a longo prazo negativo (non lle servíu para o que el ou ela pensaba que lle iba a servir).De calquera xeito o autor ou autora non éra un neno pois está a unha certa altura.
A verdade é que os estudos moitas veces non certifica automaticamente un bo traballo. Por desgraza vemos moitas persoas con grandes carreiras nas listas do paro. Pola contra debemos de pensar que a cultura é fundamental. Unha persoa sen cultura pode ser enganada facilmente e normalmente está relegada aos peores postos de traballo e a unha consideración moi baixa. Non significa esto que todos e todas teñan que ir á universidade. Cada un debe facer a mellor escolla, pero o que si temos que facer é aproveitar mínimimamente os estudos obrigatorios que nos darán unha cultura básica e elemental. Despois cada un que tome a súa decisión.
0 comentarios