Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS VII

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Falso. Foi a sonda Venera 3 a que chegou á superficie do planeta Venus o 1 de marzo de 1966, converténdose por iso na primeira nave terrestre en impactar noutro planeta. Formaba parte do programa de exploración espacial soviético e foi lanzada o 16 de novembro de 1965.

E imos coa proposta para hoxe:

7. O home que tivo a sorte de dar o primeiro paseo espacial foi...

- Alexéi Leonov

- Frank  Borman

- Dmitri  Zaikin

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS VI

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Apolo 8. O 21 de decembro de 1968, o goberno de Estados Unidos facía efectiva a primeira misión tripulada en órbita lunar. A tripulación do Apolo 8 estaba composta por Jim Lovell, Bill Anders e Frank Borman. Os astronautas viron por primeira vez a cara oculta da Lúa.

E imos coa proposta para hoxe:

6. Venera 4 foi a primeira nave en impactar noutro planeta

- Verdadeiro

- Falso

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS V

A contestación correcta á pregunta do día anterior é 1969. En concreto o 20 de xuño de 1969. Foi o astronauta e enxeñeiro espacial estadounidense Neil Armstrong. Durante a aluaxe coa nave Apolo 11, pronunciou a soada frase de “é un pequeno paso para un home, pero un gran salto para a humanidade” ao pisar a superficie da Lúa.

E imos coa proposta para hoxe:

5. A primeira misión tripulada en órbita lunar...

- Apolo 8

- Apolo 9

- Apolo 10

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS IV

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Apolo-Soyuz. Esta misión pon fin á carreira especial que durou de 1957 a 1975. Foi a última do programa Apolo e estaba formada por Thomas Standford, Vance Brand e Deke Slayton, por parte de Estados Unidos e de Alexei Leonov e Valeri Kubasov, por parte da URSS. Tratouse do primeiro axuste entre dúas nacións no espazo que foi coroado con agasallos, bandeiras e unha cea conxunta.

E imos coa proposta para hoxe:

4. En que ano chegou o home á Lúa?

- 1967

- 1968

- 1969

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS III

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Proxecto Mercury. Foi iniciado apenas un ano despois do lanzamento do satélite Sputnik por parte da URSS. Corría o ano 1958, en plena Guerra Fría tras rematar a Segunda Guerra Mundial e, tanto o goberno de Estados Unidos como o sector privado investiron enormes recursos nel. O primeiro intento do programa  Mercury (Mercury Redstone1) foi un fracaso; non así o resto de misións que culminarían o 15 de maio de 1963 co voo orbital da nave Faith 7.

E imos coa proposta para hoxe:

3. A fin da carreira espacial EEUU-URSS está delimitada pola misión... 

- Skylab

- Gemini- Soyuz

- Apolo- Soyuz

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS II

A contestación correcta á pregunta do día anterior é Sputnik I. Pesaba 83  kgs, formaba parte do proxecto  aerospacial da Unión Soviética e foi lanzado desde o  cosmódromo de Baikonur (Kazajstán). Todo ocorreu o 4 de outubro de 1957. Este fito converteu á nación en pioneira da carreira espacial, deixando atrás a Estados Unidos. Na actualidade existen numerosos satélites artificiais que orbitan ao redor da Terra e a outros obxectos do sistema solar.

E imos coa proposta para hoxe:

2. O primeiro programa de voo espacial humano da NASA foi...

- Proxecto Gemini

- Proxecto  Mercury

- Proxecto Apolo

Mañá a solución e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS

O pasado 4 de outubro, cumpríronse 61 anos do lanzamento do primeiro satélite artificial ao espazo. O próximo 20 de xullo, cúmprensse 50 anos que o ser humano puxo o seu pé por vez primeira na Lúa...

Estas e outras moitas cousas sobre as viaxes espaciais conforman esta sección, que pretenden recordar ou por o día estes coñecementos. Atréveste?

Pois comezamos!

1. Cal foi o primeiro satélite artificial?

- Sputnik

- Vanguard I

- Explorer I

A solución mñá e unha nova proposta.

FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia

OSCAR 2019

 

A 91ª edición dos Premios Óscar celebrouse a pasada madrugada no  Dolby  Theatre dos Ánxeles. Esta é a lista dos premios diste ano:

Mellor película: Green Book

Mellor director: Alfonso Cuarón, por Roma

Mellor actor: Rami Malek, por Bohemian Rhapsody

Mellor actriz: Olivia Colman, por A favorita

Mellor actriz secundaria: Regina King, por O blues de Beale Street

Mellor actor secundario: Mahershala Ali, por Green Book

Mellor guión orixinal: Green Book (Nick Vallelonga, Brian Currie e Peter Farrelly)

Mellor guión adaptado: Infiltrado no KKKlan (Charlie Wachtel, David Rabinowitz, Kevin Willmott e Spike Lee)

Mellor documental: Free Solo, de Jimmy Chin e Elizabeth Chai Vasarhelyi

Mellor maquillaxe e perruquería: O vicio do poder, de Greg Cannom, Kate Biscoe e Patricia DeHaney.

Mellor vestiario: Black Panther, de Ruth E. Carter

Mellor deseño de produción: Black Panther, de Hannah Beachler

Mellor fotografía: Roma, de Alfonso Cuarón.

Mellor montaxe de son: Bohemian Rhapsody, de John Warhurst

Mellor mestura de son: Bohemian Rhapsody, de Paul Massey, Tim Cavagin y John Casali

Mellor película de fala estranxeira: Roma (México), de Alfonso Cuarón

Mellor montaxe: Bohemian Rhapsody, de John Ottman

Mellor película animada: Spider-Man: un novo universo, de Bob Persichetti, Peter Ramsey e Rodney Rothman

Mellor curtametraxe animado: Bao, de Domee Shi

Mellor curtametraxe documental: Period. End of Sentence., de Rayka Zehtabchi

Mellores efectos especiais: First Man, de Paul Lambert, Ian Hunter, Tristan Myles e J.D. Schwalm

Mellor curtametraxe de ficción: Skin, de Guy Nattiv

Mellor banda sonora: Black Panther, de Ludwig Goransson

Mellor canción: Shallow, de Naceu unha estrela

FONTE: elpais.com