Blogia
vgomez

OPINIÓN E COMENTARIO

HUMOR REAL: A FACTURA DA LUZ

HUMOR REAL: A FACTURA DA LUZ

 

Coma sempre o xenial Gogue, na súa viñeta do xornal Faro de Vigo de hoxe, incide to tema estrela destes días: a factura da luz.

Incrible o que estamos a pagar e iso que en Galicia producios enerxía a esgalla: termicas, centrais hidroeléctricas, aeroxeradores...

A seguir cantando para que chova! Así cumprirase o anuncio do novo home do tempo enerxético: o presidente do goberno.

Unha pena!

CINE: "LION"

CINE: "LION"

Cartel da película / Imaxe: labutaca.net

fin de semana chega aos cines a película LION. Basada en feitos reais, é unha adapatación da novela A Long Way Home de Saroo Brierley. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Lion

Ano: 2016

Xénero: Biográfica. Drama

Duración: 120 min.

País: Australia

Produtora: Coproduccion Australia-GB-USA; See-Saw Films / Screen Australia / Sunstar Entertainment / Weinstein Company

Director: Garth Davis

Guión: Luke Davies

Música: Volker Bertelmann, Dustin O’Halloran

Fotografía: Greig Fraser

Reparto:Dev Patel, Sunny Pawar, Nicole Kidman, Rooney Mara, David Wenham, Nawazuddin Siddiqui, Tannishtha Chatterjee, Deepti Naval, Priyanka Bose, Divian Ladwa

Sinopse:Saroo é un neno indio que vive na extrema pobreza coa súa nai e o seu irmán na cidade de Calcuta. Con tan só 5 anos, sepárase accidentalmente da súa familia nunha estación de tren e pérdese a miles de quilómetros da súa casa. Despois de vivir durante algún tempo na rúa e enfrontarse a numerosos desafíos, Saroo é adoptado por unha parella australiana, Sue e John Brierley. Desde entón, vive en Australia e crece rodeado dunha cultura diferente, lonxe das súas orixes. Vinte e cinco anos despois, o mozo decide localizar á súa verdadeira familia, embarcándose así nunha difícil viaxe cara ao seu pasado.

Conmovedora!

CINE: "ROUGE ONE: UNHA HISTORIA DE STAR WARS"

CINE: "ROUGE ONE: UNHA HISTORIA DE STAR WARS"

Cartel da palícula / Imaxe: Golem13

Esta fin de semana chega aos cines unha nova entrega da saga Star Wars ambientada entre os episodios III e IV: Rogue One: Unha historia de Star Wars.

Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Rogue One: A Star Wars Story

País: EEUU

Ano: 2016

Duración: 133 min.

Xénero: Ciencia ficción

Dirección: Gareth Edwards

Guión: Chris Weitz, Tony Gilroy

Productora: Walt Disney Pictures, Lucasfilm

Distribuidora: Walt Disney Studios Motion Pictures

Compositor da música orixinal: Alexandre Desplat

Música: Michael Giacchino

Imaxe: Greig Fraser

Reparto: Felicity Jones, Mads Mikkelsen, Ben Mendelsohn, Alan Tudyk, Diego Luna, Forest Whitaker, Donnie Yen, Riz Ahmed, Jonathan Aris, Wen Jiang

Sinopse:  O Imperio Galáctico rematou de construír a arma máis poderosa de todas, a Estrela da Morte, pero un grupo de rebeldes decide realizar unha misión de moi alto risco: roubar os planos da devandita estación antes de que entre en operacións, mentres se enfrontan tamén ao poderoso Lord Sith coñecido como Darth Vader, discípulo do desapiadado Emperador Palpatine.

Para os amantes do xénero!

HUMOR: PREGUNTAS INCÓMODAS

HUMOR: PREGUNTAS INCÓMODAS

 

A viñeta diaria de Frida y Lolo do xornal ourensan La Región, trata desas preguntas incómodas que os rapaces fan aos pais e nas que estes, os pais, saen por onde poden para non tratar "eses asuntos", pensando que a escola debe resolvelos.

A vida é a que é e nunca se pode delegar noutros o que a un lle coresponde tamén. Unha boa educación sexual é necesaria na escola, diría máis, é a asignatura pendente nos plans de educación, pero iso non lle quita a responsabilidade que teñen os pais sobre iste e outros asuntos "incómodos".

HUMOR: E DESPOIS DIN QUE NON HAI CAMBIO CLIMÁTICO!

HUMOR: E DESPOIS DIN QUE NON HAI CAMBIO CLIMÁTICO!

 

O xenial Davila (Luis davila, Pontevedra-1972) toca na súa viñeta diaria do xornal faro de Vigo do tempo tolo que estamos a ter. Estamos en decembro, a piques de entar no inverno, e as temperatura son máis de comezos de finais do verán ou comezos do outono.

E despois din que non hai cambio climático!

PISA 2015

 

¿Qué comunidades sacan mejor nota en PISA?

O Programa Internacional para a Evolución de Estudantes (PISA) é un exame que trata de medir non o que os alumnos saben de distintas materias senón como usan os coñecementos que teñen en contextos descoñecidos, tanto dentro como fóra da escola. Celébrase cada tres anos desde o ano 2000. Os resultados da última proba, celebrada en 2015, acábanse de facer públicos. Inclúe tres áreas: competencia científica, matemática e lectora.

Na cabeza, coma sempre, os países asiáticos. Melloría sensible de España, superando a media da OCDE, que por certo baixou a súa media. Galicia está bastante ben situada, como podedes observar no gráfico superior.

Moito por mellorar!

FONTE: Xornal El País

CINE: "MAREA NEGRA"

CINE: "MAREA NEGRA"

Cartel da película / Imaxe:pinterest.com

Esta fin de semana chega aos cines  a película “MAREA NEGRA”.  Un drama basado nun accidente nun oleoduto do Golfo de México en 2010 que matou a 11 persoas e feriu a outras 16, provocando un desastre ecolóxico.

Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: Deepwater Horizon

País: EEUU

Ano: 2016

Duración: 107 minutos

Xénero: Drama

Dirección: Peter Berg

Guión: J.C. Chandor, Matthew Michael Carnahan

Música: Steve Jablonsky

Fotografía: Enrique Chediak

Distribuidora: eOne Films

Produtora: Summit Entertainment, Di Bonaventura Pictures, Participant Productions, Lionsgate, Participant Media

Reparto: Mark Wahlberg, Kurt Russell, John Malkovich, Gina Rodriguez, Dylan O’Brien, Kate Hudson, David Maldonado, Ethan Suplee, Jeremy Sande, Brad Leland, J.D. Evermore, Douglas M. Griffin, Joe Chrest, James DuMont, Chris Ashworth

Sinopse: O 20 de abril de 2010 produciuse un dos maiores desastres da historia provocados polo home, na plataforma Deepwater Horizon, no golfo de México. Esta historia rende homenaxe aos valentes homes e mulleres cuxo heroísmo logrou salvar a moitos dos que se atopaban a bordo e cambiaría as vidas de todos para sempre. O 20 de abril de 2010 tivo lugar o maior desastre ecoloxico ao estalar a plataforma petrolifera Deepwater Horizon no Golfo de Mexico. Marea Negra conta a historia dos homes e mulleres que co seu valor lograron salvar a moitos outros cambiando as súas vidas para sempre.

Interesante!

CINE: A HISTORIA DE JAN

CINE: A HISTORIA DE JAN

Onte, día 4 de novembro, data sinalada, chega a 17 salas de España e a 9 máis con pase único, a película "A HISTORIA DE JAN". En Galicia só a poderemos ver en Santiago e Vigo. Esta é a súa ficha técnica:

Título orixinal: La Historia de Jan

Nacionalidade: Española

Ano: 2016

Xénero: Documental

Distribuidora: Sherlock Films / A Contracorriente Films

Guionista, director e Produtor: Bernardo Moll Otto

Música orixinal: Mayor Tom y Guille Mostaza

Reparto: Bernardo Moll Otto, Mónica Vic, Jan Moll Vic

Sinopse: Jan naceu o 4 de novembro de 2009 cambiando a vida dos seus pais. A inesperada noticia de que Jan tiña síndrome de Down, fixo que o seu pai puxésese a escribir un blog e a gravar ao seu fillo, para así compartir e poder superar os seus medos.

Despois de cinco anos de filmacións chega esta marabillosa película, que nos conta desde a intimidade unha historia de superación e de aceptación. A través do sentido do humor, o esforzo e o amor por el, estes pais buscan normalizar e dar visibilidade ao descoñecido mundo da discapacidade.

Necesidade de vela!