AXUDAR OU NON AOS NENOS NAS TAREFAS ESCOLARES
O xenial Davila (Luis Davila, Pontevedra-1972) apunta certeiramente na súa viñeta de hoxe no xornal Faro de Vigo, ao relacionar a neve que hoxe está a caer en todo o país co estreo da serie nunha cadea de televisón que le a por título "Fariña", basada no libro co mesmo título sobre o narcotráfico galego dos anos oitenta e que foi prohibido pola xuíz Alejandra Pontana quen adoptou esta medida a petición do exalcalde do Grove (Pontevedra) José Alfredo Bea Gondar, quen demandou en xaneiro ao autor Nacho Carretero e a editorial Libros do KO por suposta vulneración do seu dereito á honra.
Nunca unha prohibición fixo tanta propaganda!
Son moitos os que reflexionan e propoñen melloras na educación, pero non tantos os que pode falar dende a experiencia. Richard Gerver é un deles. Premio nacional de ensino e mellor director de escola do Reino Unido, Gerver está considerado como un dos líderes educativos máis innovadores e inspiradores do noso tempo. A súa visión sobre a educación e o potencial humano foi solicitada en múltiples ocasións por organizacións de todo o mundo e numerosos deportistas de elite. É autor de libros como “Crear hoxe a escola do mañá”,"A educación e o futuro dos nosos fillos” e “Simple Thinking”. Para este Doutor en educación, profesor e escritor, a clave da educación é "axudar aos nenos para atopar o que lles apaixona”.