Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

A CARTA: NADAL COCA-COLA 2020

 

Se hai días foi o anuncio de Gadis e despois Lotería Nacional, tócalle agora a Coca-cola.

O máis importante é estar presentes na vida das persoas que nos importan. Ese é a mensaxe que quere transmitir Coca-Cola polo Nadal, especialmente nun ano tan difícil como iste ante a tremenda incerteza que rodea á celebración dunhas atípicas festas debido ao coronavirus.

Desta forma, e baixo o lema “Este Nadal, o mellor agasallo es ti”, a marca presenta unha historia chea de aventura e amor, na que un pai embárcase nunha trepidante viaxe por todo o mundo co obxectivo de chegar ao Polo norte e entregar a Papá Noel a carta da súa filla.

A petición da carta... "Por favor tráeme ao meu pai á casa polo Nadal".

Emotivo! Iso si, xogando cos sentimentos a flor de pel mestes momentos e preto desta data tan sinalada.

Hai que recoñecer que son uns artistas!

UN CLÁSICO DO NADAL: O ANUNCIO DA LOTERÍA 2020

 

Coma todos os anos por estas datas chega un clásico do Nadal: o anuncio da Lotería.

Un pai e un fillo que se separan cando este vaise á gran cidade a principios do século pasado, pero unidos por un décimo de Lotería de Nadal. Dous noivos pola rúa, un emigrante, unha nai e a súa filla, compañeiros de traballo, o mercado, o Calvo da Lotería... E a pandemia. O anuncio da Lotería diste ano bota a mirada atrás para chegar a un presente no que o coronavirus impuxo o uso de máscaras e a distancia social.

"Compartir como sempre. Compartir como nunca”. Que a sorte nos acompañe, en todos os sentidos!

NON VAS PODER CON NÓS!

 

Gadis lanzou, onte á noite, unha nova entrega da súa campaña "Vivamos como  galegos!". Este ano, non podía ser doutra forma, a pandemia do coronavirus marca o ton do anuncio do supermercado galego que ao berro de "Non van poder con  nós!" percorre as rúas dos lugares máis emblemáticos de Galicia. 

Unha mensaxe de ánimo ante o que estamos a pasar!

O CANASTRO MÁIS PEQUENO DO MUNDO ESTÁ EN GALICIA

Xa atemos falado neste blog, dos canastros ou cabaceiros máis grandes do noso país: Arano, Lira, Carnota e Poio, pero nunca do máis pequeño, non de Galicia, senón de España e do mundo.

Está na aldea de Armariz, no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense). As súas medidas: 1,60 m de lonxo  e 0,88 m de ancho.

Por certo, por agora non queren dar a súa ubicación exacta para preservar a intimidade dos propietarios.

FONTE: Brais Iglesias/laregion.es

REFRANEIRO POPULAR GALEGO DO MES DE NOVEMBRO

"Se queres ter allo fino, plántao polo San Martiño" (11 de novembro)

"As castañas polo San Martiño, teñen sede e queren viño"

"Polo San Martiño, nin fabas nin liño"

"Polo san Martiño remonta casa día un ferradiño"

"Castañas, viño novo e chourizos, no mes de Santos son vicios"

"En novembro, cavar non se che lembre; a aixada de cavar emprégaa en aburatar"

"Polo San Martiño veranciño, por Sta. Isabel inverno e encher" (11 e 19 de novembro)

"Polos Santos, o que sementa millo come cardos"

"Meu santiño Santo André, eu como foi non sei, fomos dous e viñemos tres" (30 de novembro)

FONTE: Almanaque agrícola ZZ/syngenta.es

A VOLTA 20

Hoxe comeza A Volta 20 (75 edición da Volta Ciclista a España). Componse de 18 etapas e cubrirá unha distancia total de 2.882,8 quilómetros. Duratrá ata o domingo 8 de novembro. Participan 22 equipos e un total de 176 corredores.

 No noso territorio estarán o día 2, 3, 3 e 5 de novembro: día de descando na Coruña, etapa Muros > Miradoiro de Ézaro. Dumbría, Lugo > Ourense e Mos > Poboa de  Sanabria respectivamente.

En principio, e antes da pandemia, a Volta deste ano ía transcorrer por catro países pero finalmente só pasará por España e Francia debido á pandemia do coronavirus. Así as cousas, as tres primeiras etapas que ían percorrer os Países Baixos quedaron suspendidas e a carreira arrincará hoxe en Irun (Gipuzkoa).

Por outra banda, a 15ª e 16ª etapas, que ían terminar en cidades portuguesas, cambiaron o seu final e finalizarán en Poboa de Sanabria a etapa 15 e a 16 en Salamanca. Este ano a rolda española só percorrerá estradas do norte de España e terá como principais cimas as do Tourmalet e o Angliru.

Unha volta especial para unha época especial, que deberiamos seguir pola TV, evitando os desprazamentos aínda que pase moi preto de nós.

Toda a información e resultados premedo AQUÍ.

FONTE: lavuelta.es

REFRANEIRO POPULAR GALEGO DO MES DE OUTUBRO

"Outono chegar, porco cebar"

"Moito has de saber para cogomelos coller"

"Noroeste de serán, vendaval pola mañá"

"Cando chove e vai vento, pecha a porta e estate dentro"

Outono enxoito, Nadal vento moito ou pouco

O ASTEROIDE 2020SW PASARÁ HOXE PRETO DA TERRA

O obxecto, bautizado como 2020 SW, pasará a una velocidad de 27.000 km/h / NASA

Un asteroide, de 4,4 a 10 metros de lonxitude, está a piques de facer un "encontro extremadamente próximo" co noso planeta, segundo informaron astrónomos de The Virtual Telescope Project.

O asteroide, de nome 2020 SW, atravesará as proximidades da Terra a unha distancia de apenas 27.000 quilómetros ás 13.18 horas (CEST) deste xoves, moito máis preto que a órbita dos satélites meteorolóxicos e de televisión, e que rolda os 35.888 quilómetros. Non hai posibilidade algunha de impacto, segundo informou Earthsky.org.

A pesar da escasa distancia á que pasará, que é comparable a 2,1 diámetros terrestres, non será posible ver o asteroide a primeira ollada.

Segundo o Centro para o Estudo de Obxectos Próximos á Terra (CNEOS) 2020 SW non volverá visitar as proximidades da Terra ata o ano 2029. Ademais, está previsto que a influencia da gravidade terrestre cambie a traxectoria do obxecto considerablemente.

FONTE: abc.es/ciencia