Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

SOSAT: OUTRO PERIGO PARA A TERRA

SOSAT: OUTRO PERIGO PARA A TERRA

Satélite Rosat / NASA

Se hai unhas semanas falamos do perigo para a Terra e os seus habitantes producido pola caída dun satélite de grandes dimensións, o UARS da NASA, que finalmente caeu, gracias a Deus, no Pacífico, sen que se puidera determinar o lugar e hora exacta da súa caída ata o último momento, agora unha nova ameaza volve aparecer. Desta vez é outro satélite, neste caso alemán, o Rosat (Roentgen Satellite).

Aínda que máis pequeno que o UARS é moito máis perigoso, pois cando entre na atmosfera os científicos estiman que 30 pezas do Rosat, con masas considerables, non se desintegrarán e impactarán sobre a superficie. O violento impacto fará que se esparzan nunha superficie de 80 quilómetros.

A NASA espera que o satélite chegue á Terra entre o venres e o luns, aínda que o día máis probable é o domingo 23, sobre ls 8:40 horas (cun marxe de erro de máis ou menos 30 horas).  

Rosat, fuoi lanzado pola NASA en 1990 nun proxecto conxunto con Alemania, Gran Bretaña e EE.UU. para catalogar as fontes de raios X no espazo profundo e estudar ao redor de 110.000 estrelas e supernovas. En 1998 ao apuntar directamente ao Sol o telescopio estragouse e foi abandoado en febreiro de 1999.

Que Deus nos pille confesados!

O LEGADO CELTA

O LEGADO CELTA

 

O pasado sábado estreouse "El Legado Celta". Este traballo é unha descrición da cultura castrexa e compara os asentamentos galegos cos de Inglaterra, Irlanda e Escocia, deténdose especialmente en Stonehenge.

Do que se trata é de mostrar a evolución dos primeiros poboadores galegos a través de dólmenes, túmulos e estelas. A ascendencia celta foi determinante na cultura castrexa. Avánzase na historia a través dos castros fortificados influenciados polas migracións do sur, de pobos mediterráneos como fenicios e tartesos. Planos aéreos e mapas animados mostran o territorio que habitaron.

Mediante recreacións en 3D e postas en escea con figurantes e actores definen como era a súa vida, en que deuses crían, e a que inimigos se enfrontaban.

A época da romanización deixou mostras da arte castrexa, desvelando os rasgos máis determinantes da súa existencia. Esculturas líticas que falan de guerreiros; xoías de orfebrería que amosan o grao de refinamento ao que chegaron; e pezas de cerámica, cuxa iconografía permítennos saber dos seus usos cotiáns.
Pese á súa resistencia armada contra o imperio romano, os cástrexos foron absorbidos e romanizados como tantos outros pobos, pero a súa singularidade perdurou no tempo.

 

Aquí tedes a súa ficha técnica:

Título:El Legado Celta
Formato:16:9 HD
Xénero:Historia
Guión:José Manuel Novoa
Dirección:José Manuel Novoa
Producción:Explora Films, TVE, The History Channel Iberia
Versións:Español, Inglés

E aquí o trailer promocional.

FONTE:explorafilms.com

O UARS CAEU NO PACÍFICO

O UARS CAEU NO PACÍFICO

Viñeta de hoxe no xornal El País de Ramón

O Satélite de Investigación da Alta Atmosfera (UARS), cos 5.675 quilogramos, entrou na atmosfera terrestre e caeu no océano Pacífico, según confirmou a axencia espacial estadounidense NASA vía Twitter, sen precisar a hora exacta nin a zona de impacto.

Anteriormente a axencia falara dunha franxa temporal de entre as 3.23 (as 05.23 hora española) e as 5.09 GMT (as 07.09 en España) de onte.

Segundo a Nasa, durante a entrada na atmosfera o satélite pasou por Canadá, África e amplas partes dos océanos Pacífico, Atlántico é Índico.

Ao final non non pasou nada, xa o anunciara a citada axencia, pois a posibilidade de que a chatarra caera sobre unha persoa era unha sobre 3.200.

DIOGO REÚNE AS TAPAS PARA A SÚA MAN

DIOGO REÚNE AS TAPAS PARA A SÚA MAN

Diogo sorrí entre varias bolsas cheas do plástico que custeará a prótese da súa man / Imaxe:www.lavoz.es

O pequeno luso que se presentou hai dous meses a Galicia explicando que coleccionaba envases de plástico porque llos ían a cambiar por unha man, acaba de completar o álbum. «Non hai palabras». É o salvoconducto de Diogo Farinhoto e a primeira expresión dunha nai á que lle acaban de confirmar que pagou o soño da súa familia.

«É un milagre, imposible sen todas e cada unha das persoas de Portugal e Galicia que nos axudan», afirma. Coñece os nomes propios dos concellos, persoas e entidades tanto públicas como privadas que na ribeira galega debuxan unha rede solidaria desde Ferrol e Burela ata a desembocadura na Guarda e que saltou xa a Murcia ou a Almería. «Espectacular, unha marca, unha carreira de todos», manifesta.

Desde A Guarda partiu onte, pouco despois do mediodía, o ferri de Santa Rita de Cassia coas dúas toneladas de envases e tapas procedentes de Galicia coas que se completan as 19 necesarias para obter a prótese.

O edil de Servizos, Paulino Rodríguez, destacou ao pé do embarcadoiro a implicación da vila. «Estamos orgullosos do pobo, de tanta xente implicada na Guarda, da colaboración con Caminha e tamén do apoio dunha empresaria de Baiona, á que mañá iremos recoller outro camión». Ata esta última vila acudirá tamén Diogo en canto colóquenlle a prótese porque se comprometeu a tomar el só un iogur na xeadería Gamela, onde lle axudaron coa súa particular colección.

Pero a nai quere agradecer tamén aos anónimos porque a campaña está a estenderse a unha velocidade sen precedentes. «Creo que é un premio para todos», afirma.

Hai noventa días que ela mesma botou as redes á ribeira galega. Entón gardaba catro toneladas en casa. Todos eses anónimos fixeron que a cooperativa Dar e Sorrir teña xa pagada a factura dos 9.000 euros nos que está valorada a prótese.

Antes de empezar o colexio Diogo disporá xa da man estética deseñada en Matosinhos. «Con esta prótese inténtase que se vaia afacendo ao seu novo corpo», afirma a nai. En quince días, Diogo acudirá de novo ao centro médico, pero esta vez para que se lle coloque a man mioeléctrica traída para el desde Alemaña. Con ela poderá agarrar obxectos e, polo tanto, aprender a escribir como os demais nenos do colexio, que tamén estreará en setembro.

A alegría do pequeno e a súa familia é tan «indescritible» que xa non se atreven a pedir máis. Pero Diogo volverá necesitar coleccionar tapas e a solidariedade galega. A man á que accederá nunhas tres semanas ten caducidade. En dous anos, cando o pequeno cumpra catro, haberá que dispor dun dispositivo máis avanzado, «o que lle permitirá ata sentir frío ou calor». A partir de entón xa só serán pequenos axustes bianuais. Pero de novo terá que dispor das tapas suficientes para o «premio».

O seguinte chanzo é máis alto. Diogo non é consciente aínda, pero entón necesitará outras 36 toneladas. O Concello da Guarda xa confirmou que manterán o apoio ata que o pequeno salde a conta. «Diogo conta con todos e cada un dos que o acompañaron ata aquí», recoñece timidamente a nai, confiada en que o ánimo non decaerá.

FONTE: Artigo de Mónica Torres. LA Voz de Galicia /23/08/2011

PICADURAS DE AVISPAS E ABELLAS

PICADURAS DE AVISPAS E ABELLAS

 Abellas e avispas / Imaxe:desinfeccionesecopest.com

As abellas e as avispas pertencen ás familia dos himenópteros, insectos de ás translúcidas e mebranosas. Entre 15 e 20 persoas morren en España cada ano por complicaciones xurdidas de picaduras destes insectos. Na maioría dos casos queda nun desagradable momento e inflamación cutánea, pero noutros pode derivar nunha anafilaxia, unha reacción alérxica severa que afecta a todo o corpo, podendo en casos levar á morte. Se estas interesado nestas situacións, pinchando AQUÍ terás un gráfico interactivo para coñecer como se producen e como tratalas.

Espero que che sexa útil!


LECTURA NO VERÁN

 

Para o que queda de verán temos unha boa proposta do blog da biblioteca do noso IES: BIBLIOTEGRA DO MIÑO, que é a lectura. Esta é a súa presentación e o contido no vídeo adxunto:

Que facer este verán? Podemos viaxar a Venecia con Marcos Calveiro en Settecento, ou polo mediterráneo con Ulises, aprender a dicir quérote de 97 formas diferentes, observar a Lúa do Senegal, descubrir o noso Futuro imperfecto... 

Boa Viaxe!

FONTE: www.bibliotegra.blogspot.com

ERUPCIÓN DO ETNA

ERUPCIÓN DO ETNA

O Etna en erupción / Reuters

O volcán Etna, a montaña máis alta de Italia ao sur da cordillera dos Alpes con 3.322 metros de altura, localizado en Sicilia, entrou na madrugada do sábado en erupción por segunda vez na última semana, deixando imaxes de grandes ríos de lava pola ladeira do Val del Bove, unha zona desértica.

A expulsión de lava veu acompañada por unha nube de cinsas que cubríu as poboacións cercanas e obligou a pechar o aeroporto siciliano de Catania varias horas, sendo cancelados cinco voos.

No que vai de ano, este volcán de 45 quilómetros de diámetro, que se infla e desinfla pola presión do seu magma interno, xa entrou en erupción en nove ocasións.

FONTE: El Mundo


4º ANIVERSARIO

4º ANIVERSARIO

Unha vela por cada ano / Imaxe:arteyfotografia.com.ar

Cumpre este blog 4 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe:56.615

Visitas no último ano: 35.869                        

Promedio mensual: 2.989 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 327

Promedio mensual: 27 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

Grazas!