Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

COMEZO DE CLASES

COMEZO DE CLASES

 

Hoxe comezan as clases en Secundaria no noso IES. A viñeta do humorista gráfico SANTY (Santiago Gutiérrez Gómez, A Coruña-1972) dalle un  toque diferente a este día.

Bo comezo de curso a tod@s!

ASTÉRIX E OBÉLIX: "O PAPIRO DO CÉSAR"

ASTÉRIX E OBÉLIX: "O PAPIRO DO CÉSAR"

Imaxe da nova aventura de Astérix e Obélix: "O papiro do César" / Imaxe: asterix.com

Os seguidores dos cómics de Astérix e Obélix estamos de boa sorte. A 36ª aventura dos carismáticos galos estará dispoñible o próximo 22 de outubro e contará cun novo vilán que dará moito que falar. O personaxe será Bonus Promoplús, un asesor de Xulio César obsesionado con erradicar a aldea de Astérix e Obélix e dos seus compañeiros irredutibles.

A aventura, "O papiro do César" tomará como referencia o libro histórico escrito por Xulio César “A Guerra das Galias” onde se narra a campaña levado a cabo polo militar romano no ano 58 a.C.

Un pouco de paciencia ata ese día!

HUMOR REAL: A VOLTA AO COLE

HUMOR REAL:  A VOLTA AO COLE

 

Hoxe comezan as clases en E. Infantil e Primaria. O humorista gráfico Davila, (Luis Davila, Pontevedra, 1972) publica hoxe esta viñeta no xornal Faro de Vigo sobre o tema.

Paciencia para os profes nestes primeiros días!

A VOLTA 2015

 

A Volta a España 2015 comeza hoxe, sábado 22 de agosto, e rematará o domingo 13 de setembro de 2015. Contará con 21 etapas, cun percorrido total de ao redor de 3.357,1 quilómetros.

Un total de 22 equipos con 198 ciclistas sairán de Porto Banús, en Málaga, e loitarán polo prezado maillot vermello na chegada a Madrid.

Esta 70 edición, non pasará por Galicia, sendo a etapa máis próxima a número 16, o luns 7 de setembro, en Asturias, entre Luarca e a Ermida de Alba. Quirós.

Se queres estar ao día nesta proba, sobre percorridos, clasificacións..., só tes que premer AQUÍ.

COMO RECUPERAR UN MÓBIL ROUBADO OU PERDIDO?

COMO RECUPERAR UN MÓBIL ROUBADO OU PERDIDO?

Roubo de móbiles / Imaxe: comunidad.orange.es

En España existen 56 millóns de liñas de teléfono móbil e, de acordo cunha estatística recollida pola Secretaría de Estado de Seguridade, durante o último ano producíronse case 280.000 denuncias por roubos destes dispositivos. Isto equivale a un furto cada dous minutos.

A isto hai que sumar que hoxe en día o smartphone é moito máis que un simple teléfono. Nel gárdase todo tipo de datos persoais, de acceso ao correo electrónico e aos perfís de redes sociais, contrasinais, contas bancarias... En resumo, case toda a vida de cada persoa está nun destes dispositivos, polo que perdelo ou sufrir o seu roubo é unha gran faena.

Por fortuna, os dous sistemas operativos de móbil máis importantes do mercado, iOS de Apple e Android de Google, implementar medidas de seguridade nas súas opcións de configuración para minimizar o impacto que poida ter a perda ou roubo do smartphone.

Como recupero un móbil Android roubado ou perdido?

Os dispostivos Android contan cun servizo que posibilita localizar os móbiles e eliminar a información contida neles de forma remota. É o chamado Android Device Manager ou administrador de dispositivos.Para configurar este servizo no dispositivo Android, hai que seguir os seguintes pasos:

1. Ir ao menú de "Axustes" e tocar en "Seguridade".

2. Dar en "Administradores de dispositivos".

3. E seleccionar a opción "Administrador de dispositivos" para activala. Esta función permitirá diferentes opcións de seguridade, como localizar o dispositivo, cambiar o contrasinal de bloqueo de pantalla ou borrar todos os datos.

A partir dese momento, o teléfono poderá ser localizado a través da web de Administrador de dispositivos Android, en calquera navegador web. Dende este site poderase ver cal é a última situación coñecida do móbil e a súa última conexión, así como facelo soar, bloquealo ou eliminar os datos.

Como recupero o iPhone ou iPad perdido ou roubado?

Os dispositivos de Apple tamén teñen un sistema similar, que funciona en combinación coa app Buscar o meu iPhone. Para configuralo, débense seguir os pasos descritos a continuación:

1. Ir ao menú "Axustes" > "iCloud".

2. Introducir os datos do IDE de Apple.

3. Deslizarse pola pantalla ata que ver a opción "Buscar o meu iPhone" e entrar nela para activala.

4. A continuación, hai que descargar a app Buscar o meu iPhone dende a App Store e configurala tamén cos datos do IDE de Apple.

A partir dese momento, poderase localizar o iPhone ou iPad dende calquera navegador web, usando a páxina de iCloud e os datos de IDE de Apple. Facendo clic no punto que marca a situación do dispositivo, poderase facelo soar, borrar os datos ou poñelo en modo "perdido". O modo "perdido" do iPhone bloquea o dispositivo para que outras persoas non teñan acceso á información privada. Ademais, permite mostrar unha mensaxe personalizada (explicando que se perdeu o dispositivo, por exemplo) e un teléfono alternativo de contacto na pantalla de bloqueo. Mentres estea no modo "perdido", o iPhone ou iPad non mostrará alertas nin emitirá sons ao recibir chamadas, mensaxes ou notificacións.

FONTE: Revista Consumer

FESTA DO PULPO 2015

FESTA DO PULPO 2015

 

Coma todos os anos, na miña terra, en O Carballiño (Ourense) e coincidindo, sempre, coa Festa do Monte (segundo domingo do mes de agosto, día 9), a miña terra de adopción, celébrase a Festa do Pulpo, que iste ano chega á LIII edición.

Para quentar motores, o pasado luns, bateuse o récord coa tapa de pulpo á feira máis grande do mundo, é dicir unha talla XXL. Para que teñades unha idea. estes son os datos:

Tamaño do prato: 5,13 metros de diámetro

Cantidade de pulpo: 500 quilogramos

Pulpeir@s participantes: 20

Tempo invertido: 14 minutos e 31 segundos

Outros condimentos: 40 litros de aceite, 6 paquetes de sal e un de pimentón.

O bo do asunto é que deste prato saíron 1.200 racións que secomeron no lugar (Praza Maior), acompañadas de pan de Cea, viño do Ribeiro e tarta de chocolate.

Se queredes seguir o proceso deste récord, premede AQUÍ.

8º ANIVERSARIO

8º ANIVERSARIO

 

Cumpre este blog 8 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe: 165.935

Visitas no último ano:  28.527                      

Promedio mensual:  2.377 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 359 

Promedio mensual:  30 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2014: 137.408

Visitas ata agosto de 2013: 117.568

Visitas ata agosto de 2012: 89.980

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

I + D DA FÓRMULA 1 Á VIDA DIARIA

 

Os freos de disco foron unha das primeiras innovacións tecnolóxicas que pasaron da Fórmula 1 aos utilitarios. Despois fixérono os metais lixeiros como o aluminio ou os cambios de marcha a través de mandos no volante. Centos de obxectos da nosa vida diaria beneficiáronse dos avances en coches de alta competición.

A fibra de carbono, un dos materiais cos que se constrúe a carrocería dos bólidos, é o elemento clave no que Mike Spindle, ex enxeñeiro de Fórmula 1, baseou a súa revolucionaria cadeira de rodas todoterreo. No ano 2000 decidiu aplicar esa tecnoloxía de última xeración nalgún obxecto da vida cotidiana. Xunto ao seu equipo púxose en marcha para descubrir de que xeito podía mellorar o deseño da cadeira tradicional. Encontraron a solución na fibra de carbono. Con este material sintético facíase posible a fabricación dun asento monopieza resistente e lixeiro, doado de ensamblar co resto do equipo. A diferenza das cadeiras correntes, a de Trekinetic conta cunha pequena roda traseira e dous grandes por diante lixeiramente inclinadas. Un sistema de pancas nas rodas dianteiras permite controlar a velocidade no descenso. O asento reclínase cara a atrás para evitar a sensación de esvararse fóra del.

Esta cadeira todoterreo facilitou a mobilidade a Mikel Bidaurre, navarro de 30 anos e campión de España de Vela, tanto na cidade coma en plena naturaleza. En 2008 sufriu un accidente de circulación mentres participaba no Gran Premio Miguel Induráin. Dende entón necesita unha cadeira de rodas para trasladarse. Unha desvantaxe que non lle impediu esquiar, mergullarse ou lanzarse en parapente.

A cadeira de Trekinetic non é a única invención que se vale dos avances en tecnoloxía da Fórmula 1. Novas incubadoras móbiles para bebés máis lixeiras ou amortecedores hidráulicos para limitar o rebote en superficies irregulares son outras das contribucións que a categoría reina do automobilismo fixo ao mundo.

FONTE: Xornal El País/Motor