Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

TERREMOTO EN NEPAL

TERREMOTO EN NEPAL

Máis dun millar de persoas morreron, case 2.000 encóntranse feridas e un patrimonio cultural incalculable quedou destruído no terremoto de 7,9 graos de magnitude na escala Richter que este sábado sacudiu Nepal. Trátase da peor catástrofe natural que padeceu este país dende 1934, cando outro sismo deixou preto de 8.500 mortos.

O sismo, que tivo o seu epicentro a 150 quilómetros ao oeste de Katmandu, afectou tamén á India, onde se rexistraron máis de trinta vítimas mortais, e en Tibet, onde as autoridades chinesas informaron da morte de polo menos unha ducia de persoas. Tamén causou unha avalancha no Everest que causou a morte a máis de dez montañeiros.

FONTE: Xornal El Pais

ESTAMOS DE VOLTA

ESTAMOS DE VOLTA

Estamos de volta / Imaxe:efvilaverde.blogspot.com

Todo o bo remata e as vacacións tamén!

Despois duns días de descanso e cun tempo estupendo, retomamos as clases para afrontar esta última e definitiva avaliación do curso, que nos levará ata o día 19 de xuño, venres, que rematarán oficialmente as clases. Uns días despois entregaranse as notas e comezarán as vacacións de verán.

Serán 53 días de clase, distribuídos en 3 meses, cun pequeno descando na ponte do 1º de maio (venres).

Hai que poñer o resto neste tempo, coa mente posta nos bos resultados de xuño e un verán fantástico.

Bo trimestre a tod@s!

CONSELLOS PARA AS CHAMADAS POR WHATSAPP

CONSELLOS PARA AS CHAMADAS POR WHATSAPP

 

Nestas vacacións entrou un novo servizo de WhatsApp: chamadas. O servizo da popular aplicación de mensaxería instantánea realízase a través de internet. Substitúese a tradicional rede de telefonía grazas á tecnoloxía VoIP ou Voz sobre IP, que converte a voz en datos dixitais para poder transmitilos. Polo tanto, a cobertura, se falas moito ou pouco, os ruídos de fondo... farán que consumas máis ou menos datos.Ao ser un servizo que depende de internet, a calidade varía. Como é normal, en redes 4G funciona moito mellor que en 2G.

Outro aspecto que debes ter en conta é que, ás veces, hai retardo, a conversación sofre cortes, etc. Isto prodúcese porque o servizo, ao ter que converter a voz en bites, comprimir a mensaxe, envialo e volver descomprimilo para que o receptor poida escoitalo, pode ocasionar algún que outro pequeno inconveniente pero o servizo funciona con normalidade, sempre e cando teñas unha boa cobertura.

Evita, para ter unha conversación fluída, falar ao mesmo tempo que o teu emisor ou realizar chamadas nas que tanto un coma o outro sexan varias persoas porque todo iso supoñerá enviar maior número de datos á vez. Polo tanto, maior consumo.

Este servizo non ten un custo económico adicional pero si supón un gasto no consumo de datos. Polo tanto, debes vixiar moi ben o teu consumo tendo en conta o tipo de tarifa que teñas contratada. Por esta razón, é mellor realizar este tipo de chamadas cando esteas conectado a unha rede WiFi.

Segundo os primeiros cálculos, unha chamada dun minuto consume uns 500 kb. A diferenza das chamadas tradicionais, nas que só paga o emisor, nas de WhatsApp, tanto o emisor coma o receptor «gastan» datos. As chamadas perdidas, aínda que pouco, tamén consumen (100 kb, aproximadamente).

Hai compañías como Yoigo ou Vodafone que, nas súas tarifas máis económicas, non inclúen as chamadas IP. Fíxate, polo tanto, se no teu contrato están incluídas. En caso de non o estar, terías que comprar bonos de voz IP ou cambiar o contrato coa compañía.

Non fagas caso a aplicacións fraudulentas que circulan pola rede ou a correos electrónicos que cheguen á túa bandexa de entrada nos que che digan que tes que executar un arquivo adxunto ou instalarche algunha outra aplicación. O único que necesitas es instalarte WhatsApp ou actualizar a «app» desde Google Play coa última versión (2.12.5).

FONTE: Xornal abc/tecnoloxía

CONTOS QUE NON SON CONTOS: A LAGOA DE DONIÑOS

CONTOS QUE NON SON CONTOS: A LAGOA DE DONIÑOS

Lagoa de Doniños (Ferrol-A Coruña) / Imaxe:guias.masmar.net

Conta a lenda que a aldea de Doninos estaba habitada por xentes pagás e irreverentes. As únicas boas persoas eran unha parella que, fartos de tanto escándalo e promiscuidade, decidiron vivir nunha pequeña casiña situada nun outeiro, fóra da aldea.

Vendo Deus a escasa moral daquel pobo, decidiu enviarlles un castigo para destruír aquel niño de corrupción e pecado. Pero concidiu que, ese mesmo día, o home do outeiro baixaba á aldea a vender a súa excelente colleita de trigo, alegre e confiado polo carreiro. Ao chegar á entrada da aldea pareceulle escoitar os berros dunha muller pedindo socorro. Volveu a cabeza e, para o seu espanto, viu á súa muller perseguida por dous soldados. Inmediatamente acudiu na súa axuda, pero entre a vaxetación do bosque perdeunos de vista.

O home, presa do nerviosismo e desepero, quedou atordado uns instantes, pero, cando recuperou o alentó, deuse a volta e, para a súa sorpresa, viu que estaba ante a porta da súa casa.

O delicioso olor a guiso de carne, a suave voz da cantareira da súa muller, a cortina movéndose tranquilamente na ventá, síntomas todos dunha normalidade que o encheu de felicidade. Entrou correndo e abrazouna con infinita alegría, aliviado por vivir unha alucinación sen consecuencias.

De súpeto, un estrondo aterrador asustounos. Dende a ventá viron a magnitude do terrible cataclismo que tivera lugar: as terras abríanse e un abundante manancial de auga sepultaba toda a aldea, convertíndoa nunha lagoa.

Dando grazas a Deus pola súa misericordia, viviron felices sen esquecer nunca o exemplar e drástico castigo enviado sobre aquela aldea de pecadores, que hoxe se coñece como lagoa de Doniños.

FONTE: Almanaque Agrícola ZZ. Ano 1015

CAMBIO DE HORA

CAMBIO DE HORA

Cambio de hora / Imaxe: publico.es 

Na madrugada de hoxe ao domindo, día 29, producirase o cambio de hora hora para adaptarnos ao horario de verán. Iso significa que cando o reloxo marque as 02:00 horas, teremos que adiantalo ás 03:00.

Como consecuencia, hoxe, durmiremos unha hora menos, pero a cambio obteremos máis horas de luz durante o día ata o último domingo de outubro, cando volvamos a cambiar para o horario de inverno.

O obxectivo desta iniciativa é poder aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade.

O cambio de hora xeneralizouse de forma desigual dende 1974, a raíz da primeira crise do petróleo. En España e a Unión Europea aplícase dende 1981 cunha Directiva que foi renovada cada catro anos ata que no ano 2001 se consolidou o seu carácter indefinido.

HUMOR: A ECLIPSE DE ONTE

HUMOR: A ECLIPSE DE ONTE

Viñenta de Davila, no xornal Faro de Vigo de hoxe.

HOXE COMEZA A PRIMAVERA

HOXE COMEZA A PRIMAVERA

Flores de primavera / Imaxe:veoverde.com 

A primavera de 2015 comezará hoxe, venres 20 de marzo, ás 23 horas 45 min. Durará 92 días e 18 horas, rematando o 21 de xuño co comezo do verán.

O próximo domingo, 29 de marzo, terá lugar o cambio de hora, recuperando o horario de verán.

 

ERUPCIÓN DO VOLCÁN VILLARICA

ERUPCIÓN DO VOLCÁN VILLARICA

 

A erupción do volcán Villarrica, nos Andes meridionais, provocou onte que as autoridades chilenas elevasen a vermello a alerta en varias zonas do sur do país. O Servizo Nacional de Xeoloxía e Minaría avisou ás 03.00 da madrugada hora local (07.00 hora española) da explosión deste volcán, despois de que a actividade sísmica crecese durante as últimas semanas. O volcán emite unha columna de cinzas e lava que alcanzou alturas próximas aos tres quilómetros, aínda que a súa actividade comezou a diminuír a primeira hora da mañá.

As comunas de Villarrica, Pucón e Curarrehue na Rexión de La Araucanía e a comuna de Panguipulli na Rexión de Los Ríos, todas zonas moi turísticas de Chile, manteñen a alerta vermella e 3.600 persoas foron evacuadas de xeito preventivo por posibles aluvións de lava. O perigo agora son os deslizamentos do desxeo do cono volcánico.

O volcán Villarrica é un dos máis activos de Sudamérica e posúe unha forma cónica case perfecta. É clasificado como estratovolcán e conta cunha altitude de 2847 msnm (2450 m contando dende a base). Está situado no límite das provincias de Cautín (Rexión da Araucanía) e Valdivia (Rexión de Los Ríos), entre os lagos Villarrica e Calafquén.

FONTE: Xornal El País/Materia/Ciencia