CANTO SABES SOBRE AS VIAXES ESPACIAIS II
A contestación correcta á pregunta do día anterior é Sputnik I. Pesaba 83 kgs, formaba parte do proxecto aerospacial da Unión Soviética e foi lanzado desde o cosmódromo de Baikonur (Kazajstán). Todo ocorreu o 4 de outubro de 1957. Este fito converteu á nación en pioneira da carreira espacial, deixando atrás a Estados Unidos. Na actualidade existen numerosos satélites artificiais que orbitan ao redor da Terra e a outros obxectos do sistema solar.
E imos coa proposta para hoxe:
2. O primeiro programa de voo espacial humano da NASA foi...
- Proxecto Gemini
- Proxecto Mercury
- Proxecto Apolo
Mañá a solución e unha nova proposta.
FONTE: Idea orixinal muyinteresante.es/ciencia
0 comentarios