Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

BO NADAL

BO NADAL

 

A todos e todas só vos desexo dúas cousas TODO e NADA. Todo o que vos faga felices e Nada que vos faga sufrir.  Bo Nadal a tod@s!

Victor

VACACIÓNS!

VACACIÓNS!

Imaxe:escuelainfantilelcarmen.blogspot.com

Chegou o día: VACACIOOÓNS!

Despois deste longo trimestre, uns días de descando veñen moi ben. Aínda por riba coas festas máis importantes do ano: O NADAL. Olvidarémonos dos libros ata o 9 de xaneiro, xoves, día no que toca a volta á rutina.

Bos vacións a tod@s!

MÚSICA E LINGUAXE DE SIGNOS

 

O alumnado, de 6º de Educación Infantil, do Colexio Atlántida de Vigo presentan neste vídeo, onde emprega a linguaxe de signos, a canción do grupo murciano Maldita Nerea:"Hecho con tus seueños"

Unha fermosa mensaxe!

Parabéns para eles e os seus profesores.

PODEMOS!

PODEMOS!

Ola!, chámome Víctor,"teño 30 meses e vivo na Guarda,teño unha enfermidade "rara" chamada leucodistrofia sudanófila de Palizaeus-Merzbacher. Os meus amigos de Banta quérenme axudar porque necesito un bipedestador dinámico e desprazador M5 e  hidroterapia, por iso vanme dar 3000€, coa axuda de moitos amig@s xuntando tapóns. Grazas a tod@s!

Lugares de recollida de tapóns: Colexio S. Xerome Emiliani, Bar O Brétema, o noso IES, Estanco Altamar, Cristalería Vídrio e Fonoteca B&N.


Por certo, A Guarda e a súa bisbarra teñen unha cita solidaria na Alameda, o próximo 24 de novembro, dende as 15 horas. O obxectivo é conseguir que Victor mellore a súa calidade de vida e que o seu sorriso e as súas ganas de camiñar o leven aos mesmos espazos onde acudimos os que non temos dificultade para desprazarnos.

Colabora!

EXÓTICAS BAIXO MIÑO

EXÓTICAS BAIXO MIÑO

 

Noé Ferreira Rodríguez, membro de ANABAM,  e antigo alumno do noso IES, e o autor do libro "EXÓTICAS BAIXO MIÑO". Nel faise unha revisión breve do concernente ás especies exóticas de flora e fauna presentes no Baixo Miño.

A información aportada é o resultado da consulta de bibliografía e tamén dos datos que teñen recollidos en ANABAM ao longo de máis de 25 anos de traballo de campo.

Se estás interesado na información que contén este libro, podes facelo premendo AQUÍ.

Parabéns Noé!

SE CHOVE, QUE CHOVA!

 

Un ano máis, chega o vídeo-anuncio de GADIS. Coma sempre: sorprendente! Cada día supéranse, neste caso tendo como protagonista a muller.

A serie de video-anuncio "Vivamos como galegos" comezou ala polo 2007 e foi deada pola axencia de publicidade Bap&Conde.

Parabéns!

COVA DE POZALAGUA

 

Na pasada ponte do 1º de novembro, viaxei Euskadi, concretamente a Bilbao, onde teño unha filla traballando. Facendo un chisco de turismo de natureza, visitamos unha cova espectacular: A cova de Pozalagua.

Atópase nas Penas de Ranero, dentro do Parque Natural de Armañón, no concello de Karrantza Harana en Bizkaia.

A visita foi moi fermosa, iso si, unha boa cola que nos levou a ter que comer alí para facer a visita ás 14:30 horas (a duración foi de 55 minutos), polo que se visistades nalgún momento ide cedo, pois só se pode pasar en grupos como máximo de 80. O máis chamativo: as estalactitas excéntricas (pois rompen o sentido de crecemento gravitatorio).

Como non se pode utilizar o vídeo nin a cámara fotográfica (prohibido), amósobola a través deste víeo no que se lle concedeu a estas covas, por parte da guía Repsol, o mellor recuncho 2013.

Se visitades Bizkaia non deixedes de ir. Merece a pena!

DÍA DA BIBLIOTECA

 

Hoxe, celébrase o DÍA DA BIBLIOTECA, creado en 1997 pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil , co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte co fin de concienciar á nosa sociedade da importancia da lectura, especialmente entre os nenos e mozos e para agradecer e potenciar o extraordinario labor dos bibliotecarios e bibliotecarias.

Neste día reivindícase o papel que xogan as bibliotecas como institución cultural básica e imprescindible, centro de proximidade á cidadanía e de espazo de socialización e de intercambio de ideas, que busca facilitar o acceso á información e ao coñecemento a todos e todas sen exclusións.

Quedádevos con esta frase do escritor irlandés Richard Steele (1672-1729): "A lectura é á intelixencia o que o exercicio é ao corpo".

Boa lectura!