Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

A FALTA DE EDUCACIÓN MATA

A FALTA DE EDUCACIÓN MATA

Educación e saúde / rednovasalud.com

Cada vez existen máis evidencias de que o benestar e o bo estado físico non dependen só da Sanidade en si mesma, de cantas revisións nos fagamos ao ano, que tratamentos sigamos, ou a que hospital vaiamos, senón de que, en realidade, todo está conectado, e aspectos que a priori poden non parecer estritamente sanitarios, teñen tamén un importante efecto na esperanza de vida das persoas.
Un clásico na Saúde Pública é a teoría que relaciona o nivel educativo dunha persoa co seu estado de saúde: canta máis educación recibise alguén, máis san estará, e isto repercutirá en moitos aspectos da súa vida. Agora, un estudo realizado en Estados Unidos e publicado na revista PLOS ONE pon números a esta teoría, e sinala as mortes que se poden atribuír a un baixo nivel educativo. As cifras resultantes son, canto menos, rechamantes, tanto que os investigadores afirman que a falta de educación pode ser tan daniña como fumar.

As conclusións son que, se en 2010, os estadounidenses que non remataran o instituto o tivesen rematado, se poderían ter salvado 145.243 vidas. Para chegar a esta cifra, os autores calcularon primeiro o número de mortes entre persoas que non finalizaran o instituto, e despois, as mortes que terían acontecido entre esas mesmas persoas se tivesen as mesmas cifras de mortalidade que o grupo que si completara esta etapa educativa. A diferenza entre ambas as dúas cifras é o número de vidas que, potencialmente, se poderían ter salvado.

A pesar de que a evidencia existente sinala que unha parte da asociación entre mortes e educación pode ser casual, unha mellor educación asóciase a unha vida máis longa, porque aqueles que teñen maior nivel educativo son máis propensos a ter os recursos e o coñecemento para seguir uns comportamentos máis saudables, gañar máis diñeiro e vivir con menos estrés crónico.

Así, a educación repercute na nosa actitude fronte á saúde: cunha mellor educación mellora a resposta fronte á enfermidade, o paciente ten unha maior adherencia aos tratamentos e ás pautas terapéuticas. Ademais, as repercusións sociais da educación son amplísimas: unha mellor formación está ligada a un mellor traballo, e polo tanto, a un mellor salario. De feito, segundo cifras de UNICEF, un ano extra de educación tradúcese nun aumento do 10% nos ingresos da persoa.

FONTE: Xornal El Mundo/Ciencia

PILAR XUBÍLASE

PILAR XUBÍLASE

No día de onte, 25 de xuño, celebramos a xubilación de Pilar Pérez Campo, profesora nos últimos anos do CEIP "Manuel R. Sinde" e que tamén o foi algúns anos neste IES, sendo compañeira do meu Departamento.

Nesta nova etapa da vida que comezas, deséxoche todo o mellor, que poidas realizar esas cousas que por unha ou outra razón quedaron sen facerse e que sexas moi feliz.

Unha aperta para unha excelente profesional!

A TRIPLA CONXUNCIÓN DENDE AS ILLAS CIES

A TRIPLA CONXUNCIÓN DENDE AS ILLAS CIES

Triple Conjunction Over Galician National Park / Imaxe:apod.nasa.gov/apod/ap150624.html

No día de onte, 24 de xuño, a NASA, elexiu como  imaxe astronómica do día (Astronomy Picture of the Day) a  captada, nas Illas Cies, polo vigués Fernando Rey, na que retrata o triángulo que forma a Lúa con Venus e Xúpiter (Triple Conjunction Over Galician National Park).

Espectacular!

COMEZO DO VERÁN

COMEZO DO VERÁN

Solsiticio de verán / Imaxe:maxenlaluna.com

Hoxe, domingo 21 de xuño,  ás 18 horas e 38 minutos, comezará o verán. Esta estación durará 93 días e 15 horas, e rematará o 23 de setembro co comezo do outono.

O inicio desta estación vén dado, por convenio, polo instante en que a Terra se atopa nunha determinada posicións na súa órbita arredor do Sol. En concreto, esta posición dáse no punto da eclíptica no que o Sol alcanza a súa posición máis boreal. O día en que que isto sucede, o Sol alcanza a súa máxima declinación Norte (+23º 27) e durante varios días a súa altura máxima ao mediodía non cambia; a esta circunstancia o a chama tamén solsticio ("Sol quieto") de verán. Neste instante no hemisferio sur iníciase o inverno.

O día do solstico de verán corresponde ao de maior duración do ano. Arredor desta data encóntranse o día en que o Sol sae máis pronto e aquel en que se pon máis tarde. Un feito circunstancial non relacionado coas estacións dáse tamén nesta época: o día do afelio, é dicir, o día en que o Sol e a Terra están máis afastados entre si ao longo do ano. É este maior afastamento ao Sol a causa de que a Terra se mova máis lentamente ao longo da súa órbita elíptica durante o verán (segundo a coñecida como segunda lei de Kepler) e polo tanto a duración desta estación sexa maior que outras.

PARABÉNS CAMPIÓNS!

PARABÉNS CAMPIÓNS!

 

Xa están de volta o grupo de alumn@s de 1º ESO A do noso IES que participaron na Rally Matemático.

Formaban parte da selección galega composta polos grupos: IES A Sangriña (A Guarda),  IES Xermán Ancochea Quevedo ( A Pobra de Trives), IES María Casares (Oleiros), IES Os Rosais  2 (Vigo), IES Lauro Olmo (O Barco de Valdeorras), que  conseguiron a victoria nunha nova modalidade do Rally Matematico sen Fronteiras na súa fase internacional celebrada o día 22 de maio na Universidade Paul Sabatier  de Toulouse (Francia). Despois de resolver 4 problemas cunha puntuación de 10, recibiron as súas respectivas copas e a ilusión e as gañas de repetir a experiencia en próximas veces.

Parabéns campións!

NOVO TERREMOTO EN NEPAL

NOVO TERREMOTO EN NEPAL

Un novo sísmo é de magnitude 7,3 na escala Richter, con epicentro a 68 quilómetros ao oeste da cidade de Namche Bazar (noreste de Katmandú), cerca do campamento base do Everest, e a 15 quilómetros de profundidade, segundo informou o Servizo Xeolóxico de Estados Unidos (USGS). O sísmo, que sucedeu ás 12.35 hora local (catro horas menos en España), volveu a golpear a zona máis afectada polo terremoto do pasado 25 de abril, de magnitude 7,9.

Polo menos 57 persoas morreron en Nepal, segundo comunicou o Ministerio do Interior nepalí, e máis dun milleiro resultaron feridas, ademais de 17 falecidos en India e un en Tíbet. Ata o momento, rexistráronse seis novas réplicas, unha delas de magnitude 6,3, durante a primeira hora tralo terremoto.

FONTE: Xornal El Pais /El Mundo

HUMOR REAL: 1º DE MAIO

HUMOR REAL: 1º DE MAIO

 

Hoxe celébrase o 1º de MAIO: O DÍA DO TRABALLO. O xenial Forges (Antonio Fraguas de Pablo), na súa viñeta diaria no xornal El País de hoxe, trata o tema de forma maxistral.

A bos entendedores, poucas palabras!

ERUPCIÓN DO CABUCO

ERUPCIÓN DO CABUCO

Unha inesperada e sorprendente erupción tivo lugar o mércores  pasado no volcán Cabuco, a uns mil quilómetros ao sur de Santiago de Chile, o que obrigou as autoridades a ordenar a evacuación preventiva de máis de 4.000 persoas que viven nun radio de 20 quilómetros. Despois dunha serie de tremores, a primeira explosión produciuse ás 17:50 hora local e provocou unha columna de fume duns 17 quilómetros de alto, cunha forma similar a un fungo atómico. A madrugada do xoves produciuse un segundo estalido, obrigando as autoridades chilenas a elevar o número de persoas evacuadas a máis de 6500.

O volcán Calbuco é un volcán activo localizado ao sueste do lago Llanquihue (rexión de Los Lagos), no sur de Chile. A súa aba sur está dentro da comuna de Porto Montt e a súa aba norte, na de Puerto Varas. É parte da reserva nacional Llanquihue, administrada pola Conaf. O volcán é de composición de andesita,1 alcanza os 2015 m sobre o nivel do mar.

O Calbuco, un dos tres volcáns máis perigosos dos 90 activos que ten Chile, permanecera 43 anos inactivo: a súa última erupción rexistrouse en 1972, aínda que foi de baixa intensidade

Aínda que o volcán non desprendeu lava, pequenas localidades dos arredores sofren unha chuvia de cinzas e mala calidade do aire. mentres varias aeroliñas internacionais decidiron cancelar preventivamente voos a Santiago, Bos Aires e Montevideo.  

A rexión onde se atopa é coñecida por ser un dos principais focos turísticos nacionais, visitado por chilenos e estranxeiros xustamente por estar rodeado de montañas e lagos.