Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR: A CRISE

HUMOR: A CRISE

Viñeta de DAVILA (Faro de Vigo 22/08/2008)

A PONTE

A PONTE

A "Ponte Vella" sobre o Miño ao seu paso por Ourense

Tal como prometín, imos coa segunda cousa que hai en Ourense e que non hai en España: A Ponte sobre o río Míño, mellor dito a Ponte Romana, pois non será por pontes en Ourense sobre o Miño.

É de orixe romano, da época de Trajano, aínda que as características constructivas sitúano nos tempos de Augusto (século I); desa época só quedan os pilares. Daquela a calzada número 18, segundo o el Itinerario de Antonino, que unía as cidades de Braga (antiga Bracara Augusta e entón capital da Gallaecia) e Lugo (Lucus Augusti) pasaba por esta ponte.

O tamaño do seu arco central orixina constantes situacións de ruínas que provocan moitas reconstruccións que foron variando a estructura primitiva: século XIII polo Bispo Lorenzo (dándolle o perfil do actual arco central apuntado e rampas), século XVII por Melchor de Velasco (reparación definitiva), século XIX (eliminación da última das torres).

Foi declarado Monumento Histórico-Artístico Nacional en 1961. Recibíu varios nomes, sendo a actual a de "Ponte Vella".

Actualmente A Ponte Vella consta de 7 arcos (dos 11 primitivos), mide 370 metros de longo e o arco central ten 43 metros de ancho por 38 de alto.

En próximos días achegarémonos á terceira cousa: O Santo Cristo.

AS BURGAS

AS BURGAS

Hai uns días, paseando por Ourense, pasei preto das Burgas. Veume á cabeza aquel dito popular: "Tres cousas hai en Ourense que non hai en España: O Santo Cristo, a Ponte Romana e as Burgas fervendo a auga". Quero hoxe darvos acoñecer un deses lugares: As Burgas.

As burgas son uns manatiais de auga que brotan a unha temperatura entre 64 e 68 ºC e cun caudal de 300 litros por minuto. Son augas mineromedicinais recomendadas para problemas de pel, reuma e artritis.

Estas aguas proceden das fracturas do terreo que permiten que a auga da chuvia se filtre a gran profundidade (2,5 - 3 km) que ademais de adquirir os minerais aumenta a súa temperatura no descenso. Aínda que a lenda di que teñen a súa orixe nun volcán situado baixo a ciudade de Ourense, ou, para os máis relixiosos, que nacen debaixo dos pés do Santo Cristo da Catedral.

As Burgas consta de tres partes: A Burga de Abaixo, que corresponde a fotografía que vos amoso, fonte de estilo neoclásico, deseñado polo arquitecto Trillo a mediados do século XIX, que consta de tres corpos, cada un co seu cano, o central máis elevado e absidiado. Nos arredores hai un xardín de mediados do século XX.

Ascendendo, atópase e unha esplanada ampla centrada por un estanque con dúas esculturas.

Finalmente na parte superior atópase A Burga de Arriba, fonte de estilo popular do século XVII. Nese mesmo lugar hai e unha réplica de catro aras atopadas da cidade que testemuñan a presencia romana en Ourense.

Outro día falareivos da Ponte.

EDUCACIÓN: RATIO ESCOLAR

EDUCACIÓN: RATIO ESCOLAR

Segundo un informe do MEC (Ministerio de Educación e Ciencia) feito público no pasado xullo e que Galicia presenta as estatísticas máis favorables de toda España en canto á ratio escolar ( número de alumnos por aula). As galegas son as clases menos masificadas, polo que a atención aos escolares é, polo menos na teoría, das máis personalizadas e individualizadas de España.

En función das distintas etapas educativas, a comunidade está no primeiro, segundo ou terceiro posto cun número menor de estudantes.  No caso de educación infantil sitúase á cabeza, con só 18,3 nenos por clase. En primaria, o número de escolares por clase baixa ata os 17,7 de media. En secundaria a cociente por aula está en 20,6 mentres que en bacharelato tamén se sitúa no segundo posto con 20,5 alumnos por clase.

O que si é común a todas as comunidades, segundo o citado informe, foi que no curso 2007-2008 os centros privados e concertados presentan unha maior masificación que os públicos. O 28,3% dos nenos estudan en Galicia nun centro privado concertado, unha porcentaxe que ascende sobre todo na segunda etapa de infantil (de tres a seis anos).

Se Galicia caracterízase por ter aulas semivacías nalgunhas ocasións, é lóxico pensar que os seus colexios tampouco albergan un número inxente de alumnos. Segundo o informe do  MEC, o cociente de estudantes por colexio é de 211,4, a máis baixa de España.

A pesar do positivo da educación máis personalizada ao ter menos alumnos por clase, as cifras revelan tamén que Galicia segue perdendo escolares debido á caída demográfica. Segundo o Instituto Galego de Estatística, o curso pasado matriculáronse 367.659 escolares, 4.167 menos que o anterior, cando houbo xa sete mil menos que xusto un ano antes. Fai só un decenio había en Galicia medio millón de alumnos. En canto ao número de profesores Galicia supera os 36.700.

HUMOR OLÍPICO

HUMOR OLÍPICO

Viñeta de O Carrabouxo (La Región 10/08/2008)

¡NON É O CASTRO DO TREGA!

¡NON É O CASTRO DO TREGA!

Levo vivindo na Guarda dende o 1 de setembro do ano 1984, é dicir vai cumplir 24 anos, case a metade da miña vida. Dous referentes deste pobo son o mar e o monte Santa Trega, onde hai un dos castros máis grandes de galicia. Onde eu nacín, e onde aínda teño aos meus pais, lugar chamado Freás, do Concello de Punxín, na provincia de Ourense, tamén temos un castro, que por certo non ten menos mérito que o que temos na Guarda. Eu diría máis, é de dimensións iguais ou superiores. Trátase do castro de San Ciprián de Lás ou da Cidade. Quérovos contar algo sobre o mesmo.

O Castro de San Ciprián de Lás, atópase nunha pequena elevación de 473 msnm, terreo que pertence aos concellos de Punxín e San Amaro, a 18 quilómetros da cidade de Ourense.

O castro divídese en dous recintos amurallados de forma elíptica case concéntricos, cun  lixeiro alongamento no eixo NE-SW, cunhas dimensións de 294 m do eixe E-W e de 420 m do eixe maior. Deste  xeito, a superficie intramurallas é de 95.900 m², distribuidos en 8.750 m² de acrópolis y 87.150 m² de anteacrópolis. Entre ambas murallas hai un foso.

A súa ocupación continuada  abarca dende o éculo II a. C. ata o século II , e con posibles ocupacións esporádicas máis tardías. As excavacións comenzaron polo ano 1922 e nelas traballaron Florentino López Cuevillas, Xaquín Lourenzo entre outros. Na actualidade estase a construír un Centro de Interpretación da Cultura Castrexa. Mentres non se remate esta obra a maior parte dos achádegos atópanse no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Nas súas inmediacións atopouse, curiosamente facendo un campo de fútbol, un xacemento paleolítico.

Se algunha vez pasades por Ourense, polo Ribeiro, non dubidedes en achegarvos ata alí e comprobaredes que as súas dimensión son colosais, así como o estado de mantemento en que se atopa, podendo pasear polas súas rúas, divisar ata moi lonxe dende as torres das súas murallas, etc.

¡Algo digno e ver! Por certo, non quero quiralle mérito ao castro do Trega.

CUMPREANOS

CUMPREANOS

Hoxe, 5 de agosto, cumpre este blog un ano. Tal día comoa hoxe publicaba o primeiro artigo. Dende entón moitos fostes os que contactastes conmigo. A verdade é que nunca se me pasou pola cabeza que fose tanta xente, pero aquí están os números:

Páxinas vistas: 5.647             

Media de páxinas vistas ao mes : 498                             

Número de arigos: 350

Temas: 8 

Enlaces:  10

MES

PÁXINAS VISTAS

ARTIGOS

AGOSTO 2008

59

4

XULLO 2008

301

27

XUÑO 2008

1204

27

MAIO 2008

611

26

ABRIL 2008

479

38

MARZO 2008

428

34

FEBREIRO 2008

572

40

XANEIRO 2008

279

40

DECEMBRO 2007

314

21

NOVEMBRO 2007

438

33

OUTUBRO 2007

498

31

SETEMBRO 2007

345

25

AGOSTO 2007

110

5

 Este blog naceu coa idea de establecer unha canle, en primeiro lugar, cos meus alumnos-as e, en segundo lugar, con calquera que se interes polo mundo das Ciencias Naturais.

Moitos dos meus visistantes son alumnos-as interesados, fundamentalmente, en coñecer case a tempo real a súa marcha escolar (DÍA A DÍA), coñecer comunicados e noticias do noso centro e como non  outro conxunto de noticias, a maioría, relacionadas co mundo da Ciencia. Un apartado pequeno sempre adiquei a transmitir as miñas impresións e vivencias para aqueles que se poidan identificar con elas.

Un segundo grupo de visitantes son, antigos alumnos-as, compañeiros de profesión e persoas anónimas que na maioría dos casos chegaron a este blog buceando na rede.

A todos grazas e espero seguir contando con vós, pois do contario non tería sentido este blog. Eso si, disculpade moitas cousas pero eu non son profesional deste mundo da informática e teño limitacións, aínda que estou na senda de mellorar.

¡Unha aperta a todos e a todas!

PLANTAS DESALADORAS

PLANTAS DESALADORAS

Planta de Ashkelon (Israel), a miIor planta desaladora do mundo mediante ósmosis inversa, cunha capacidade de producción de 320.000 m3/día, construída por Veolia Water Solutions & Technologies .

Neste ano, sobre todo nos meses de sequía, falouse das plantas desaladoras como unha das solucións para abastecemento das zonas costeiras. A primeira planta desaladora en España ubicouse en Lanzarote en 1965.

As plantas desaladoras tamén presentan inconvintes. No proceso de extracción do sal prodúcense residuos salinos e substancias contaminantes que poden prexudicar á flora e á fauna. Tamén, supón un custo elevado de consumo eléctrico. Co fin de evitalo, actualmente estanse a realizar estudios para construir plantas desaladoras máis competitivas, menos contaminantes e que empreguen fontes de enerxía renovables.

Se queres coñecer o funcionamento dunha planta deste tipo, pincha neste gráfico interactivo ASÍ FUNCIONA UNHA PLANTA DESALADORA