Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

A FIN DUNHA ODISEA NO ESPAZO

A FIN DUNHA ODISEA NO ESPAZO

A tripulación do Atlantis á súa chegada a Cabo Cañaveral / Reuters

Sixilosamente e en plena madrugada do pasado xoves, día 21, o último transbordador espacial da NASA, a misión STS-135 do Atlantis, regresaba sin incidentes a Cabo Cañaveral, de onde saíra o 8 de xullo de 2011.

Despois de tres décadas de éxitos e fracasos, os EEUU quedouse sen o seu buque insignia da tecnoloxía, cedéndole a primacía no espazo a Rusia.

Se queres coñecer todo sobre estes 30 anos de exemonía pincha en A FIN DUNHA ODISEA NO ESPAZO.


HUMOR DA REALIDADE

HUMOR DA REALIDADE

Imaxe:estepaissevaalamierda.wordpress.com/

Aleix Saló  (1983- Ripollet-Barcelona), ilustrador de profesión, presentou o seu traballo ESPAÑISTAN: Este país se va a la mierda, que segundo el "e producto do meu interés por realizar un relato sobre a realidade vivida neste país nos últimos dez anos".

 

Agora podémolo ver neste vídeo. Non ten desperdicio!


DECONSTRUCCIÓN MOLECULAR DO VIÑO

DECONSTRUCCIÓN MOLECULAR DO VIÑO

Viño sen alcohol / Imaxe:guiamaximin.com

Unha das bebidas máis consumidas no verán é a cervexa, coas posibilidades de consumila sen alcohol ou cero. Esta posibilidade tamén chega a unha bebida  típica de Galicia, que non pode faltar en ningunha comida ou celebración: o viño. A  mellor maneira de disfrutar das saudables propiedades do viño é beber unha copa. Así a todo, se hai que conducir, por razóns de saúde ou motivos relixiosos non se pode tomar alcohol, pero podemos igualmente aproveitarnos dos beneficios dos polifenoles, as substancias antioxidantes responsables da boa fama desta bebida. Como? Mediante a deconstrucción molecular do viño.

O proceso de deconstrucción ten tres fases. A primeira é a desaromatización, os compostos aromáticos (máis volátiles) sepáranse do viño, conservándose  cada unha destas partes nun depósito refrixerado. A segunda fase consiste en desalcoholizar o líquido desaromatizado. De novo conséguense dúas partes: etanol duns 60º e por outro lado, o viño sen aromas e sen alcohol. Só falta volver reintegrar o vino desalcoholizado coa parte que contén os aromas. O producto obtido conserva todas as calidades organolépticas do viño orixinal pero non contén calorías.

Aínda que é novedoso, xa dende 2008 están no mercado viños sen alcohol (menos de 1º), viños baixos en alcohol (entre 8 º e 1º) e recentemente zero, un refresco de 0,0º de alcohol.

Esta técnica abre a posibilidade de dar un paso máis: enriquecer outros alimentos, como o pan, productos lácteos ou cárnicos, con estas substancias que teñen un efecto antioxidante.

Unha oportunidade e solución moi intersante!

FONTE:El Mundo

LINDOSO

LINDOSO

Castelo de Lindoso / Imaxe: National Geographic España. Xullo 2011

Son moitas as veces que paso por este pobo portugués de camiño ao pobo da ñiña dona situado no concello de Lobios (Ourense). Lindoso é unha pequena freguesia rural do norte interior portugués, a 4 quilómetros da fronteira española. É un lugar atrapado no tempo, cheo de historia e sorprendentes paisaxes. Forrma parte do Parque Nacional da Peneda-Gerês, único parque nacional portugués creado en 1971. Ten uns 46,48 Km2 e pouco máis de 500 habitantes. Pertence ao concelho de Ponte da Barca e a distrito de Viana do Castelo.

O máis chamativo de Lindoso é o seu castelo, de entre 1220 e 1258, clasificado como monumento nacional, clave durante as loitas do século XVII que desembocaron na independencia portuguesa de España.

Tamén son interesantes os espigueiros (nós chamámoslles cabaceiros, en castelán hórreos). Son un total de 50 e datan dos séculos XVII e XVIII.

Xa na modernidade é impresionante a presa de auga Alto-Lindoso (1992) no río Limia

Merece a pena prederse por este lugar!


ALERTA ALIMENTARIA

ALERTA ALIMENTARIA

A Axencia Española de Seguridade Alimentaria e Nutrición (AESAN) endureceu as recomendacións sobre o consumo de alimentos que teñan un elevado contido en mercurio (grandes peixes), cadmio (crustáceos) e nitratos (hortalizas).

Os metais e a súa toxicidade

- O mercurio é un metal pesado que, na súa forma máis tóxica (metilmercurio), pode provocar alteracións no desenvolvemento neuronal do feto e en nenos de curta idade. Os peixes cun maior contido en mercurio son o peixe espada, a quenlla, o atún vermello e o lucio. AESAN recomenda evitar o seu consumo ás mulleres preñadas ou en período de lactancia e aos nenos menores de tres anos. No caso dos nenos de entre tres e 12 anos, a axencia recomenda limitar a 50 gramos á semana o consumo de cualquera destes peixes.

- O nitrato atópase de maneria natural nos vexetais. Os que máis o absorben son as espinacas, a leituga, as acelgas e a remolacha. Unha elevada inxesta pode provocar cianosis no caso dos bebés, e tamén vincúlase co cáncer gástrico. AESAN recomenda evitar as espinacas e acelgas nos purés dos nenos menores dun ano, e non dar máis dunha ración ao día aos nenos de entre un e tres anos.

- O cadmio é un metal pesado xenerado por actividades mineiras e industriais, e liberado ao medio ambiente pola queima de combustibles ou a incineración do lixo. Tende a acumularse no fígado e no ril, e pode chegar a causar disfunción renal. Concéntrase sobre todo nas cabezas dos crustáceos, polo que AESAN recomenda limitar o seu consumo.

FONTE: El País

REMATOU O CURSO!

REMATOU O CURSO!

Por fin! Día 23, úlltimo día de clase!Sonrisa Efectivamente, hoxe rematamos as clases lectivas, á espera das temidas notasEnfadado, o próximo luns, día 27, ás 12 horas. Como en pasados cursos, pasamos a maná na praia da Armona o alumnado de 1º de ESO, acompañados dos profes Pepe, Arsenio Paco e Victor.

Por certo non foi o último día de clase para o alumnado, tamén o foi para Arsenio e Paco, xa que este ano xubílanse, tomando vacacións permanentes. Que disfruten desa nova etapa da súa vida!

E para todos boas vacacións!Todo bien Pero non perdades contacto, pois eu seguirei neste blog durante todo o verán.

MELANOMA

MELANOMA

Anatomía da pel que mostra a epiderme e a derme. Os melanocitos están na capa das células basais, na parte máis profunda da epiderme. / Imaxe:www.cancer.gov

Cando chegan estas datas, propias case do verán, os medios de comunicación bombardéannos co problema do melanoma. Pero que é?

O melanoma  é un tipo de cáncer de pel que aparece cando as células chamadas melanocitos convírtense en malignas. Estas células elaboran un pigmento chamado melanina, responsable da cor da pel, do pelo e do iris dos ollos. A melanina, pola súa parte, funciona como un fotoprotector evitando que a radiación solar dane as estructuras ou os tecidos do corpo. Cando a pel se expón ao sol, os melanocitos producen máis melanina como defensa contra a acción dos raios ultravioleta (UV). Os lunares ou pecas aparecen cando os melanocitos medran en grupo.

Unha persoa ten entre 10 e 40 e, científicamente, chámanse nevus. Estes clasifícanse en dous grupos: nevus conxénitos, que poden ser de nacemento ou aparecer cos anos; e nevus adquiridos, que se desenvolven a partir do primeiro ano do nacemento e poden ser típicos ou atípicos. Os melanocitos multiplícanse e en ocasións exténdense a outras partes do organismo.

As metástases comenzan cando un grupo pequeno de células do tumor primitivo é transportado a outra zona e detéñense nun órgano onde medra e produce un tumor semellante ao orixinal. Para despexar as posibles dúbidas sobre a natureza maligna do tumor emprégase a biopsia, que consiste na extracción dunha mostra do tecido tumoral para analizalo. Desta maneira pódese confirmar o diagnóstico e establecer un tratamento adecuado.

Se falamos das súas causas, podemos dicir  que aínda que son diversos os factores que o provocan, parece ser determinante ter tomado en exceso o sol durante a infancia, se  ben pode aparecer en persoas de todas as idades. Localízase en todo o corpo, e maniféstase por novos lunares ou pecas que cambian de tamaño e aspecto. Hai unha serie de factores que aumentan o risco de padecer un melanoma, e estes determinan que existan grupos de persoas con maior probabilidade de desenvolvelo. Entre eles cabe destacar:

  • Ter a pel ou o pelo claro
  • Presenza de nevus atípicos.
  • Presenza de nevus nunha cantidade superior a 40.
  • Presenza de nevus congénitos.
  • Ter antecedentes familiares de nevus atípicos, de melanoma ou de ámbalas dúas cousas.
  • Ter sufrido unha ou máis queimaduras severas polo sol, especialmente se se produciron na infancia, pois o efecto da irradiación solar é acumulativo.
  • Ter estado exposto moitas horas a raios ultravioleta (sol, UVB, UVA) aínda que teña a pel totalmente bronceada.

Á hora de falar da pevención, o sol constitúe o principal factor de risco para desenvolver un melanoma, polo que é recomendable tomar unha serie de medidas básicas á hora de exponerse aos raios solares. As persoas con melanoma deben seguir con especial atención as normas xerais para protexerse da radiación, xa que corren un maior risgo de desenvolver novos tumores. Para protexer a piel convén ter en conta os siguintes consellos:

  •  Protexe a túa cabeza, corpo e ollos con gorras, sobreiros, camisetas e gafas de sol de cristais específicos.
  •  Elixe un fotoprotector de índice adaptado ao teu tipo de pel. Aplíca sempre unha crema con factor de protección solar 15 ou máis alto se eres moreno/a, e máis de 20 se eres de pel clara. Para o rostro emprega protección total.
  • Estende unha capa xenerosa 20 minutos antes de expoñerte ao sol e repite a aplicación cada 2 ou 3 horas, despois de sudar moito e tras cada baño.
  •  Durante o periodo estival procura estar á sombra dende ls 12 h. ata as 17 h., pois é cando os raios del sol caen máis perpendiculares sobre a Terra.
  • Visita unha vez ao ano ao teu dermatólogo, especialmente se o teu  fototipo é I e II, que corresponden á peles moi claras, se te queimaches moitas veces, se tes antecedentes familiares de melanoma e se sopeitas dalgún lunar.

FONTE:dmedicina.com / R. Ragazza


UN GUARDÉS NO FESTIVAL DE CINE DOCUMENTAL DE MARSELLA

UN GUARDÉS NO FESTIVAL DE CINE DOCUMENTAL DE MARSELLA

 

O próximo mes falarase galego en Marsella grazas a Xurxo Chirro . O director guardés é o primeiro de Galicia en acceder á sección competitiva do festival de cine documental, considerado un dos máis importantes do mundo e figura xa no programa á beira de consagrados realizadores internacionais da talla de Lek Kowalski ou Eisenberg.

A estrea mundial de Vikingland será o día 8 de xullo e levará tamén á gran pantalla a outros guardeses como ao propio pai do director ou a Luís Lomba O Haia, que durante sete meses entre 1993 e 1994 gravou un diario de a bordo pensado para o ámbito familiar, para que a xente soubese polo que estaban a pasar e que 17 anos despois, converteulle en case un precursor do cine de autor.

Xurxo Chirro atopouse coas case 16 horas gravadas polo Haia no 2007 facendo unha limpeza de cintas VHF e dous anos despois comezou a dixitalización previa ás primeiras versións. En Marsella, producido por Fílmica Galaika e música de Seném Outeiro será a súa estrea mundial pero tanto o seu pai como Luís Lomba puideron visionar xa o traballo.

Boa sorte!

FONTE: La Voz de Galicia.