Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

VISITA Á LONXA

 

O pasado día 7, luns, o alumnado de 1º de ESO do noso Centro, visitou a lonxa da nosa localidade, dentro das actividades do PI (Proxecto Interdisciplinar), que este ano está adicado á pesca.

Este video fotográfico, realizado por unha profesora do centro, recolle imaxes da citada visita.

FONTE: Portal do IES A Sangriña

A GRANDE AVENTURA DE WINTER O GOLFIÑO

A GRANDE AVENTURA DE WINTER O GOLFIÑO

 

Esta fín de semana chega unha pelícua, baseada en feitos reais, destinada a consumo infantil-familiar e de aventuras. Animais e rapaces fan boas migallas! Esta é a súa ficha técnica e o seu trailer:

Película: A grande aventura de Winter o golfiño.  

Título orixinal: Dolphin tale.

Dirección: Charles Martin Smith.  

País: USA. Año: 2011.  

Xénero: Drama, familiar.

Reparto: Harry Connick Jr., Ashley Judd, Kris Kristofferson, Morgan Freeman, Ray McKinnon, Nathan Gamble, Frances Sternhagen, Rus Blackwell.

Guion: Karen Janszen e Noam Dromi.

Producción: Richard Ingber, Broderick Johnson e Andrew Kosove.

Música: Mark Isham.

Fotografía: Karl Walter Lindenlaub. 

Distribuidora: Warner Bros. Pictures International España. 

Duración:113 minutos

Sinopse: Un golfiño atopado na costa norteamericana atrapado nunha trampa para capturar cangrexos perde a súa cola, elemento de vital importancia para nadar e sobrevivir no mar. Un grupo de especialistas transládao a un acuario coa intención de implantarlle unha prótese que lle permita volver a vivir no seu hábitat natural. Mentres tanto, entre o golfiño e un neno establécese un estreito vínculo de amistade.

CASTAÑAS

CASTAÑAS

Castañas / Imaxe: cedres.info

Hoxe é un día grande na miña terra: Ourense, a proba é que é festivo. É o día de San Martiñó e celébranse os Magostos. Aínda lembro boa parte da miña vida acudindo aos montes en familia ou en pandillas a facer o magotos!

A castaña foi un elemento fundamental en Galicia ata que chegou a pataca. Pero xa que o tempo impide facelo fóra, propóñovos unha recita atípica coa castaña, que non é a castaña asada: O marrón glacé.

Espero que o intentedes. Está...!

Bo día de San Martiño!

CIENCIA EN GALEGO

 

Coa celebración da semana da Ciencia en Galego, que tivo como día central o pasado venres, reproducimos aquí un capítulo do programa televisivo Ben falado da TVG sobre o tema.

Durante máis de 1500 anos o latín foi a lingua da ciencia. Hoxe a ciencia faise en moitas linguas. Se tal o inglés ten algo máis de produción pero faise en moitas linguas. En galego tamén se fai ciencia. E é das poucas linguas nas que publican artigos científicos investigadores doutros países.


O CINE 3D

 

O cine 3D ou  cine en tres dimensións é unha das opcións nas que se ofertan a maioría das películas de hoxe en día, dende que a película "Avatar" marcou un fito importante neste formato. Pero en realidade o 3D "sempre" estivo presente no cine.

O primeiro sistema de cine en 3D presentado foi en 1890 da man de William Freese-Greene, seguido da primeira pelícua en 3D ("The Power of Love") en cines alá polo ano 1922, continuado cun novo dinamismo imprimido por Arch Oboler coa invención do sistema Space-Vision 3D e mellorado cos sietemas IMAX 3D dos anos oitenta, coa primeira película proxectada neste sistema  "Space Station", aínda que o verdadeiro boom comercial en IMAX 3D foi "The Polar Express" antes de chegar ao actual 3D en cines e xa incipientemente presente en TV.

Nesta infografía de Estudio90grados teredes a oportunidade de coñecer polo miúdo este sistema.



30 DE OUTUBRO: CAMBIO DE HORA

30 DE OUTUBRO: CAMBIO DE HORA

Na madrugada do próximo domingo, 30 de outubro, prodúcese o cambio de hora, como é habitual xa que é o último domingo de outubro. Ás tres da madrugada, hora peninsular, haberá que retrasar o reloxo ata as dúas, co que este día terá, oficialmente, unha hora máis.

Esta medida lévase aplicando dende o ano 1981 e pretende un aforro enerxético. Este cambio horario realízase en toda a Unión Europea.

CINE: TINTÍN E O SEGREDO DO UNICORNIO

CINE: TINTÍN E O SEGREDO DO UNICORNIO

 

Esta fin de semana chega aos cines a esperada película de Steven Spielberg, O SEGREDO DO UNICORNIO das Aventuras de Tintín, adaptación das aventuras do famoso personaxe do comic Tintin, creado por Hergé (Georges Remi).

Esta é a súa ficha técnica:

Título: As aventuras de Tintin: O segredo do unicornio

Título Orixinal: The Adventures of Tintin: Secret of the Unicorn

Xénero: Animación, Aventuras

Nacionalidade: USA

Ano: 2011

Director: Steven Spielberg

Guión: Steven Moffat, Edgar Wright, Joe Cornish

Reparto: Jamie Bell, Daniel Craig, Andy Serkis, Simon Pegg, Nick Frost, Gad Elmaleh, Toby Jones, Mackenzie Crook

Sinopse:
A historia céntrase na búsqueda dun tesouro afundido pertencente ao famoso pirata do século XVII, Rackham o Vermello, cuxa principal pista para ser atopado está nunha maqueta dun modelo dun antigo barco.

Unha oprtunidade única par os que seguimos a Tintín en papel. Esta non ma perdo eu!

HUMOR: A FAMILIA EUROPEA

HUMOR: A FAMILIA EUROPEA

Aínda que en tono de humor, quero compartir con vós esta imaxe de Europa dun correo que me chegou. Ben pensado non parace moi distorsionada e aproxímase á realidade, mantendo como toda familia ben organizada unha estructura xeraquizada. Por desgraza, o noso país está na parte máis baixa!