Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

HUMOR: LUNS DO MONTE

HUMOR: LUNS DO MONTE

 

A Festa do Monte volve ser o tema de hoxe na viñeta do xornal Faro de Vigo, do xenial Gogue (José Angel Rodríguez López, O Grove, 1953). Neste caso, fai referncia ao luns do Monte e como el chama: os efectos colaterais.

Esto acábase! 

HUMOR: FESTA DO MONTE

HUMOR: FESTA DO MONTE

 

A Festa do Monte é hoxe o tema da viñeta do xornal Faro de Vigo, do xenial Gogue (José Angel Rodríguez López, O Grove, 1953).

Que todo o mundo disfrute da festa!

O CORTE DE DIXESTIÓN

piscina

Corte de dixestión / Imaxe: chuntaalmudebar.wordpress.com


Paradigma dos mitos estivais, a hidrocución ou shock termodiferencial (que vulgarmente coñécese como "corte de dixestión") é un deses temas que máis debate interxeracional esperta. Aínda que toda polémica neste sentido adoita ser breve ao quedar rapidamente resolta con expresións como: "Non te bañas ata dentro de dúas horas porque cho digo eu, que son a túa nai. E punto".

Parece mentira pero aínda hai quen ten unha boa lea na cabeza con iso do corte de dixestión. O tempo necesario que debe de transcorrer entre terminar de comer e tomar un baño é un debate que traspasa fronteiras e que do mesmo xeito que implica a nais, pais, avoas, cuñados (e cuñadas) e ás vítimas colaterais deste desafortunado mito: os nenos.

É verdade que é posible sufrir un síncope cando se produce un cambio brusco da temperatura corporal, por exemplo ao pasar dun ambiente caloroso a outro moito máis frío, algo relativamente fácil nun baño estival. Nestas circunstancias pódese sufrir unha inhibición da función respiratoria e circulatoria por reflexo, o que pode comprometer a vida, sobre todo se se perde o coñecemento e estase na auga.

Para que non pase isto, pódense tomar precaucións como non zambullirse de forma brusca cando a auga ten unha temperatura inferior aos 18°C ou non estar especialmente quentes antes do baño, xa sexa por unha exposición prolongada ao sol, por estar en ambientes moi calorosos, por esforzo físico intenso con gran sudoración ou por estar en tratamento con algúns fármacos ou drogas que favorezan esta situación.

As comidas copiosas tamén poden facilitar ese shock termodiferencial, si, pero podes bañarche cando che dea a real gana sempre que teñas dous dedos de fronte e lembres que só as focas e outros mamíferos mariños están adaptados para zambullirse en augas xeadas grazas á súa panículo adiposo subcutáneo, que a modo de neopreno íllalle dese brusco contraste térmico. Así, se te metes amodo tras tomar unha ducha, mollado as bonecas, caluga e cabeza, o risco de hidrocución desaparece (iso si, mentres escollas para o baño unha piscina normal e non un glaciar de alta montaña).

Como me gustaría ter as ideas así de claras cando tiña 6 anos e estaba na piscina coa miña nai!

FONTE: Juan Revenga Frauca/Xornal El País

NORMAS PARA AUTOMOBILISTAS E CICLISTAS

 

Aínda que foi reformado o tramo de costa entre Vigo e  A Guarda para dotalo de maior seguridade aos ciclistas, aínda que a DXT identificou como tramo seguro a Ruta Ciclista Protexida Volta ao Val que inclúe, entre outros, a vía PO-552, é preciso a convivencia na estrada entre automobilistas e ciclistas, sempre poñendo como primeira premisa o respecto polas normas de trafico.

Evitemos os accidentes!

A TAPA DE PULPO MÁIS GRANDE DO MUNDO

 

Carballiño, a miña terra de nacemento, quenta motores para a celebración da Festa do Pulpo, que iste ano chega á 55 edición e que coincide sempre co domingo do Monte da nosa localidade, A Guarda, a miña terra de adopción, o domingo 13 de agosto. 

Onte, Carballiño bateu o seu propio récord no tempo empregado por unha trintena de picadores para crear a tapa de polbo máis grande do mundo. Foron 10 minutos con 56 segundos fronte aos 18 minutos do 2016. Este ano non foi necesario aumentar o tamaño do prato, porque en ningún lugar superouse o diámetro de 5,37 metros. Empregaron 500 quilos de pulpo, cocidos previamente nas calderas instaladas na Praza Maior, aderezado con sal grosa, aceite de oliva e pimentón.

Despois houbo que dar conta de tal manxar, do que sairon 1500 racións, acompañadas de pan, viño e chocolate. Un menú completo ao precio de 5 €.

Parabéns!

FONTE: Sabela Pinal/Xornal La Región

   

10º ANIVERSARIO

10º ANIVERSARIO

 

Cumpre este blog 10 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe: 265.645

Visitas no último ano: 48.901                       

Promedio mensual: 4.075 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 395

Promedio mensual:  33 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2015: 216.744

Visitas ata agosto de 2015: 165.935

Visitas ata agosto de 2014: 137.408

Visitas ata agosto de 2013: 117.568

Visitas ata agosto de 2012: 89.980

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

O HORBITO, O TEU ORDENADOR NA NUBE

 

O Horbito pódese definirse en poucas palabras como unha páxina web que funciona como o teu propio computador. A plataforma online replica o equipo do usuario na nube, permitíndolle acceder aos seus arquivos e ao software que ten instalado desde calquera terminal do mundo que estea conectado a Internet. Non hai que descargar nada, instalar ningún cliente que termina por consumir recursos nin andar sincronizando cartafoles. Basta con crear unha conta e acceder á plataforma para atopar o teu escritorio tal cal e comezar a traballar.

Roberto Gómez e Xavier Garmón, os intrépidos creadores de Horbito, coñecéronse o primeiro día de clase na universidad Politécnica de Madrid. A súa idea foi bolseira primeiro na Politécnica e despois no MIT, antes de comezar a unha rolda de financiamento coa que obtiveron un millón de euros para o seu lanzamento e desenvolvemento. O Horbito fixo realidade o soño de moitas empresas tecnolóxicas que levan tempo perseguindo unha ferramenta web que permita traballar na nube con liberdade e de forma eficaz.

A nova nube xa está aquí e estes dous "frikis" parecen capaces de mostrar o camiño que debe seguir.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País

MOLEY, UN CHEF ROBOT

 

Nun futuro moi próximo, cando nun restaurante cedamos a ese costume tan español de querer entrar na cociña para felicitar ao chef, é probable que sexamos incapaces de facelo a non ser que saibamos algunha linguaxe de programación. Porque tras os fogóns, en lugar de alguén con gorro de cociñeiro, atoparemos un robot. Talvez o da linguaxe de programación sexa un pouco esaxerado... porque o robot entenderanos de todos os xeitos. De feito ese prodixio xa existe e podes comunicarte con el a través dunha pantalla táctil ou unha aplicación móbil.

O que ata agora coñeciamos como robot de cociña non pasaba de ser un aparello capaz de triturar, cocer, bater e fritir alimentos. Unha máquina útil pero moi afastada da imaxe que temos dun robot. O de Moley é completamente distinto, xa que se trata dunha cociña con todo o necesario (forno microondas e vitrocerámica incluída) que desprega dous brazos robóticos de alta precisión capaces de facer o traballo completo... e limpar despois. O creador deste robot é Mark Oleynik, un matemático e programador que está convencido de que a súa idea será un éxito porque, grazas a Moley, calquera poderá ter acceso a comer pratos realizados polos mellores cociñeiros do mundo. Á fin e ao cabo, asegura Oleynik, o segredo dos chefs está na súa imaxinación: se fósemos capaces de ter exactamente a mesma materia prima, con idénticas cantidades, os mesmos procesos de cociñado e os movementos exactos para levar a cabo as receitas (incluído o emplatado), todos poderiamos realizalos. E iso é o que fai Moley, posto que primeiro captura os movementos dos cociñeiros para reproducilos despois; aínda que esa precisión mecánica nunca poderá substituír, segundo Oleynik, a creatividade dun verdadeiro mestre da cociña.

FONTE: José L. Álvarez Cedena/Xornal El País