Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

PARABÉNS ELSA!

PARABÉNS ELSA!

Elsa luciando a súa medalla / Imaxe: galiciasuroeste.info

Hoxe, nun día centrado no DÍA DA MULLER, escollo unha das miñas alumnas: ELSA PENA VICENTE, para amosar o esforzo e a recompensa acadada o pasado sábado, 5 de marzo, ao proclamarse Campiona Galega dos 1000 metros lisos de pista cuberta.

Estás marcando un  camiño impresionante. Parabéns!

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

Cando no mundo conmemórase hoxe o día internacional da muller, poucos saben ou lembran a sanguenta orixe que ten a data, a cal lembra un tráxico feito que conmocionou á opinión pública mundial.

A conmemoración do Día da Muller nace dunha historia sanguenta, onde o abuso, a explotación e a impunidade causou a morte de 146 mulleres, algunhas queimadas e outras mortas porque se arroxaron ante o temor das chamas. Este día non conmemora a diplomacia de mulleres adiñeiradas, amables, de boa familia, que coa súa paixón lograron cambios na sociedade que lles permitisen máis dereitos. Este día conmemora ás revolucionarias pioneiras, as indignadas, as migrantes e as que pedían maior equidade na vida conxugal e en laboral. As que demandaban ser máis muller.

Varios fitos marcan este día: un levantamento de mulleres rusas, unha ocupación de traballadoras neoyorkinas, unha protesta de mulleres de Manhathan e unha conferencia internacional de mulleres en Dinamarca.

O tema de 2016 para o Día Internacional da Muller é "Por un Planeta 50-50 en 2030: Demos o paso para a igualdade de xénero".

Ningún outro mundo é posible e moito menos "mellor", sen as ideas, a coraxe, a forza e a organización das mulleres.

BÁGOAS BAIXO O MICROSCOPIO

BÁGOAS BAIXO O MICROSCOPIO

 

"Cada bágoa é tan única como un copo de neve. É algo moi persoal", afirma o fotógrafo Maurice Mikkers, creador do proxecto "Imaginarium of Tears", concibido para fotografar bágoas baixo o microscopio.

Igual que unha pegada dactilar!

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

O CAN, MÁIS QUE O MELLOR AMIGO DO HOME

O CAN, MÁIS QUE O MELLOR AMIGO DO HOME

James Isaac, xunto ao seu can Mahe no hospital / LOUISE GOOSSENS/CCDHB

Xa non me quedan palabras para describir a lealdade dun can cos seus amigos e amigas. A linguaxe falada queda curta para expresar estes sentimentos. A súa dedicación non ten límites nin condicións.

O último caso saíu publicado a semana pasada. Trátase da historia de James Isaac, un neno autista que se apoia nun can labrador negro alá onde vai. James rexeita a mirada e o contacto físico dos seus pais, pero non o de Mahe, o cal fai de intermediario entre a familia e el. 

James tampouco falou nunca. A confianza e seguridade que necesita para non saír correndo a causa do pánico que lle producen as situacións sociais proporciónallas Mahe. Para este can non existe outra persoa no mundo máis importante que James. E para James, non hai ninguén máis importante que Mahe.

Recentemente, James foi ingresado no hospital para nenos de Wellington en Nova Zelandia. A razón é determinar a causa duns ataques que sofre, os cales lle tiveron ingresado durante uns días. Cando lle anestesiaron, pouco antes de perder a conciencia, Mahe miráballe preocupado e acariñáballe co fuciño suavemente. Estivo ata que xa non lle deixaron máis. "Só miraba a James e parecía realmente preocupado ", declarou a súa nai Michele Isaac.

Pero a preocupación do can ía máis aló do neno. Mentres a nai esperaba a que terminasen as probas que lle estaban realizando, non podía controlar a súa ansiedade. Sufría demasiado ao ver ao seu fillo loitando. Entón, o intelixente Mahe sentou ao seu lado para tranquilizala. E conseguiuno.

Mahe, xunto a James Isaac no hospital. Unha vez que James foi trasladado a unha habitación, Mahe, que significa "agasallo de Deus" botouse co seu mellor amigo, case encima del. Cando o persoal médico tratou de separalos, Mahe negábase a abandonar a habitación. Alí pasaron as horas xuntos, en contacto físico o un co outro. Facendo o que mellor saben facer: quererse

O día a día desta familia mellorou moito desde que Mahe integrouse como un membro máis. James adoitaba correr de pánico en calquera dirección ata que o can apareceu nas súas vidas. Mahe está adestrada para asistir a James e van atados por un arnés cando saen á rúa. Así, se sae despavorido, Mahe pode sentar e deterlle para que non poña en perigo a súa vida se corre cara a unha estrada todo descontrolado. 

Os lazos que os nenos autistas e persoas con outras necesidades establecen cos animais non son algo novo aínda que nunca deixan de sorprendernos. Trátase dun lazo indestructible que se crea entre especies, proporcionando aos nenos o afecto e a comprensión que moitos humanos non sabemos darlles. En certo sentido é algo máxico e inexplicable. 

Porque os cans non teñen prexuízos nin son celosos do seu tempo. Aman a quen os coida e failles compañía. Para eles a manda está por encima de todo e non hai peor castigo que separalos dos seus amigos. A superficialidade humana non ten oco na mente desta especie coa que temos unha alianza desde hai máis de 20.000 anos.

FONTE: Yo, mono/Pablo Herrero/Xornal El Mundo 

CHEGA O ENTROIDO

CHEGA O ENTROIDO

Caretas / Imaxe:fiestaycaramelos.es

Como marca o calendario, eso si adiantado con respecto ao ano pasado, chega o ENTROIDO, termo propio do rural, ou carnaval, máis propio de vilas e cidades. Tempo de lecer e de certas licencias que non se premiten no resto do ano.

Uns días de descanso, polo que non volveremos ás aulas ata o xoves, día 11. Despois, traballo pois a 2ª avaliación xa está na metade da súa duración e os resultados apremian.

Divertídevos!

DÍA MUNDIAL DA PAZ

DÍA MUNDIAL DA PAZ

Mural da Paz / Imaxe: chilsemania.blogspot.com

Hoxe, día  30 de  xaneiro, celebrase o Día Mundial da Paz. Nesta data  conmemórase o asasinato de Gandhi,  personaxe  que destacou por  ser  un líder  da non violencia curiosamente nunha loita revolucionaria (caso único de tódolos tempos). 

No vídeo superior tedes un tema de Abraham Mateo Chamorro (San Fernando-Cádiz, 1998), máis coñecido como Abraham Mateo.

Empezou a interesarse polas cuestións humanitarias no seu IES  tras  coñecer o traballo  de Unicef. Máis  tarde e grazas a  súa carreira  artística  tivo a ocasión de colaborar en  concertos  e  galas. En canto tivo ocasión   quixo ir máis lonxe  e xunto coa  súa  discográfica  fixo  este  vídeo  doando  os beneficios xerados  polas  reproducións deste tema, firma de  discos etc . 

A canción trata de demostrar  que  todos podemos  contribuír  dun ou outro xeito  e mostrar solidariedade  cos afectados polos  conflitos.  

Pon a túa parte!

TEMPOS NOVOS NA POLÍTICA

TEMPOS NOVOS NA POLÍTICA

 

O xenial Gogue (José Ángel Rodríguez López, O Grove-1953), plantexa hoxe na súa viñeta diaria do xornal Faro de Vigo, unha das moitas novedades entre os representantes do pobo no Congreso dos Deputados; concretamente "as rastas" do Deputado por Podemos Alberto Rodríguez, elexido por Santa Cruz de Tenerife, de 33 anos e técnico superior de química ambiental.

Os tempos cambian!

GALICIA NA VOLTA 2016

 

Na próxima Volta Ciclista a España 2016, Galicia ten un protagonismo especial. Das 21 etapas de que consta, 6 discorren integramente na nosa terra, e a 7ª aínda ten a súa saída en territorio galego. Pero non só iso é importante, xa que o comezo da mesma é en Ourense, preto da miña casa, concertamente no Balneario de Laias.

A súa celebración será entre o 20 de agosto e o 11 de setembro.

Se queres coñecer o recorrido íntegro so tes que premer AQUÍ, aínda que no vídeo superior tes unha primeira aproximación.

Un aliciente máis para vela e tamén outra forma de dar a coñecer o noso país polo mundo mundial!