Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

A PASO DE SAPONCHO

A PASO DE SAPONCHO

 

A vida está complicada para todos, moito máis para parados e aqueles que teñen cargas familiares. E parece que a cousa vai moi... moi... lenta, ao igual que o sapoconcho da vineta de onte de Erlich, no xornal El Pais. A verdade é que para TODOS/TODAS a cousa está moi difícil  e aínda peor para os máis novos que queren empezar unha vida e fundar unha familia.

A solución non é fácil, pero eses que se presentan como ILUMNIDOS/AS para resolver as nosas dificultades e que no papel teñen receitas, que as poñan en práctica, pois esto está nas últimas, aínda que non auguro nada mellor para os que ocupen o seu lugar, pois é algo global.

Seguramente, a culpa non é nosa, pero ímolas pagar os de sempre: nós. Eles, os políticos, banqueiros, especuladores,... seguiran gañando, menos, pero seguiran vivindo á nosa conta.

Penoso!

FELICIDADES ZAIRA

FELICIDADES ZAIRA

A vida é coma unha escaleira e nela subimos ou baixamos banzos. Pero hai momentos nos que chegamos aos relanzos (descansos) desa escaleira, que veñen a ser momentos importantes da nosa vida. Hoxe Zaira chegaches a un deses lugares. Moitos foron os esforzos que tiveches que facer para chegar a ese sitio, pero agora toca disfrutar dese momento.

Hoxe, venres 10 de maio, licénciaste en Química, pola Universidade de Vigo, na orientación de Química Ambiental. Seguramente, terás que seguir formándote, para especializarte neste campo tan prometedor, pero eso será xa o mañá.

Estamos moi orgullosos de ti: os teus avós, a túa irmá, a túa nai e eu, o teu pai.

Felicidades Zaira!

LETRAS GALEGAS 2012

LETRAS GALEGAS 2012

Valentín Paz Andrade / Imaxe:europapress.es

O Plenario da Real Academia Galega, reunido en sesión ordinaria o pasado sábado, día 4 de xuño de 2011, acordou dedicar o Día das Letras Galegas de 2012 a Valentín Paz Andrade (Lérez, Pontevedra, 1898 - Vigo, 1987).

Valentín Paz Andrade licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela en 1921 e foi durante a súa etapa de estudante cando se achegou ao movemento galeguista, participou na II Asamblea Nacionalista de Santiago de Compostela (1919). Era director do xornal Galicia en 1926 cando foi cerrado pola ditadura de Primo de Rivera. Presidiu o Grupo Autonomista Galego (1930), foi candidato ás Cortes Constituíntes de 1931 xunto con Castelao e Ramón Cabanillas, colaborador da redacción do anteproxecto de Estatuto de Galicia presentado polo Seminario de Estudos Galegos (1931) e membro activo do Partido Galeguista, do que foi nomeado secretario en 1934.

Durante a Guerra Civil axudou a fuxir e defendeu a moitos intelectuais galeguistas. Por causa da súa actividade política e da publicación dalgúns artigos foi detido en diversas ocasións.

As súas colaboracións foron frecuentes nos xornais El Pueblo Gallego, Faro de Vigo e La Noche, onde aparecían asinadas cos pseudónimos M., Xan Quinto e Mareiro. Desde 1945 xuntábase no café Alameda, de Vigo, con intelectuais e artistas como Carlos Maside, Laxeiro, Prego de Oliver, Fernández del Riego. Os irmáns Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, entre outros, para falaren e debateren.

Os seus literarios, históricos e económicos reflicten a súa preocupación polo progreso e o avance de Galicia, Galicia como Tarea (1959), La anunciación de Valle-Inclán 1967), La marginacíón de Galicia (1970), Castelao na luz e na sombra (1982), Galiza lavra a sua imagem (1985).

Da súa faceta poética temos achegas como, Soldado da morte (1921), Pranto matricial (1954), Sementeira do vento (1968), Cen chaves de sombra (1979) ou Cartafol de homenaxe a Ramón Otero Pedrayo (1985).

Foi membro correspondente da Real Academia Galega desde 1964 e numerario desde 1978, cando deu lectura ao preceptivo discurso, que titulou A galecidade na obra de Guimarães Rosa, e que foi respondido en nome da institución por Álvaro Cunqueiro.

 FONTE:Real Academia Galega

 

 

ERUPCIÓN DO VOLCÁN PUYEHUE

ERUPCIÓN DO VOLCÁN PUYEHUE

Nube de cinsas do volcán Puyehue / Imaxe: lavoz.com.ar

A entrada en erupción do volcán Puyehue , precedida de máis de 200 terremotos (doce deles superaron ls 4 graos na escala de Richter, e 50 foron por encima dos 3 graos), obrigou ás autoridades chilenas a evacuar a unhas 3.500 persoas que viven nas proximidades e as autoridades arxentinas a tomar medidas de emerxencia na zona turística de Bariloche e Villa Angostura, ante a chegada das primeras nubes con cinsas volcánicas, polo que foi preceiso pechar o aeroporto de Bariloche e un paso fronteirizo entre os dous países, deixando á cidade momentáneamente illada.

O volcán Puyehue, é un volcán activo do tipo estratovolcán e cono colapsado, de 2.240 m, ubicado na cordillera de Los Andes, en Puyehue, Provincia de Osorno, Región de los Lagos (Chile) específicamente ao norte do paso internacional Cardenal Samoré, no límite leste do Parque Nacional Puyehue. Pertence ao Cordón do Caulle.

O Puyehue non estalaba desde 1990.


ESCHERICHIA COLI

ESCHERICHIA COLI

Mostra de polvo de vidro sodocálcico, eficaz contra o E. coli /Imaxe: Antonio Xoubanova

Esta semana pasada moito se falou da Escherichia coli. Pero que é? É unha bacteria común que vive nos intestinos de animais e humanos. Existen moitas cepas de E. coli, inofensivas na súa maioría, aínda que existe unha variedade, E. coli 0157: H7 que produce unha potente toxina (Shiga) e pode ocasionar enfermidades graves como a Síndrome Urémica Hemolítica, que pode acabar cun fallo renal.

Ao parecer, a infección de Alemaña pode ser debida á cepa 0104: H4, que é moi parecida á 0157: H7 e que causa asimesmo enterocolitis.

Os brotes prodúcense  a miúdo cando a bacteria chega aos alimentos destinados ao consumo humano. A carne de gando vacún acontece ser a principal fonte de infección, sobre todo a picada e a que non se cociña o suficiente. O microorganismo tamén pode atoparse nas ubres das vacas e chegar ao leite que non sexa pasteurizada.

Os vexetais crudos que fosen cultivados ou lavados con auga contaminada ou que entraran en contacto con feces de animais infectados (ou ben con fertilizantes naturais) poden tamén ser portadores da bacteria. Pode atoparse tamén na auga potable, lagoas ou piscinas con augas residuais. Propágase tamén se as persoas non se lavan ben as mans despiois de ir ao baño.

Como consellos oara protexernos da bacteria: Cociñar ben a carne picada a temperaturas superiores aos 70º C e, no caso das verduras, realizar un lavado correcto das mesmas se se van consumir sen cociñar (sumerxéndoas en lexivia propia para estes casos ou nun producto específico para hortalizas). É importante manter a carne cruda separada dos outros alimentos. Débese lavar con auga quente e xabón as superficies que se usen na cocina e nunca servir a carne cociñada no prato onde estivo antes de pasala polo lume.

Por certo, científicos do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) desenvolveron un producto biocida composto por polvo de vidro que demostrou ser implacable con bacterias como a que estamos comentando. Ao parecer é fácil de obter, económico e o máis importante, non é tóxico para a saúde nin para o medio ambiente.

FONTE: El Mundo


DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2011

Lois Pereiro / Imaxe:publico.es

Hoxe celébrase o DÍA DAS LETRAS GALEGAS, adicado neste ano a LOIS PEREIRO.

Lopis Pereiro naceu o 16 de febreiro de 1958 en Monforte de Lemos, sendo un dos referentes da poesía contemporánea galega. O seu primeiro libro Poemas 1981-1991 (Edicións Positivas) convertíao "no clásico que ten a literatura galega sen sabelo", segundo Manuel Rivas.

Durante a súa mocidade gaña o premio de poesía 0 Facho e participa nos dous libros colectivos colectivos De amor e desamor (Edicións do Castro, 1984 e 1985). En 1994 escribiu Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995 (Edicións Positivas, 1995), considerado un dos máis duros e descarnados da literatura galega. Morreu o 24 de maio de 1996 na Coruña, debido á intoxicación por aceite de colza que sufríu nos anos oitenta. Foi enterrado no cemiterio de Santa Cristina do Viso.

Para un coñecemento máis profundo da súa vida e obra pincha AQUÍ.

 

Homenaxeados no Día das Letras Galegas
2011 - Lois Pereiro
2010 - Uxío Novoneyra
2009 - Ramón Piñeiro
2008 - X. Mª Álvarez Blázquez
2007 - María Mariño
2006 - Manuel Lugrís Freire
2005 - Lorenzo Varela
2004 - X. Lorenzo Fernández
2003 - Avilés de Taramancos
2002 - Frei Martín Sarmiento
2001 - Eladio Rodríguez
2000 - Manuel Murguía
1999 - Roberto Blanco Torres
1998 - Martín Códax, Mendinho e Johan de Cangas (Poetas Medievais da ría de Vigo)
1997 - Ánxel Fole
1996 - Xesús Ferro Couselo
1995 - Rafael Dieste
1994 - Luís Seoane
1993 - Eduardo Blanco Amor
1992 - Fermín Bouza Brey
1991 - Álvaro Cunqueiro Mora
1990 - Luís Pimentel
1989 - Celso Emilio Ferreiro
1988 - Ramón Otero Pedrayo
1987 – F. Herrera Garrido
1986 – A. Iglesia Alvariño
1985 - Antón Losada Diéguez
1984 – A. Cotarelo Valledor
1983 - Manuel Leiras Pulpeiro
1982 - Luís Amado Carballo
1981 - Vicente Martínez Risco
1980 - Alfonso X o Sabio
1979 - Manuel Antonio
1978 - Antonio López Ferreiro
1977 - Antón Villar Ponte
1976 - Ramón Cabanillas
1975 - X. M. Pintos Villar
1974 - Xoán Vicente Viqueira
1973 - Manuel Lago González
1972 - V. Lamas Carvajal
1971 - Gonzalo López Abente
1970 - M. Valladares Núñez
1969 - Antonio Noriega Varela
1968 - F. López Cuevillas
1967 - Manuel Curros Enríquez
1966 - Francisco Añón
1965 - Eduardo Pondal
1964 - Castelao
1963 - Rosalía de Castro

TERREMOTO EN ESPAÑA: LORCA

TERREMOTO EN ESPAÑA: LORCA

Onte producíronse en Lorca (Murcia) dous terremotos de magnitude 4,5 e 5,1, respectivamente, que deixaron oito víctimas (cinco homes e tres mulleres) e 120 feridos (tres deles moi graves).

Datos do terremoto:

MagnitudeMw 5.1
RegionSPAIN
Date time2011-05-11 16:47:25.0 UTC
Location37.68 N ; 1.68 W
Depth2 km
Distances59 km SW Murcia (pop 406,807 ; local time 18:47:25.4 2011-05-11)
2 km E Lorca (pop 86,119 ; local time 18:47:25.4 2011-05-11)
[foto de la noticia]

Pero, sabes como se produce un terremoto?  Como se miden? Que é a magnitude dun terremoto? E a intensidade? No seguinte gráfico interactivo do xornal El País, podes obter a contestación a esas preguntas, pinchando AQUÍ.

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

9 DE MAIO: DÍA DE EUROPA

Hoxe celébrase o DÍA DE EUROPA. A súa orixe: O 9 de maio de 1950, Robert Schuman presentou a súa proposta para a creación dunha Europa organizada, requisito indispensable para o mantenimento de relacións pacíficas.

Esta propuesta, coñecida como "Declaración Schuman", é considerada co o xérmolo da creación do que actualmente é a Unión Europea.