Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS XV (FIN)

Valeri Poliakov / Imexe: laprensa.peru.com

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Valeri Poliakov. El ten o récord de máis longa resistencia humana nunha soa partida no espazo, quen deixou a Terra o 8 de xaneiro de 1994, e permaneceu a bordo da Mir un total de 437 días, 17 horas, 58 minutos e 16 segundos, regresando o 22 de marzo de 1995. Serguéi Krikaliov ten o récord actual de tempo total combinado no espazo: 803 días, 9 horas, e 39 segundos.

E así rematamos esta serie que espero que servise para recordar e aprender cousas sobre as viaxes espaciais.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia


CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS XIV

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 2000. ISS está en construción desde 1998 e no presente é o obxecto artificial máis grande en órbita terrestre. Completa unha volta aproximadamente cada 92 minutos e atópase a un 408 km de altura aproximadamente da superficie da Terra. A primeira tripulación permanente da ISS, estaba composta polo astronauta estadounidense William Shepherd e os rusos Yuri Gidzenko e Serguei Krikaliov, chegou á Estación o 2 de novembro de 2000.

E imos coa proposta para hoxe:

Estación espacial MIR / Imaxe: astromia.com

14. Quen ten o récord de máis longa resistencia humana nunha soa partida no espazo?

- Serguéi Avdéyev

- Valeri Poliakov

- Serguéi Konstantínovich Krikaliov

Mañá a solución.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia


CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS XIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Falso. A cadeliña Laika si que faleceu poucas horas despois de producirse o lanzamento da súa nave (morreu a bordo do Sputnik 2 o 3 de novembro de 1957), pero Ham, regresou san e salvo á Terra; pasou o resto dos seus días no Zoo Nacional de Washington, D. C. (EE. UU.)  Laika ostenta o triste récord de ser o primeiro animal que morreu en órbita.

E imos coa proposta para hoxe:

ISS / Imaxe: Okdiario

13. A Estación Espacial Internacional (ISS) é un centro de investigación na órbita terrestre, cuxa administración, xestión e desenvolvemento está a cargo da cooperación internacional. En que ano chegou a primeira tripulación permanente da ISS?

- 1998

- 1999

- 2000

- 2001

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS XII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Ham e Laika. Foron varios os animais enviados ao espazo para comprobar os límites do organismo no espazo. Os máis coñecidos o chimpancé Ham do Mercury e a  cadeliña soviética chamada Laika. Sam foi o macaco que voou a unha altura de 88 km en 1958. Así, Ham conseguiu conquistar as estrelas ao ser o primeiro chimpancé en viaxar ao espazo. Pola súa banda, Laika converteuse no primeiro ser vivo terrestre en orbitar a Terra.

E imos coa proposta para hoxe:

12. Ambos os animais,  Laika e  Ham, morreron nas súas respectivas viaxes ao espazo.

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS XI

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Vladímir Mijáilovich Komarov. O camiño da humanidade cara ás estrelas tamén tivo heroes non moi recoñecidos publicamente pero igualmente valiosos. Unha desas persoas foi iste cosmonauta soviético; o seu voo na Soyuz 1 converteuno no primeiro  cosmonauta soviético en voar ao espazo exterior máis dunha vez pero tamén foi o primeiro ser humano en morrer nunha misión espacial. O falecemento de Komarov produciuse por un fallo no paracaídas fixo que a cápsula Soyuz estrelárase na terra tras o reingreso o 24 de abril de 1967.

E imos coa proposta para hoxe:

11. Os dous animais máis coñecidos que foron enviados ao espazo foron...

- Ham e  Laika

- Leia e  Belka

- Sam e  Laika

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS X

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Yuri Gagarin. A bordo da Vostok 1, este astronauta da Unión Soviética, foi o primeiro ser humano en ver o noso planeta desde o espazo. Durante este voo de 1 hora e 48 minutos,  Gagarin acadou unha altitude de 351 quilómetros, regresando  exitosamente á Terra o mesmo 12 de abril de 1961.

E imos coa proposta para hoxe:

10. O primeiro home que morreu nunha viaxe espacial foi...

- Vladímir Mijáilovich Komarov

- Pável Vinográdov

- Yuri Malenchenko

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS IX

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Valentina Tereshkova. Ela ten a honra de ser a primeira muller en alcanzar o espazo exterior. A data: 19 de xuño de 1963. A nave:  Vostok 6. A misión de orixe soviética durou tres días e Tereshkova deu 48 voltas ao redor da Terra.

E imos coa proposta para hoxe:

9. Quen foi o primeiro home no espazo?

- Aleksandr Aleksandrovich  Skvortsov

- Neil Armstrong

- Yuri  Gagarin

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS VIII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Alexéi Leonov. Este astronauta soviético foi o primeiro en realizar un paseo espacial durante a misión  Voskhod 2. Este fito da exploración espacial tivo lugar o 18 de marzo de 1965 e durou 12 minutos e 9 segundos. Retirouse en 1991 co grao de xeneral de aviación.

E imos coa proposta para hoxe:

8. Quen foi a primeira muller no espazo?

- Svetlana Savitskaja

- Valentina  Tereshkova

- Judith  Resnik

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia