Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

FRÍO

FRÍO

Tal como apunta aviñeta de Davila, no xornal Faro de Vigo de hoxe, chegou o frío e parece que mañá aínda máis. Espérase que o domingo remate esta onda de frío polar. Se queres coñecer as previións para mañá pincha  AQUÍ.

Abrigarse!

STAR WARS UNCUT


No sei se entre vós hai seguidores da saga "Star Wars". En caso positivo, o pasado sábado cobrou vida na Internet unha nova versión caseira elaborada con secuencias aportadas por centos de fanáticos do universo creado en 1977 por George Lucas. Trátase de "Star Wars Uncut", una película que versiona "Star Wars: A New Hope" e que contou co beneplácito do propio  director George Lucas.

Esta curiosa pelícua, que tardou en facerse 2 anos, realizouse cunha montaxe troceando a mesma en 472 segmentos de 15 segundos cada uno, pedíndolle aos fanáticos da saga que elexiran algúns deses momentos e grabaran a súa propia adaptación, pero sempre fieis á historia. O resultado, máis de dúas horas de imaxes, que comenza co logotipo de Twentieth Century Fox cortado por dúas espadas láser enfrontadas, antes de dar paso a unha imaxe de Twitter onde unha mensaxe reza: "Hai moito tempo, nunha galaxia moi, moi afastada". Continúa despois en forma de post de blog, con comentarios incluidos, sobre un fondo estelar e coa música de John Williams. Segue avanzando a película con numerosos cambios estéticos nos que os protagonistas pasan de ser persoas disfrazadas a muñecos (tartarugas ninja, figuras de lego, personaxes de "Toy Story") ou seres de animación.

COMENZA O ANO 4.710

COMENZA O ANO 4.710

Símbolo do Dragón / Imaxe:infjs.com

Non esaxero, hoxe comenza o ano 4.710, eso si, no calendario chino, que vén determinado polo calendario lunisolar tradicional de China. Onte rematou o ano do  Coello (兔), que empezara o 3 de febreiro de 2011.

Este ano é o ano do Dragón (龍), que rematará o 10 de febreiro de 2013, cando comence o ano da Serpe (蛇)

Na mitoloxía china, o dragón asóciase coa forza e a saúde. Tamén é un signo de boa sorte e por eso vese, frecuentemente, representacións de dragóns en portas e habitacións que espantan aos malos espíritos. Son símbolos de forza e poder.

Feliz ano do Dragón!

O APALPADOR

O APALPADOR

O apalpador / Imaxe: lavozdegalicia.es

Nestas datas de Nadal e Reis estase a recuperar en Galicia a figura do APALPADOR. O apalpador ou pandigueiro é a figura mítica dun xigante carboeiro, do que existen testemuñas nas comarcas de Sarria, Courel e O Cebreiro, que baixa a noite do 31 de decembro para visitar aos nenos, tocándolles no ventre para ver se comeron abondo durante o ano, deixándolles unha presa de castañas, eventualmente algún regalo e desexándolles que teñan un ano novo cheo de felicidade e fartura.

Unha figura entrañable e nosa, da que algúns consideran só un "conto do nacionalismo galego".

Na entrevista de RTVG, da parte superior, podedes coñecer algo máis deste personaxe.

FELIZ 2012

FELIZ 2012

Esta noite ás 12, despois das tradicionais campanadas, comenza o ano 2012, sobre o que moitas culturas pronostican como a fin da civilización ou tamén no que haberá un cambio importante na orden mundial.

Sexa como sexa, o que si acontecerá é que terá 1 día máis (ano bisesto), que se celebrará a Eurocopa de fútbol en Polonia e Ucrania, os Xogos Olímpicos de Londres e sobre todo que o seguiremos pasando mal por eso da economía.

Pero eso chegará a partir de mañá. Disfrutemos hoxe do remate dun ano e do comenzo doutro cos mellores desexos para o 2012.

Feliz 2012 para todos!

Un saúdo de Víctor. 

WIKIPROBLEMS

WIKIPROBLEMS

 

Hoxe quérovos presentar unha páxina web dun antigo alumno meu, que segue a estudar no noso IES. Trátase de WIKIPROBLEMS, e tal como indica o autor  Iago Patiño "es una página web sin fines comerciales que tiene por objetivo informar sobre los problemas del mundo en el que vivimos".

Deséxolle moito éxito e se vós queredes coñecela só tedes que pinchar AQUÍ. De calquera xeito figura tamen en ENLACES.


O ACEITE DE ARGAN

O ACEITE DE ARGAN

 Aceite de argan / Imaxe:prlog.org

Coñecemos moitos tipos de aceites. O ouro líquido ou aceite de oliva, aceite de xirasol, aceite de millo..., pero aceite de argan? O caite de argan é o ouro líquido de Marrocos.

O argan (Argania espinosa), coñecido tamén como acebuche espiñento pertence á familia das sapotáceas, de folla coriácea, flores pequenas e amarelas, e froito como un dátil verdiamarelo, de lentísimo crecemento tarda de cinco a seis anos en dar o seu primeiro froito.

Atópase en Marrocos, en toda a franxa que vai ata Tarourudant e Tiznit, no límite sahariano. Tamén se encontra en certas zonas de México e uns poucos exemplares en Andalucía. Medran en zonas de altitud e non superior a 800 metros, en clima seco. As súas raíces son profundas, ata 10 metros de profundidade, polo que aguantan ben cun par de boas chuvias ao ano. En tempo excesivamente seco perde as súas follas, evitando a excesiva transpiración, para volvelas a recuperar coas primeiras chuvias.

Os foitos desta árbore, de onde se extrae o aceite, que empezan a madurar coas primeiras calores de xuño, recóllense tradicionalmente dunha maneira moi orixinal: recoléctanas as cabras. Cando o pasto escasea, as cabras sóbense ás árbores para comer as súas follas, os seus brotes tenros e os seus froitos. Pola noite, os animais empezan a rumiar, cuspindo os ósos dos froitos, grandes como bellotas e duros como almendras, que o pastor recolle. Outro método é recollelos de debaixo da árbore cando estes caeron maduros e deixalos secar, pelalos e sacar o óso.

Cada óso tense que partir, contendo 3 pipas do tipo das cabazas. Tóstanse ata que comencen a ennegrecer, machácanse e móense ata que unha mel opaca e espesa empeza a chorrear pola boca do muíño. Ten a consistencia dunha crema de sésamo. Durante unha semana descansa nun lugar fresco e escuro ata que se seque. Fórmanse bolas que se apretan ata que empeza a escurrir, pouco a pouco, aceite desta pasta semiseca. O aceite é lixeiro e transparente, máis lixeiro e dixestivo que o de oliva, de cor marrón claro e sabor forte e agradable.

O aceite de argan é o aceite máis caro do mundo, polo que tamén é chamado o ouro liquido de Marrocos. A botella de aceite de argan extra virxe 20 cl. pode chegar a custar a friolera de 17€.

Está composto ata nun 80% de ácidos grasos esenciais (ácido linoléico 50 %, ácido alfalinolénico 15 %, ácido oleico 12 %, ácido araquidónico 1 %, ácido gammalinolénico 3 %) e contén grandes cantidades de tocopheroles (vitamina E) (case tres veces máis que o aceite de oliva) e phytosteroles (D-7steroles). É apreciado polo seu efecto anti-aging pola gran cantidade de antioxidantes e os seus poderes curativos. Ademais ten  efectos antiséptico e funxicida.

É aconsellado para reducir os niveis de colesterol e previr enfermidades cardiovasculares. Tamén se utiliza en casos de esterilidade masculina e feminina e cando hai perigo de aborto. Existen populares preparados fortalecedores e tonificantes para nenos, persoas débiles e convalecentes, que usan como base este aceite.

Os dermatólogos recomendan este aceite porque alivia as queimaduras do Sol e para combatir enfermidades dermatolóxicas como a neurodermite e a psoriaxe. Na cosmetoloxía moderna aplícase o aceite de argán na pel polo seu efecto rexenerativo.

En resumo é un aceite multiúsos: é unha peza nutricional, reúne ventaxas sobre outras enfermidades (hipertensión, perfil lipídico sanguíneo) e tamén utilízase en cosmética.

DÍA INTERNACIONAL DA LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 2011

 

Hoxe celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero, día declarado como tal pola ONU en 1999. Foi elexido este día para conmemorar o violento asasinato das irmáns Mirabal (Patria, Minerva e Maria Teresa), tres activistas políticas asasinadas o 25 de novembro de 1960 a mans da policía secreta do dictador Rafael Trujillo na República Dominicana.

Temos que eliminar entre tod@s esta lacra social!