ERUPCIÓN DO CABUCO
Unha inesperada e sorprendente erupción tivo lugar o mércores pasado no volcán Cabuco, a uns mil quilómetros ao sur de Santiago de Chile, o que obrigou as autoridades a ordenar a evacuación preventiva de máis de 4.000 persoas que viven nun radio de 20 quilómetros. Despois dunha serie de tremores, a primeira explosión produciuse ás 17:50 hora local e provocou unha columna de fume duns 17 quilómetros de alto, cunha forma similar a un fungo atómico. A madrugada do xoves produciuse un segundo estalido, obrigando as autoridades chilenas a elevar o número de persoas evacuadas a máis de 6500.
O volcán Calbuco é un volcán activo localizado ao sueste do lago Llanquihue (rexión de Los Lagos), no sur de Chile. A súa aba sur está dentro da comuna de Porto Montt e a súa aba norte, na de Puerto Varas. É parte da reserva nacional Llanquihue, administrada pola Conaf. O volcán é de composición de andesita,1 alcanza os 2015 m sobre o nivel do mar.
O Calbuco, un dos tres volcáns máis perigosos dos 90 activos que ten Chile, permanecera 43 anos inactivo: a súa última erupción rexistrouse en 1972, aínda que foi de baixa intensidade
Aínda que o volcán non desprendeu lava, pequenas localidades dos arredores sofren unha chuvia de cinzas e mala calidade do aire. mentres varias aeroliñas internacionais decidiron cancelar preventivamente voos a Santiago, Bos Aires e Montevideo.
A rexión onde se atopa é coñecida por ser un dos principais focos turísticos nacionais, visitado por chilenos e estranxeiros xustamente por estar rodeado de montañas e lagos.
0 comentarios