Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

VANO TER COMPLICADO!

VANO TER COMPLICADO!

 

Co tempo que temos, vano ter complicado!

Así o recolle o xenial  Davila (Luis Davila, Pontevedra-1972), na súa viñeta diaria no xornal Faro de Vigo de onte. Pero bueno, seguro que os cativos póñenlle mellor cara ao abrrir os regalos.

Que os Reis deixen moitas cousas nas vosas casas!


FELIZ 2016

FELIZ 2016

 

Só, os meus mellores desexos para un feliz Ano Novo cheo de moita satisfaccións e emocións… Todo o demais podedes agregalo ao voso gusto.

VÍCTOR

BO NADAL!

BO NADAL!

 

Os meus mellores desexos, tanto para os seguidores deste blog, coma para as vosas familias, nestas datas tan entrañables.

Bo Nadal!

VICTOR

"ESPERTAR", O ANUNCIO DE NADAL 2015 DE CAMPOFRÍO

 

Espertar” é o vídeo deste ano 2015 de Nadal de Camprofrío, que cambia a tónica de humor de anos anteriores. "Creme que hai demasiadas cousas cada día polas que merece a pena abrir os ollos, levantarse e saír a vivir", di o personaxe central, un home que esperta do coma e ao que a súa dona, vaille mostrando o que ocorreu mentres el estaba ausente.

Emotivo!

VACACIÓNS!

VACACIÓNS!

 

Chegou o día! Despois de recoller as temidas notas, con algunha que outra sorpresa e a correspondente bronca na casa, chegaron as VACACIÓÓÓÓÓNS!

Nada de madrugar, nada de libros e de profes... e moito de festa!

Iso si, por un tempo limitado, xa que o xoves, día 7 de xaneiro toca volver á rutina, pero será xa outro ano, o 2016.

Boas vacacións a tod@s!

O HUMOR COA CIENCIA

O HUMOR COA CIENCIA

 

Os personaxes de Floreano e Monchiña do humorista gráfico Gogue (José Ángel Rodríguez López, O Grove-1953), falan hoxe de ciencia.

Esta é a viñeta do xornal Faro de Vigo de onte.

ESPECTACULARES ESPACIOS NATURAIS NO CINE (III)

 

Continuando con exemplos de películas que foron rodadas nun espacio natural, sendo este un dos protagonistas principais, realzando á mesma, falaremos hoxe de “ Os descendentes" do director Alexander Payne, película do ano 2011.

"Os descendentes" conta a historia dun avogado que vive en Honolulu e é o único fiduciario de 25.000 hectáreas de terras virxes da illa de Kauai onde queren facer unha urbanización turística. Foi filmada en fermosas localizacións do estado de Hawai.

Interesante comedia dramática!

FONTE: Recista Consumer

DÍA INTERNACIONAL DE LOITA CONTRA A SIDA

 

Cada 1 de decembro, Día Mundial de Loita Contra a SIDA, persoas de todo o mundo suman esforzos para xerar unha maior conciencia do que supón o VIH/SIDA e mostrar solidariedade internacional ante a pandemia. Calcúlase que hai en España entre 130.000 e 160.000 persoas con VIH, unhas 7.000 en Galicia, e case un terzo non o saben.

Pero realmemente coñecemos que é esta enfernidade? Vexamos... 

 Que é a SIDA?

A sida é unha enfermidade transmisible producida por un virus que coñecemos por "VIH" (Virus da Inmunodeficiencia Humana). Preséntase cando o virus destruíu as defensas do organismo ata tal punto que facilita a aparición de infeccións oportunistas e dalgúns tipos de cancro. Ao entrar o virus no corpo, xeralmente non aparece ningún síntoma de enfermidade ou estes son moi inespecíficos. Pero as persoas infectadas polo virus producen anticorpos fronte a este e estes poden ser detectados no seu sangue mediante unha análise. Non obstante, é necesario que pasen anos ata que aparezan infeccións oportunistas ou determinados cancros, asociados á infección por VIH, momento no que dicimos que a persoa con VIH ten sida. Por agora a infección por VIH non ten un tratamento curativo eficaz, pero existen tratamentos que frean a actividade do virus e na maioría dos casos permiten ás persoas vivir moitos anos sen complicacións graves. Aínda así hai que recordar que a sida é unha enfermidade moi seria, potencialmente mortal e que na maioría dos contextos, é frecuente causa de exclusión e discriminación.

Como se transmite o VIH?

O VIH transmítese por:

  • Relacións sexuais con penetración vaxinal, anal e oral sen preservativo.
  • Compartindo un obxecto punzante sen esterilizar que estivese en contacto con sangue infectado: xiringas, agullas, instrumentos para acupuntura, tatuaxes, piercing, etc.
  • E dunha nai con VIH ao seu fillo/a durante o embarazo, o parto ou a lactación.

Non se detectou transmisión a través dos seguintes mecanismos:

  • Aire, auga
  • Bicos, a brazos, darse a man ou tocarse
  • Picaduras de insecto ou mosquitos.
  • Saliva, suor, bágoas.
  • Convivencia habitual no fogar, traballo e na escola.
  • Doar ou recibir sangue en países onde estea axeitadamente controlado.

A transmisión/adquisición da infección depende polo tanto do comportamento de cada persoa, aínda que o devandito comportamento está á súa vez condicionado por cuestións sociais e culturais que fan que algunhas sociedades, grupos de poboación e individuos se encontren nunha situación de maior vulnerabilidade á transmisión do virus. A desigualdade entre homes e mulleres, a discriminación que sofren algúns colectivos, o estigma das persoas afectadas ou a pobreza son factores determinantes na aparición e repetición destes comportamentos que poñen en risco as persoas.

FONTE: somospacientes.com e madrid.org