Blogia
vgomez

HIPOCAMPO, A NOVA LÚA DE NEPTUNO

Diagrama do sistema de  Neptuno. Todos os coñecidos. As características do sistema  Neptuno interior a Triton móstranse a escala. (Triton orbita aproximadamente tres veces máis lonxe que  Proteus). Aneis e arcos móstranse en verde. As formas lunares están indicadas por  elipses vermellas que indican as súas dimensións a×c, aumentadas en relación coas súas órbitas nun factor de 20 / Imaxe: nature.com

En 1989 a sonda espacial Voyager-2 acadouu as inmediacións de Tritón, a lúa máis grande de Neptuno. As fotografías que tomou ao seu paso revelaron seis satélites interiores, ata entón totalmente descoñecidos. Trinta anos despois, este xigante xeado, o planeta máis afastado do Sistema Solar, continúa desvelando os seus segredos: a semana pasada a revista Nature publica os detalles dunha sétima lúa interior, Hipocampo, que eleva a 14 o número total de satélites de Neptuno.

O achado achega, ademais, novas claves sobre os fenómenos que deron orixe ao cortexo de astros que orbita ao seu ao redor. A nova lúa, que foi bautizada co nome dunha criatura mariña da mitoloxía clásica, é a máis pequena das que rodea Neptuno. Ten un diámetro medio duns 34 quilómetros e segue unha órbita de só 12.000, que discorre sempre preto de Proteo, a maior desas seis lúas interiores descubertas pola Voyager-2. "Os nosos resultados suxiren que Hipocampo é, en realidade, un antigo fragmento de Proteo", escribe o autor principal do artigo. Os seus descubridores sinalan, así mesmo, que a relación entre Hipocampo e Proteo é especialmente relevante, dado o papel que ambos os obxectos puideron desempeñar na creación do sistema orbital de Neptuno.

De acordo cos autores, todos os satélites interiores puideron orixinarse a partir de fragmentos de Proteo, que sairían despedidos tras o impacto dun gran cometa, o que á súa vez reforzaría a idea de que todas as lúas que rodean a Neptuno e Xúpiter foron moldeadas por numerosos choques cósmicos. Neste sentido, o ano pasado saíron á luz doce novas lúas ao redor de Xúpiter, incluíndo un estraño satélite cunha órbita contraria á rotación do planeta. De feito Proteo presenta na súa superficie un enorme cráter chamado Pharos, un signo indicativo de que esta lúa sufriu un gran impacto que estivo preto de destruíla.

FONTE: elmundo.es/ciencia

0 comentarios