Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

CHEGA O OUTONO

CHEGA O OUTONO

Caída das follas / Imaxe:astrologosdelmundo.ning.com

O outono comeza hoxe, domingo, 22 de setembro ás 22 horas e 44 minutos, hora oficial peninsular. Esta estación durará 89 días e 20 horas, e rematará o 21 de decembro co comezo do inverno.

O inicio astronómico do outono vén dado, por convenio, como o instante no que o centro do Sol, visto dende a Terra, cruza o ecuador celeste no seu movemento aparente cara ao sur. Cando isto sucede, a duración do día e a noite practicamente coinciden, e por iso, a esta circunstancia chámaselle tamén equinoccio de outono. Neste instante no hemisferio sur iníciase a primavera.

Esta é a época do ano na que a lonxitude do día se acurta máis rapidamente. O Sol sae polas mañás cada día un pouco máis tarde que o día anterior e pola tarde ponse antes, sendo o acurtamento do día especialmente apreciable polas tardes. En definitiva, nestes días o tempo en que o Sol está por enriba do horizonte redúcese en case tres minutos cada día.

Tempo de cores variadas nos campos e montes, baixada de temperaturas, chuvia, recollida de froitos e da chegada dos cogomelos!

FONTE: fomento.es 

PRESUMINDO DE BISBARRA NA VOLTA 2013

 

Como xa comentei o pasado venres, a VOLTA 2013 é algo máis que unha volta ciclista a España, pois para nós ten algo especial: dar a coñecer o noso PAÍS, e en concreto a bisbarra na que eu levo 30 anos vivindo.

Este vídeo aéreo, da etapa do pasado domingo, axuda a ilustrar con imaxes especiais ese percorrido, que seguro chamará a atención de moitos...

A min, coma sempre, xa ma chamou!

A VOLTA CICLISTA A ESPAÑA 2013

 

A Volta a España 2013 disputarase dende mañá, sábado 24 de agosto, ao domingo 15 de setembro de 2013 e contará con 21 etapas, cun percorrido total de ao redor de 3.319,1 quilómetros.

Ata aquí, sería a información de calquera outra volta, pero esta ten algo especial, relacionado con Galicia, comeza en Galicia, concretamente en Vilanova de Arousa e das 21 etapas as 4 primeiras teñen percorrido completo no noso territorio e unha (a quinta) comezo en Galicia e remate xa fóra da nosa Comunidade.

Pero aínha hai máis, a segunda etapa, a do domingo, pasará pola nosa vila (Rúa Galicia e Puerto Rico, dirección Baiona), ao redor das 16:15 horas, cun sprint especial bonificado.

Se queres coñecer polo miúdo todos os datos sobre esta proba so te que premer AQUÍ.

6º ANIVERSARIO

6º ANIVERSARIO

 

Cumpre este blog 6 anos de vida. Comenzou alá polo 5 de agosto de 2007 e dende aquela pasaron moitas cousas que se resumen nos seguintes datos:

Visitas ata hoxe: 117.568

Visitas no último ano: 27.588                        

Promedio mensual: 2.299 visistas/mes

Nº artigos publicados no último ano: 360

Promedio mensual: 30 artigos/mes

Visitas ata agosto de 2012: 89.980

Visitas ata agosto de 2011: 56.615

Visitas ata agosto de 2010: 20.746

Visitas ata agosto de 2009: 13.780  

Visitas ata agosto de 2008:   5.588  

A todos e todas moitas grazas, pois sen vós esto non tería ningún sentido. Seguirei traballando sempre que estedes detrás.

PROPOSTA PARA LER NESTE VERÁN 2013 (II)

PROPOSTA PARA LER NESTE VERÁN 2013 (II)

 

Outra proposta para ler neste verán, neste caso en galego: "A cidade dos desexos" do escritor lucense Agustín Fernández Paz .

Sinopse: Os protagonistas deste relato son unha panda de tres nenas e dous nenos. O seu lugar de reunión, o Refuxio, é o baixo dunha casa deshabitada. Nuns días instalan no Refuxio unha oficina chamada CPIF, Centro de Promoción de Iniciativas Fantásticas. Decidense a chamar. Ábrelles Ana, invítaos a pasar e explícalles que o seu traballo é procurar que se fagan realidade os desexos da xente. Os da panda cren que a muller está burlándose deles. De repente Ana comeza a elevarse e queda flotando no aire, á altura do teito. Así, os cinco acaban crendo nos poderes daquela muller. De alí a uns días, Ana dilles que lles vai cumprir tres desexos. Eles, despois de pensalos, pídenlle que na cidade volva haber árbores, que regresen os paxaros e que nunca máis sexan negras nin grises as palabras da xente. Coa intervención de Ana, a panda consegue que volvan medra-las árbores mesmo por riba do asfalto, que os paxaros veñan á cidade atraídos pola grande cantidade de árbores que hai nela e o terceiro desexo xa se cumpre sen a intervención de Ana, porque a xente comeza a estar alegre e feliz naquelas rúas cheas de árbores e paxaros.

Boa lectura!

PROPOSTA PARA LER NESTE VERÁN 2013 (I)

PROPOSTA PARA LER NESTE VERÁN 2013 (I)

Unha proposta para ler neste verán, neste caso en castelán: "Croquetas y wasaps" da escritora zaragozana Begoña Oro Pradera. 

Sinopse: Preguntácheste algunha vez que quedará de ti cando xa non esteas? Clara si. Xusto cando está ao bordo da piscina. E ten dúas opcións: tirarse de cabeza cando todo o seu corpo berra para que o faga, ou quedarse quieta tapándose as orellas coas mans.

Novela realista que narra o ballón de sentimentos ao que se enfronta unha adolescente cando se decata de que ten ao alcance da súa man a oportunidade de ser féliz.

Boa lectura!

O DRAMA DE PERDER O MÓBIL

O DRAMA DE PERDER O MÓBIL

Teléfono móbil / Imaxe:imagenesfotos.com

Perder un teléfono móbil é un drama, xa que ao custe económico hai que engadirlle as fotografías persoais, o acceso ao correo electrónico, o historial da nosa mensaxería instantánea, as contas en redes sociais como Facebook ou Twitter e, mesmo, aplicacións para acceder á nosa entidade bancaria. Por iso, a súa perda por un descoido ou un roubo pode xerar máis dun rompedeiro de cabeza.

Moitos dos problemas que carrexa a perda do dispositivo atenuaranse se se toman estas medidas:

Antes da perda ou roubo

Pon un contrasinal ou patrón para bloquear o terminal: Non é unha medida que te vaia protexer ao 100% pero polo menos darache algo máis de tempo para poñer remedio a todo o que se che vén enriba. Pode ser algo pesado ter que escribir o contrasinal cada vez que un quere mirar algo no teléfono pero a molestia paga a pena.

Instala aplicacións de localización e protección: Existen aplicacións que permiten rastrexar a situación dos dispositivos e bloquealos dende unha páxina web pero que hai que instalalas antes de perdelo, obviamente. Os usuarios de Apple, tanto de iPhone coma de iPad, poden optar pola aplicación ’Buscar o meu iPhone’, creada pola propia empresa de Cupertino. Mentres, en Android existen diversas opcións, entre as máis populares encóntranse Cerberus, Android Lost ou Where’s my Droid. Algunhas delas permiten bloquear o terminal tamén con SMS. Para os usuarios de Blackberry existe a app BlacBerry Protect mentres que Prey está dispoñible para iOS, Android e tamén para ordenadores con Windows e Mac. Hai outras moitas con funcións parecidas.

Apunta o código IMEI: O código IMEI é o ’DNI’ do noso teléfono, o seu identificador único. Coñecer o número pode ser útil á nosa operadora para poder bloquealo se foi roubado. Adoita estar imprimido baixo a batería aínda que tamén é posible velo pulsando *#06# no teclado de chamadas, algo útil para os usuarios de iPhone, cuxa batería non é accesible.

Fai copias de seguridade habitualmente: Perder un teléfono pode doer pero máis aínda probablemente todos os arquivos e datos que temos nel. É recomendable facer polo menos un ’back up’ no ordenador polo menos unha vez ao mes, con maior frecuencia nos usuarios máis intensivos aínda que é certo que a proliferación de servizos na ’nube’ fai que cada vez sexa menos necesario.

Despois da perda ou roubo

Intenta contactar co teu teléfono
: Pode parecer un pouco de perogrullo pero é aconsellable chamar ou escribir unha mensaxe ao teu número de teléfono antes de dar o seguinte paso. Quizais a persoa que o encontrou non teña problema en devolvelo ou, mesmo, póidase negociar unha ’recompensa’ económica por el. Por intentalo non se perde nada.

Chama ao teu operador: En canto perdas a esperanza de poder recuperar o teléfono, é moi aconsellable chamar inmediatamente o teu operador para bloquear a túa tarxeta SIM. Doutro xeito, a persoa co teléfono podería chamar co teu número e facerte un ’roto’ na túa factura se comeza a realizar chamadas internacionais por exemplo.

Pon unha denuncia: Canto antes acudas á Policía, máis posibilidades terás de que se poida encontrar o terminal grazas aos servizos de localización que xa deberías ter instalados.

Goza do teu tempo de desconexión: Consólate con algún deses moitos refráns dos que podes tirar se finalmente non logras recuperalo. Pensa en positivo e goza dos momentos de desconexión que che brindará o suceso. Non hai mal...

FONTE: Xornal El Mundo/Navegante.Tecnoloxía

COIDADO CO SOL

COIDADO CO SOL

Hai que ter coidado co Sol / Imaxe: Revista Consumer

Aínda que tarde, o verán chegará e con el a calor. O sol ten dúas caras. Por un lado, proporciona cor, calor e, para moitos, é motivo de alegría. É esencial na produción de vitamina D e a súa exposición, sempre con moderación e vixilancia médica, forma parte do tratamento de enfermidades dermatolóxicas, como a psoríase ou o eccema... Pero o astro rei ten o seu lado escuro: provoca queimaduras solares que aumentan o risco de padecer cancro de pel na idade adulta.

Cada ano, diagnostícanse no mundo 160.000 casos de melanoma (79.000 en homes e 81.000 en mulleres). A diminución da capa de ozono e a moda do bronceado son os dous factores que máis inflúen niso, polo que o sol debe tomarse con todas as precaucións.

O sol debe tomarse con todas as precaucións para protexer a saúde da nosa pel. É por iso moi recomendable utilizar os fotoprotectores indicados para cada tipo de pel e, sobre todo, reducir os tempos de exposición. A Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía aconsella:

  • Limitar o tempo ao sol, sen importar a hora ou a estación do ano. Ter especial coidado en zonas a grandes alturas e en latitudes tropicais, onde as radiacións son máis frecuentes. Permanecer na sombra sempre que sexa posible.
  • Non facer sombra, senón buscar a sombra. Se a sombra que proxecta é máis pequena ca vostede, ten máis probabilidades de queimarse. Os raios solares son máis frecuentes e a posibilidade de desenvolver unha queimadura solar é maior entre as 12 horas e as 4 da tarde.
  • Aplicar un protector solar de amplo espectro cun factor de protección solar (FPS) polo menos de 15 cando se estea exposto ao sol (actividades ao aire libre). Aplique a pantalla solar 20 ou 30 minutos antes de saír ao aire libre, para que teña tempo de absorbela.
  • Volver aplicar o protector solar cada dúas horas cando se atope nun espazo exterior, mesmo en días anubrados. Se parte do produto se eliminou ao suar ou ao se secar coa toalla, volver aplicar o produto.
  • Levar roupa protectora coma pantalóns longos e camisas con manga longa. Canto máis espeso sexa o tecido e máis escura a cor, maior protección.
  • Levar un sombreiro e lentes de sol no exterior. O sombreiro debe ser de á ancha para protexer áreas expostas coma o colo, as orellas, a calva e a cara. Os lentes de sol deben ter protección UV.
  • Evitar as superficies reflectoras que poden chegar a reflectir ata o 85 % dos raios solares e que poden alcanzalo mesmo na sombra, o que pode provocar queimaduras e lesións na pel descuberta.
  • Evitar a exposición ao sol dos bebés.
  • Protexer os nenos. Minimizar a súa exposición ao sol e aplicarlles protector solar aos nenos de 6 meses ou máis.
  • O efecto prexudicial do sol é acumulativo, por iso é importante evitar as queimaduras solares durante a infancia.
  • Coidado cos medicamentos que poden inducir fotosensibilidade. Consultar co seu médico ou co seu farmacéutico.

FONTE: Revista Consumer