COVA DE POZALAGUA
Na pasada ponte do 1º de novembro, viaxei Euskadi, concretamente a Bilbao, onde teño unha filla traballando. Facendo un chisco de turismo de natureza, visitamos unha cova espectacular: A cova de Pozalagua.
Atópase nas Penas de Ranero, dentro do Parque Natural de Armañón, no concello de Karrantza Harana en Bizkaia.
A visita foi moi fermosa, iso si, unha boa cola que nos levou a ter que comer alí para facer a visita ás 14:30 horas (a duración foi de 55 minutos), polo que se visistades nalgún momento ide cedo, pois só se pode pasar en grupos como máximo de 80. O máis chamativo: as estalactitas excéntricas (pois rompen o sentido de crecemento gravitatorio).
Como non se pode utilizar o vídeo nin a cámara fotográfica (prohibido), amósobola a través deste víeo no que se lle concedeu a estas covas, por parte da guía Repsol, o mellor recuncho 2013.
Se visitades Bizkaia non deixedes de ir. Merece a pena!
0 comentarios