Blogia
vgomez

OUTRAS COUSAS

HOXE COMEZA O ANO 4712, SEGUNDO O CALENDARIO CHINO

HOXE COMEZA O ANO 4712, SEGUNDO O CALENDARIO CHINO

2014, ano do cabalo de Madeira / Imaxe: es-es.facebook.com

Non me equivoquei, hoxe, 31 de xaneiro de 2014, do calendario gregoriano, comeza o ano 4712, no calendario chino, sendo a festa do aninovo, a máis importante das festividades chinesas, tamén coñecida como "festa da primavera".

Así mesmo comeza, segundo o seu horóscopo, o ano do cabalo, animal que rexira a súa vida ata o 1 de febreiro de 2015.

Nestas datas prodúcese a maior migración humana do planeta, con millóns de persoas viaxando aos seus lugares de orixe para celebralo aninovo coas súas familias.

Feliz ano 4712

AGRUPACIÓN MUSICAL DA GUARDA NO LUAR

 

Fragmento do "Luar" emitido o pasado venres, día 24, no que a Agrupación Musical da Guarda participou como banda invitada, interpretando a peza "San Lorenzo de Muimenta".

Da xenio ver a un nutrido grupo de exalumn@s e outros aínda alumn@s facelo tan ben.

Parabéns a tod@s!

ZIMBABWE HAND JIVE: A ALIMENTACIÓN ESTÁ NAS TÚAS "MANS"

ZIMBABWE HAND JIVE:  A ALIMENTACIÓN ESTÁ NAS TÚAS "MANS"

 Método Zimbabwe Hand Jive / Imaxe:antena3.com 

Nin dietas milagre, nin libros de autoaxuda nin nutricionistas-gurús: algo tan sinxelo como as nosas propias mans pode ser a mellor ferramenta para lograr que nos alimentemos correctamente. A idea é sumamente simple, e talvez sexa esta simpleza a que propiciou que numerosas institucións, dietistas e asociacións de prevención da obesidade estean a apostar por ela.

Trátase de utilizar as nosas mans como guía para calcular o tamaño das porcións. Así, a palma da man sería a medida da porción de proteínas animais (é dicir, adeus a esas costeletas que se saen do prato); unha manchea serviríanos para establecer a cantidade de arroz, pasta e outros cereais que deberiamos tomar; a xema do dedo gordo equivalería á porción de manteiga e de azucre, mentres que a dose de queixo e outras graxas similares non debería ser maior de dous dedos. En canto a hortalizas e verduras, poderiamos comer tantas como caiban nas nosas dúas mans xuntas. Ao tempo, os cinco dedos recordaríannos non só que convén distribuír a inxestión diaria en cinco comidas (almorzo, media mañá, comida, merenda e cea), senón tamén o número de porcións de froitas e verduras que hai que inxerir cada día.

Pero, por que as mans? A historia é curiosa, e para coñecela debemos remontarnos 30 anos atrás e mirar cara a África. Alí, en Zimbabwe, o doutor Kazzim G.D. Mawji, un reputado médico especialista en diabete, centrou os seus esforzos en conseguir que a poboación aprendese a alimentarse correctamente co fin de previr o impacto desta enfermidade.

Ante o elevado grao de analfabetismo, comprendeu que debía deseñar un método que fose sinxelo, visual e ao alcance de todos. E así ideou o coñecido como Zimbabwe Hand Jive, polo que as mans se usan como recordatorio e ferramenta de medida que axude a mellorar a dieta no lugar. Como recordatorio, porque as mans teñen a vantaxe de que sempre as levamos connosco; como ferramenta de medida, porque serven para personalizar as porcións: o tamaño das mans vai en consonancia co das persoas e, en consecuencia, coas necesidades alimenticias.

Pero o que naceu como un rudimentario método local rematou dando a volta ao mundo: o doutor Mawji expúxoo na Global Medical Conference on Diabetes Education, celebrada en 1993 en Indiana, e o seu éxito foi rotundo. Ata o punto de que se incorporou ás recomendacións sobre alimentación ofrecidas polas distintas sociedades e asociacións dedicadas á prevención da diabete tipo 2. Tamén o exército norteamericano, a través do programa Guard your Health (dedicado a promover a saúde entre militares e as súas familias), publicou unha guía baseada nesta dieta. E o que aconteceu despois foi que dietistas e nutricionistas occidentais foron adaptando esta dieta, máis alá da diabete, co fin de empregala como método para baixar de peso.

O obxectivo da dieta da man, «non» é «adelgazar, senón recuperar o sentido común na nosa alimentación. Pero é evidente que, naquelas persoas afeitas a comer grandes porcións, a aplicación deste sinxelo método terá como consecuencia unha baixada de peso». Así pois, xa o sabemos: non temos que ir moi lonxe a buscar o modo de recuperar a figura; a solución témola, e nunca mellor dito, nas nosas propias mans.

FONTE: Xornal El Mundo 

HUMOR: TEMPORAL NA GUARDA

HUMOR: TEMPORAL NA GUARDA

 

Imaxaxe coma estas ou tamén estoutras, nas que se amosan o temporal na costa guardesa do día 6, deron a volta ao mundo.

O humorista gráfico Davila, no xornal Faro de Vigo de onte, plasmou na súa viñeta este tema.

A verdade é que foi un temporal moi duro!

ESTAMOS DE VOLTA NAS CLASES

ESTAMOS DE VOLTA NAS CLASES

De volta ás clases / Imaxe:fotolog.com

Remataron as vacacións!Llora

Comezamos a 2ª avaliación do curso, que ten unha particularidade: rematará antes das próximas vacacións (Semana Santa, que serán en abril). Exactamente a entrega de notas será o 21 de marzo, venres. A razón, de non ser así a última avaliación quedaría moi descompensada.

Neste tempo teremos unhas minivacacións Sonrisa: O ENTROIDO, que serán os días 3, 4 e 5 de marzo (luns, martes e mércores).

Espero que estedes preparados para afrontar, ao meu entender, a avaliación fúndamental de todo o curso, pois deixará claro as posibilidades reais de superar o curso definitivamente na 3ª avaliación.

Ánimo e boa avaliación!

2015: ANO INTERNACIONAL DA LUZ

2015: ANO INTERNACIONAL DA LUZ

Mosaico do Ano Internacional da Luz 2015 / SOCIEDADE EUROPEA DE FÍSICA

A Asemblea Xeral da ONU proclamou 2015 como Ano Internacional da Luz, coincidindo con varios aniversarios de descubrimentos na área dende hai mil anos e co obxectivo de destacar "a importancia das tecnoloxías baseadas na luz que poden promover o desenvolvemento sostible e ofrecer solucións aos problemas mundiais sobre enerxía, educación, agricultura e saúde", explica a Sociedade Europea de Física nun comunicado. Participarán nese ano conmemorativo a Unesco, sociedades e unións científicas, institucións educativas, plataformas tecnolóxicas, organizacións sen ánimo de lucro e socios do sector privado.

A iniciativa do ano da luz foi presentada, en novembro de 2013, por México.

Entre outras moitas actividades, en 2015 celebraranse os aniversarios de avances cruciais relacionados coa luz, como os traballos sobre óptica de Ibn Al-Haytham durante a idade de ouro do Islam, o concepto da luz como unha onda proposto por Auguste Jean Fresnel en 1815; a teoría electromagnética da propagación da luz proposta por James Clerk Maxwell en 1865, a teoría do efecto fotoeléctrico formulada por Einstein en 1905 e a curvatura da luz no espazo pola Teoría da Relatividade Xeral de 1915; é descubrimento da radiación cósmica de fondo por Arno Penzias e Robert Wilson en 1965 e os logros de Charles Kao ese mesmo ano, sobre a transmisión da luz por fibras para comunicación óptica.

O ano internacional conta co apoio de asociacións científicas internacionais e será administrado por un comité directivo en colaboración co programa Internacional de ciencias Básicas daUnesco e unha secretaría no Centro Internacional de Física TeóricaAbdus Salam (ICTP). Ademais, conta co apoio da Sociedade Europea de Física, a Sociedade Internacional para a Óptica e a Fotónica(SPIE), a Sociedade Óptica (OSA), a Sociedade de Fotónica (IEEE), a Sociedade Americana de Física e a rede lightsources.org.

FONTE: Xornal El País/Ciencia

FELIZ 2014

FELIZ 2014

 

Hoxe ingreseivos 365 días de boa sorte, alegría e felicidade nas vosas contas número 2014. Adminístrádeos ben, que non hai para máis.

Feliz ano! 

RESUMO DO ANO 2013

RESUMO DO ANO 2013

O ano 2013 foi o primeiro con dous papas e o último de Nelson Mandela. O ano, un máis, da crise económica, pero tamén do bosón de Higgs e da resurrección de Nadal.

Repasa os acontecementos máis importantes que sucederon nestes doce meses, as imaxes máis impactantes, os asuntos que espertaron maior atención nas redes sociais e os grandes personaxes que nos deixaron. Sen esquecer o mellor do cine, a música, a literatura e a moda: unha panorámica completa do ano que se esgota.

Para facelo preme AQUÍ.

FONTE:rtve.es